O terceiro incendio en poucos anos da central telefónica de Ferrol non deixaría indiferentes á compañia de seguros, que non aceptaría cubrir os riscos das vivendas sitas nos edificios onde estivera a centrall.
El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLV Número 15899 - 1922 agosto 10
Que ocurriu desta vez?
Á unha da noite do 5 de xullo de 1922 desatouse un rápido incendio, por mor dunha treboada e a súa descarga eléctrica, na central telefónica sita na rúa Dolores 45 de Ferrol, afectando a todo o edificio propiedade do Sr. Masquelet. Nos baixos estaba un negocio de ferretería, no primeiro a dona do negocio, Dª Teresa Sixto Ollo, viuva de Romero cos seus fillos (que estaba de viaxe en Tetuán), no segundo o xeral do corpo de enxeñeiros da armada D. Secundino Armesto (veraneando en Serantes) e no terceiro o comisario da mariña D. Rafael Vázquez Díaz, que sería o máis afectado ao perder os mobles i enxoval (e que estaba de viaxe en Guitiriz, aínda que a súa asistente doméstica si que estaba na vivenda). No cuarto piso estaba a central telefónica, onde tamén vivía o oficial de teléfonos D. Pedro Caínzos.
Para favorece o apagado das lapas, i evitar novos focos, párase o suministro eléctrico na cidade. Ademáis varis cables eléctricos e de teléfonos estaban caídos na pavimento, polo que representaba unha ameaza. As motobombas do arsenal e da Constructora Naval achéganse para poder sofocar o fogo así como diferentes corpos (Garda Civil, Seguridade, funcionarios municipais, bombeiros da Constructora Naval) así como autoridades como o alcalde Sánchez Calviño, o tenente da garda civil Sr. Blanco Novo ou o xefe da garda municipal o Sr. Cañas. Coma sempre, a prensa acusa a falta de recursos, neste caso a ausencia de auga, para tratar o fogo. Este duraría ata as oito de mañá.
O xulgado de instrucción comeza a analizar os feitos para determinar responsabilidades. A casa estaba asegurada pola compañía francesa L'Union, representada por Eugenio Filgueira en 75.000 pesetas. A ferretería estaba asegurada con La Union y el Fénix Español, representada por Francisco Saavedra.
Créase un ruxe-ruxe de que o concesionario vaia abandoar o servizo, polo que algún concelleiro expón no pleno a posibilidade de asumir o servizo desde o propio concello, pero que se descarta ao confirmar o concesionario que pensa dar continuidade ao mesmo.
A recuperación de servizo demórase ata febreiro de 1923, sete meses máis tarde, por parte de concesionario Sr. Pedro de la Calleja, mudando o servizo a rúa da Igrexa nunha nova construcción.
Para saber máis:
- El Compostelano diario independiente Ano III Número 720 - 6 de xullo de 1922
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLV Número 15869 - 6 de xullo de 1922; Ano XLV Número 15870 - 7 de xullo de 1922; Ano XLV Número 15872 - 9 de xullo de 1922; Ano XLVI Número 16047 - 2 de febreiro de 1923
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXVII Número 10198 - 6 de xullo de 1922
- El Orzán diario independiente Ano V Número 1339 - 6 de xullo de 1922; Ano V Número 1340 - 7 de xullo de 1922; Ano VI Número 1488 - 3 de febreiro de 1923
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXIX Número 11495 - 7 de xullo de 1922
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1569 (07/07/1922); Num. 1570 (08/07/1922)
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 1869 (07/07/1922)
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Año XII Número 3969 - 7 de xullo de 1922; Ano XIII Número 4147 - 4 de febreiro de 1923
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XIII Número 3679 - 12 de xullo de 1922
- El Progreso diario liberal Ano XVI Número 4657 - 4 de febreiro de 1923
- Faro de Vigo de 7 de xulo de 1922.
- La Voz de Galicia. 3 de febreiro de 1923
Ningún comentario:
Publicar un comentario