Amosando publicacións coa etiqueta 1923. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1923. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de xullo de 2023

A liña para chamar de Caldas a Cuntis (1924)

A chegada da telefonía a Cuntis, importante vila balnearia (Gran Hotel e o Balneario da Virxe e do Castro), sería a través de Caldas de Reis sería en setembro de 1910, sendo un dos primeiros balnearios en contar con teléfono. Desde alí poderían falar coa estación telegráfica de Caldas e poder enviar telefonemas ao resto da rede estatal. O deputado Bernardo Sagasta, neste momento director xeral de Comunicacións axuda a conseguir este servizo.

O proxecto parece pararse ata que aparece o plan provincial impulsado desde a deputación por D. Prudencio Landín en 1917. Comezaríase polo Morrazo e sería o turno da liña cara Cuntis a finais de 1922, de novo pola presión do deputado Bernardo M. Sagasta e o xefe de telégrafos de Pontevedra Arturo Lago, que pasaría a ser xefe de implantación do proxecto provincial en xaneiro de 1923.

Balneario de Cuntis. Sen datar.


En xuño de 1923 crease certa controversia no prensa, xa que comentan que o material destinado á liña de Caldas a Portas foi reasignado para a liña provincial da A Coruña, concretamente na conexión con Ortigueira. Pídese a colaboración dos deputados provinciais Sres. Echevarría e Otero Bárcena, así como dos concellos de Portas e Caldas e sociedades deses concellos. Ese tramo de liña xa non se chegaría a construir dentro do proxecto provincial.

Porén, o tramo de Cuntis a Caldas avanzaría. En Outubro de 1923 sería o funcionario Alfonso Lago o responsable de tender a liña. Tan pronto como comeza esta obra xa estaría a prensa reclamando que non tiña sentido se non se daba continuidade desde Caldas de Reis ata Pontevedra. O servizo inauguraríase o 13 de  marzo de 1924, dentro do servizo telefónico provincial, sen ter máis posibilidades que chamar dun sitio ao outro. 

Vida gallega  ilustración regional Ano XVI Número 251 - 1 de xuño de 1924

A liña sería incautada no mesmo 1924 como parte da absorción de activos por parte da Compañía Telefónica Nacional de España

Para saber máis: 

  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (05/09/1910)
  • Faro de Vigo. 18 de marzo de 1911; 9 de decembro de 1922; 14 de marzo de 1924; 14 de xuño de 1924
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano II Número 336 - 21 de marzo de 1911
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1651 (10/12/1922); Num. 1910 (14/10/1923); Num. 2147 (22/11/1924)
  • La Voz de Galicia. 22 de marzo de 1911; 14 de outubro de 1923
  • Vida gallega  ilustración regional Ano XVI Número 251 - 1 de xuño de 1924
  • Galicia diario de Vigo Número 277 - 15 xuño 1923; Número 281 - 20 xuño 1923; Número 562 - 17 xullo 1924
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6246 - 15 de marzo de 1924
  • El Progreso  semanario independiente Ano XVII Número 3252 - 21 de outubro de 1923; Ano XVIII Número 3370 - 15 de marzo de 1924


venres, 26 de maio de 2023

A rede de comunicación do Morrazo (1915-1926)

O Real Decreto de de 30 de xuño de 1914 que permitía a creación de redes urbanas públicas ou iniciativas provinciais. En abril de 1915 menciónase na prensa a vontade de crear unha rede entre Marín (que xa tiña servizo desde a rede urbana de Pontevedra) e Bueu, Cangas e Moaña, convertendo as estacións telegráficas en telefónicas.  Cumpre salientar que Cangas contou cunha estación telefónica inaugurada o 1 de outubro de 1892, antes de converterse en telegráfica.

Xurdiu por medio da iniciativa do presidente da Deputación Provincial D. Antonio Pazos Fontenla, tras a presentación por parte dos alcaldes destas tres poboacións unha solicitude formal, que está conservada no arquivo da Deputación.

Extracto da solicitude dos concellos do Morrazo á Deputación de Pontevedra. 1915.


En 1916 sería a Compañía Peninsular a que visitaría Bueu, que contaba cunha forte industria pesqueira, co gallo de analizar a instalación dunha liña que recorrera o Morrazo desde Vigo a Pontevedra, pasando polos catro concellos. O proxecto non se levaría a cabo. 

Extracto do plan provincial de Francos Rodríguez. 1917.


A rede provincial de 1917

Xa en novembro de 1917, cando Prudencio Landín presentara o proxecto de telefonía provincial, Bueu falaría con él e con Antonio Pazos para solicitar que empezaran por esta vila, usando os postes do telégrafo, material facilitado pola compañía eléctrica e ofrecendo a terraza da Casa do Concello para poñer un locutorio. 

O proxecto provincial retrasaríase ata finais de 1920. Novamente conseguen priorizar o Morrazo, para que se comece o replanteo nesa península. O xefe de liña, Sr. Julio Herreros, queda asignado para revisar o proxecto de implantación que finaliza en xaneiro de 1921, incluindo tamén parroquias como Beluso, Aldán e Hío. En maio de 1921, quedaría asignado o seu colega José Sandoval, quen visita Madrid para reclamar o material (cables, illadores i estacións) para o montaxe da liña, co obxectivo de que estivera instalado no verán. 

O proxecto chegaría aprobado por parte do ministerio en agosto de 1921 e o 23 de decembro aparece na prensa a chegada do material a Pontevedra. Comezan as obras de tendido do cable en xaneiro de 1922, comezando por Pontevedra ata Marín (finalizando o 25 de xaneiro de 1922), Bueu (que se inaugura o 2 de marzo de 1922), Cangas (na sede de telégrados, inaugurado o 21 de marzo de 1922) e Moaña.  Vilaboa solicita ser incluido no proxecto, cunha reunión na Deputación co alcalde e curas das parroquias.

Inaugurado non quere dicir aberto ao público, causando certo malestar que aparece reflectido na prensa. Aínda no mes de novembro de 1922 reclámase persoal para atender o servizo e poder abrilo, aproveitando que o director de Comunicacións e o galego Sr. Rodríguez Viguri. A apertura se produciría o 26 de xaneiro de 1923 no caso de Bueu e o 27 de xaneiro de 1923 no caso de Cangas (xestionado polo xefe de telégrafos Angel Jiménez). No caso de Marín, que se faría o enlace coa rede urbana de Pontevedra, nomearíase á auxiliar Dª Juana Pérez Areal.

A primeira extensión sobre o plan provincial de 1917 chegaría na parroquia de Beluso, coa aprobación da extensión á praia de Beluso e a Bon de Arriba a finais de 1922, que se segue a reclamar en marzo de 1923. En abril noméase un encargado para a estación de Beluso, que sería Clemente Lago.

A incautación por parte da Compañía Telefónica Nacional de España a finais de 1924 motivaría trocos nas estación interurbanas do Morrazo, que ofrecerían servizos de conferencias e telefonemas. Así, no caso de Bueu, a centralita pasaría a estar instalada no comercio de Jose García Parada; en Cangas no da señora Viuva de Aniceto Eiroa e, no caso de Moaña, no de Ventura Pérez. 


A inauguración da rede urbana de Cangas

Alén de Marín, que xa tiña rede urbana desde 1912, a primeira central urbana sería en Cangas o 19 de decembro de 1926, inaugurada pola Compañía Telefónica Nacional de España. 


Guia telefónica de Cangas do Morrazo en 1928


Para saber máis: 

  • Faro de Vigo. 4 de outubro de 1892; 17 de xuño de 1915; 20 de xullo de 1916; 4 de novembro de 1917; 24 de febreiro de 1922; 8 de novembro de 1922; 19 de decembro de 1926
  • Marín  Semanario independiente Num. 117 (11/04/1915); Num. 124 (30/05/1915)
  • El Noroeste Año XX Número 9397 - 14 de abril de 1915
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano VI Número 1569 - 15 de abril de 1915; Ano XII Número 3278 - 21 de xaneiro de 1921;  Ano XII Número 3350 - 17 de abril de 1921; Ano XII Número 3391 - 7 de xuño de 1921
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXII Número 9340 - 17 de xuño de 1915; Ano XXXIV Número 10046 - 3 de outubro de 1917; Ano XXXVII Número 11009 - 6 de decembro de 1920; Ano XXXVIII Número 11046 - 19 de xaneiro de 1921; Ano XXXVIII Número 11153 - 28 de maio de 1921; Ano XXXVIII Número 11212 - 5 de agosto de 1921; Ano XXXVIII Número 11332 - 23 de decembro de 1921; Ano XXXIX Número 11343 - 5 de xaneiro de 1922; Ano XXXIX Número 11384 - 23 de febreiro de 1922; Ano XXXIX Número 11403 - 18 de marzo de 1922; Ano XXXIX Número 11548 - 7 de setembro de 1922; Ano XXXIX Número 11599 - 7 de novembro de 1922; Ano XL Número 11705 - 15 de marzo de 1923; Ano XL Número 11720 - 3 de abril de 1923
  • El Progreso  semanario independiente Ano X Número 1980 - 16 de xullo de 1916; Ano XVI Número 2880 - 21 de marzo de 1922
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVIII Número 8078 - 19 de xullo de 1916
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XIV Número 5333 - 7 de decembro de 1920; Ano XV Número 5503 - 16 de novembro de 1921; Ano XVI Número 5533 - 1 de xaneiro de 1922; Ano XVI Número 5535 - 4 de xaneiro de 1922;  Ano XVI Número 5550 - 25 de xaneiro de 1922
  • El Progreso  diario liberal Ano XIII Número 3994 - 11 de decembro de 1920; Ano XIV Número 4139 - 31 de maio de 1921; Ano XV Número 4388 - 23 de marzo de 1922; Ano XVII Número 3054 - 27 de xaneiro de 1923; Ano XVII Número 3056 - 30 de xaneiro de 1923
  • El Orzán  diario independiente Ano IV Número 995 - 29 de maio de 1921; Ano IV Número 1004 - 9 de xuño de 1921;
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXVI Número 10596 - 30 de maio de 1921;  Ano XXVI Número 10736 - 15 de novembro de 1921
  • El Compostelano  diario independiente Ano II Número 284 - 21 de xaneiro de 1921; Ano II Número 391 - 1 de xuño de 1921
  • La Voz de Galicia de 21 de xaneiro de 1921; 7 de aneiro de 1922; 22 de marzo de 1922; 23 de marzo de 1922; 23 de maio de 1923
  • La Integridad diario católico Num. 9336 (28/05/1921)
  • El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 823 (22/01/1922); Num. 890 (29/04/1923)
  • El Eco de Galicia  órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas  Num. 1101 (20/02/1922)
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1462 (06/01/1922)
  • Galicia  diario de Vigo Número 52 - 22 setembro 1922; Número 92 - 8 novembro 1922;  Número 201 - 16 de marzo de 1923
  • El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 882 (04/03/1923)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Año XIII Número 4241 - 27 de maio de 1923
  • Faro de Vigo. 28 de maio de 1921; 19 de agosto de 1922; 10 de setembro de 1922; 20 de outubro de 1922; 28 de xaneiro de 1923

martes, 16 de maio de 2023

O proxecto de telefonía provincial en Lugo (1917-1923)

En novembro de 1916 o presidente da Deputación de Lugo, o Sr. Tapia, recibe por correo un esquema da rede provincial de Lugo preparado por Jose Francos Rodríguez, como Director de Comunicacións, na que se mencionan as centrais, subcentrais i estacións telefónicas. Recolle o establecemento do servizo en once centros telefónicos e una estación subcentral  en Vilanova del Lourenzá. As centrais serían en Lugo, Sarria, Becerreá, Ribadeo, Mondoñedo Viveiro, Vilalba, Chantada e Quiroga; que darían servizo a 72 estacións.  O distrito de Lemos, xa cuberto coa estación interurbana da Compañia Peninsular, que presta tamén o servizo urbano, queda exento do proxecto.

Esta nova ten unha boa acollida pola prensa, aínda que é pronto para ter datos sobre se implica custes, se deben ser asumidos polos concellos, se sería suficiente con aportar postes, etc. No proxecto provincial traballou parte do equipo de telégrafos, dirixido polo Sr. Bolaño i estima un coste de 834.000 pesetas para o estrablecementos das liñas (1474 quilómetros) e o arame de cobre de 3 mm. 

En xullo de 1917 o novo director de Comunicacións, o Sr. Ortuño, relanza os proxecto provinciais indicando que se comezaría por Galicia (cabe destacar que foi a última zona de España e chegar a telefonía interurbana) i, en particular, pola provincia de Lugo. 


Extracto do plan de telefonía nacional de Francos Rodríguez. 1917.


Mentres que en Pontevedra a deputación faría forza implicando ós concellos no proxecto, sería o director de Correos e Telegrafos o que tería que contactar, en novembro de 1918, ao presidente da Deputación para recabar o apoio ao proxecto. Esa comunicación non parece ter resposta rápida.

O proxecto parece quedar aparcado ata o 22 de marzo de 1921 onde os señores Julio García, Victor Basanta, Manuel Otero Soto e Antonio Pardo da Deputación provincial presentan no pleno unha proposta para a realización dun proxecto de rede provincial, baseado no proxecto de Francos. Créase a comisión que toma o acordo o 1 de marzo de 1922




Expediente da rede de telefonía provincial de 1921. ADPL sig2723.6

O 9 de decembro de 1922 tese noticia polo deputado D. Luis Rodríguez de Viguri da Real Orde que aproba a construcción da rede provincial, co orzamento actualizado según o proxecto de lei de 22 de xuño de 1921, onde reclama a deputación un 20% do custe. O custe sería 470.875,88 pesetas (máis do dobre do sinalado no proxecto de 1917, que estaba en 166.900,20 pesetas), aínda que se podería reducir un pouco ao existir xa as liñas de Lugo a Mondoñedo, de Mondoñedo a Viveiro e a Ribadeo. 

O subrecuste iniciaría un debate interno en febreiro de 1923 sobre a conveniencia de asumir os novos custes. O deputado Sr- Peñamaría roga que sexa extendida a rede á Fonsagrada (que curiosamente estaba no plan presentado, polo que debe ser un erro do deputado) e Meira. 

ADPL sig2723.6

 
ADPL sig2723.6

A mediados de 1923 e o interlocutor pasa de ser o Estado á sociedade "International Telephone and Telegraph Corporation" de New York, co novo proxecto de telefonía onde se desbota a idea de telefonía provincial en pro dun proxecto nacional que sería o xerme da compañía Telefónica, pese as críticas da prensa local

ADPL sig2723.6

ADPL sig2723.6


Para saber máis:

  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4530 (02/12/1916); Núm. 6284 (24/02/1922): Num. 1703 (15/10/1922)
  • Verdad y justicia  semanario imparcial defensor de los intereses generales del distrito Ano II Número 81 - 9 de decembro de 1916; Ano II Número 82 - 16 de decembro de 1916
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano VII Número 2453 - 12 de xullo de 1917; Ano VII Número 2455 - 14 de xullo de 1917; Año XII Número 4051 - 13 de outubro de 1922; Ano XII Número 4094 - 3 de decembro de 1922; Ano XII Número 4101 - 12 de decembro de 1922; Ano XII Número 4104 - 15 de decembro de 1922; Ano XIII Número 4161 - 21 de febreiro de 1923; Ano XIII Número 4163 - 23 de febreiro de 1923
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXIV Número 9976 - 19 de xullo 1917
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2775 (20/07/1917)
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 261 - 15 de novembro de 1918
  • El Progreso  diario liberal Año XIV Número 4081 - 23 de marzo de 1921; Ano XV Número 4370 - 2 de marzo de 1922; Ano XV Número 4605 - 5 de decembro de 1922; Ano XVI Número 4673 - 23 de febreiro de 1923; Ano XVII Número 4963 - 31 de xaneiro de 1924
  • El regional diario de Lugo Num. 12851 (23/03/1921); Num. 13063 (29/11/1921); Num. 13691 (15/11/1922); Num. 13715 (09/12/1922)
  • La Voz de Mondoñedo  periódico semanal Ano XVIII Número 968 - 28 de marzo de 1921
  • El Progreso  semanario independiente Ano XVI Número 3098 - 13 de decembro de 1922
  • Expediente telefónico. Arquivo Provincial de Deputación de Lugo. ADPL sig2723.6
  •  La Provincia  diario de información y de intereses generales Año II Número 221 - 17 de febreiro de 1924

xoves, 2 de febreiro de 2023

Telefono interurbano en Vilagarcía (1914-1924)

 O 18 de xuño de 1914 sae publicado o proxecto de instalación da rede interurbana en Vilagarcía. O proxecto incluía usar postes de madeira na estrada de Chapa a Carril e a continuidade pola via de tren. A idea era que estivera disponible en setembro de 1914.

A estación estaría ubicada nun baixo da rúa Calderón (hoxe alcalde Rey Daviña). A inauguración tivo lugar no 12 de setembro de 1914, xusto despois da de Santiago e a última das dez estacións previstas nesta primeira fase. Á inauguración acudiron autoridades locais e prensa. Desafortunadamente non se conservan copias de Galicia Nueva, o xornal de Vilagarcía, desa data. A comunicación coas vilas máis próximas (Santiago e Pontevedra) costaría 0,5 pesetas por tres minutos.

O xefe da estación sería Manuel Villaspí. A central urbana (moi próxima á interurbana) estaría conectada para permitir que abonados poideran chamar desde as súas casas, como se observa na imaxe. Desde marzo de 1915 comeza a reclamarse unha ampliación de horarios ata a medianoite e persoal, de xeito similar a outras poboacións de Galicia, que parece aceptarse parcialmente (ata as 20h) xa en abril de 1915, pasando a ser ata as 22h en xullo de 1915.

En 1916 o servizo cambia de localización pasando a estar na rúa Vista Alegre número 18, esquina coa praza da Fonte, no lugar onde se atopaba o antigo hotel Suizo. En abril de 1918 Manuel Vallespí confirma que o horario pasaría a ser de oito da maña a dúas da noite, reducíndose á medianoite en setembro de 1919.

O 12 de decembro de 1923 sae a nova de que Manuel Vallespí ten un novo destino en Zaragoza, pasado a ser titular do cargo Jose María de la Bodega Gil, con Salvador Blanco Danés de oficial.  

Jose María trasladaría a sede á rúa González Garra 5 (actual rúa Rey Daviña) coa axuda do instalador José Abraham e o mecánico de Vigo D. Manuel Comesaña, dirixidos polo xefe da central de Vigo, D. Constancio Lambán.

Central interurbana de Vilagarcía. Archivo de la Fundación Telefónica. Sen datar.


Unha vez pasado o conflito da reducción horaria, volvería intentarse, por parte da Cámara de Comercio, en xuño de 1924 que volvera a pechar ás doce da noite.


Para saber máis:

  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7329 - 18 xuño 1914; Ano XXVI Número 7364 - 23 xullo 1914
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (23/07/1914); Num. s.n. (14/09/1914); Num. 7132 (14/09/1914) (14/09/1914); Num. 5212 (17/04/1918); Num. 723 (28/03/1920)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9066 - 23 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9114 - 17 de setembro de 1914; Ano XXXV Número 10207 - 16 de abril de 1918 
  • Faro de Vigo  - 23 de xullo de 1914; 11 de xullo de 1914 
  • El Eco de Santiago diario independiente Año XIX Número 6643 - 24 de xullo de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7120 (24/07/1914);  Num. 7343 (29/05/1915)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano VIII Número 2754 - 11 de setembro de 1914;  Ano VIII Número 3035 - 9 de abril de 1915; Ano IX Número 3830 - 10 de xullo de 1915; Ano IX Número 3811 - 11 de xuño de 1915; Ano X Número 4171 - 21 de xuño de 1916; Ano XII Número 4539 - 16 de abril de 1918; Ano XIII Número 4963 - 9 de setembro de 1919; Ano XVII Número 6167 - 12 de decembro de 1923; Ano XVII Número 6168 - 13 de decembro de 1923; Ano XVIII Número 6349 - 3 de xullo de 1924
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12126 - 16 de setembro de 1914
  • El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano I Número 114 - 8 de xuño de 1924

sábado, 15 de outubro de 2022

O servizo de telefonía público en Ponteareas (1915-1924)

Febreiro de 1915, Ao igual que ocorre con Tui, a vila de Ponteareas solicita a instalación dunha estación telefónica urbana na vila á Dirección Xeral de Telégrafos, por medio de xefe de telégrafos da vila. 

Neste caso, a diferencia doutras poboacións que entraron nesta convocatoria pública, Ponteareas tiña o interese en contar con liñas que comunicaran con ata dez parroquias do concello, dadas as dimensións do mesmo. Os celadores, responsables da montaxe das liñas, reclaman aos propietarios a tala das árbores para instalar o teléfono ás parroquias.

Instalación de telefonía nun día do Corpus. Ponteareas. Ano descoñecido.


A autorización publícase o 2 de marzo de 1915, polo que Julio Herreros, xefe de liña do corpo de telégrafos destinado en Vigo visita a vila de Ponteareas para facer un levantamento topográfico. Van comezar por instalar o teléfono nas fábricas de curtidos de Viúva e Fillos de Garra, os serradoiros dos Sres Candeira i Estens en Areas, Candeira e compañía en Oliveira e no domicilio do Sr. Rafael Candeira  Iglesias, que foi un dos impulsores e responsable político do Sr. Conde de Bugallal na vila. 

Hai algunhas contradicións na prensa sobre quen foi o benfeitor da construción da rede. Dado o reducido número de potenciais abonados, pénsase que sería o Gabino Bugallal, Conde de Bugallal, natural de Ponteareas e ministro de Facenda nese momento, xa que non parece existir un clamor popular pola implantación dese servizo. Outras fontes (o semanario El Tea) apuntan a Emilio Ortuño, director xeral de Correos e Telégrafos e impulsor do programa de creación de redes de telefonía públicas pero sen vinculación coa vila.

O 11 de febreiro de 1916 comunícase a chegada da central telefónica a oficina de telégrafos da vila e reclámase na prensa que aumente o número de abonados.  

A festa de inauguración

En xuño de 1916 reúnense no concello un grupo de veciños para organizar unha homenaxe ao Conde de Bugallal por ter impulsado a incorporación de Ponteareas ás vilas onde se está instalando o rede de telefonía pública. 

O servizo foi inaugurado cunha grande festa, amenizada pola orquestra de música, a finais de xuño de 1916 .Desde a Praza do Ánxel ata o Grupo Escolar púxose iluminación (hoxe rúa Doutor Fernández Vega), incluíndo a iluminación dos señores Garra na finca "A Cortiña Vella" complementando o da casa de Telégrafos.

Postes de teléfonos zona de Areas. Ano descoñedido

Descarga eléctrica

Practicamente todas a redes urbanas de Galicia tiveron algún suceso relevante, así que este tamén foi o caso da rede de Ponteareas. En novembro de 1916 ocorreu unha tormenta de choiva e sarabia. O señor Moreno, responsable da estación telegráfica e telefónica estaba de garda. Unha descarga causou unha avaría que queimou fusibles e as lámpadas de luz eléctrica e non foi a maiores xa que utilizou a terra da estación telegráfica. Tras isto decidiuse suspender o servizo mentres no se solucionara a instalación, para facela segura aos seus traballadores. 


Plano da vila de Ponteareas. Ano ~1910.


A extensión da rede (1920-1924)

En febreiro de 1920 chegan novas do proxecto de extensión da rede urbana ata vilas próximas, coma é o caso de Porriño, As Neves, Mondariz e Salvaterra. En abril xa aparare unha referencia a chegada de material (a nova central, cable, etc) para a extensión desta rede, pero aparecen atrancos. A propietaria onde está situada o servizo impide a construcción dunha torre no faiado, polo que a cantidade de diñeiro consignada devólvese ao estado e búscase unha nova localización, na rúa Elduayen número 4 (hoxe rúa da Constitución) que empeza a trasladarse en setembro de 1921.

Teléfonos na casa da esquerda. Foto extraída do grupo de Facebook Ponteareas "Fotos Antigas". Ano descoñecido (posterior a 1924).
 

En setembro de 1920 aparece publicado no boletín da provincia o proxecto de aluguer dunha casa por un precio de 900 pesetas anuais e un periodo de cinco anos, que fírmase a primeiro de 1921. Lucas Súarez Ruiz é destinado como oficial terceiro á central de Ponteareas en xaneiro de 1921. Meses antes, en xullo de 1920, sería a auxiliar María del Pilar Bueno Martín a que tomaría posesión.  Xa en 1923 se nomearía a Maria Luisa Sánchez, filla de xefe de telégrafos Vicente Sánchez, como auxiliar telefónica.

Neste ano pídese a conexión coa rede interurbana, ben por parte da Compañía Penínsular o como parte do proxecto de telefonía provincial no que traballaba José Sandoval. Sería o provincial o que conseguiría a aprobación, grazas ao deputado Manuel Fernández Barrón, en 1922 para conectar con Porriño  (e Vigo) e Mondariz, como parte do plan de telefonía provincial.

Detalle do anteproxecto de telefonía provincial de Francos en 1917.

Salvaterra inaugura un circuito teléfonico con Ponteareas o 9 de marzo de 1921, custando 0,80 pesetas cada tres minutos de conversa, e 0,35 pesetas por aviso de conferencias. A apertura ao público da central urbana sería o 6 de agosto de 1921, aínda que non consta o número de abonados á mesma.

O xefe de construccións telefónicas das provincias de Pontevedra e A Coruña. D. Arturo Lago, visita Ponteareas para avanzar nos traballos de conexión con Porriño (na liña de Vigo) e Mondariz. Neste momento traballaría o oficial Joaquín Quincoces, que sería relevado por Ezequiel de Torres, procedente de Miranda de Ebro en xullo de 1923. 

Non hai grandes avances. De feito en xaneiro de 1924 houbo un suceso. Sufriran unha descarga eléctrica na torre da central telefónica, pero que non causara grandes estragos, aínda que se temeu pola vida dunha moza que estaba nun locutorio.  

En febreiro de 1924 aparecen mencións na prensa a que o concello aínda reclama a conexión co resto da rede. A inauguración produciríase o 15 de abril de 1924, conectando Tui, Porriño, Salvaterra e Ponteareas como parte da rede provicial, pero sen estar conectado á rede da compañía Peninsular que chegaba a Tui.

O enxeñeiro St. Argueso toma posesión da central o 14 de novembro de 1924, que nomean a Vicente Sánchez director da rede, que teñen a perspectiva de chegar a 150 abonados en breve. 


Para saber máis: 

  • El Tea; semanario:  Núm. 55 de 12 de febreiro de 1915;  Núm. 57 de 26 de febreiro de 1915;  Núm. 60 de 19 de marzo de 1915; Núm. 97 de 3 de decembro de 1915;  Núm. 107 de 11 de febreiro de 1916;  Núm. 113 de 24 de marzo de 1916;   Núm. 127 de 30 de xuño de 1916;   Núm. 128 de 7 de xullo de 1916;   Núm. 130 de 21 de xullo de 1916;  Núm. 133 de 11 de agosto de 1916; Núm. 174 de 10 de novembro de 1916;  Núm. 174 de 25 de maio de 1916;  Núm. 180 de 6 de xullo de 1916; Ano XIII Época 2ª Número 274 - 3 de novembro de 1919; Ano XIV Época 2ª Número 306 - 10 de xullo de 1920; Ano XIV Época 2ª Número 307 - 17 de xullo de 1920; Ano XIV Época 2ª Número 308 - 24 de xullo de 1920; Ano XIV Época 2ª Número 313 - 3 de setembro de 1920; Ano XIV Época 2ª Número 315 - 23 de setembro de 1920; Ano XVI Número 353 - 13 de outubro de 1921; Ano XVI Número 363 - 23 de outubro de 1921; Ano XVI Número 373 - 3 de novembro de 1921; Época 3ª Número 4 - 14 de decembro de 1923; Época 3ª Número 14 - 23 de marzo de 1924
  • Faro de Vigo. 15 de marzo de 1915; 6 e 20 de decembro de 1915; 21 de febreiro de 1916; 17 de xuño de 1916; 20 de xullo de 1920; 30 de agosto de 1920; 10 de marzo de 1921; 7 de agosto de 1921; 12 de agosto de 1921; 23 de setembro de 1921; 10 de febreiro de 1923; 6 de abril de 1923; 6 de decembro de 1923; 10 de xaneiro de 1924; 15 de abril de 1924; 15 de novembro de 1924; 30 de novembro de 1924.
  • El Diario de Pontevedra. Núm 9486 de 6 de decembro de 1915
  • La Voz de Galicia: 11 de abril de 1923
  • El Noroeste. Núm 9707 de 23 de febreiro de 1916;  Núm. 9895 de 2 de marzo de 1915
  • La Correspondencia Gallega. Núm 7925 de 21 de febreiro de 1916; Núm 8061 de 2 de xullo de 1916
  • La Región. Núm 1833 de 23 de febrerio de 1916
  • El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 913 (19/02/1920) 
  • El Compostelano  diario independiente Ano I Número 17 - 21 de febreiro de 1920
  • El Progreso semanario independiente Ano XIV Número 2496 - 11 de abril de 1920
  • La Integridad diario católico Num. 9118 (04/09/1920);  Num. 9239 (31/01/1921);  Num. 9242 (04/02/1921); Num. 9539 (24/01/1922); Num. 9794 (09/12/1922); Num. 9892 (08/04/1923);  Num. 9963 (04/07/1923); Num. 10187 (26/03/1924)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Núm 1514 de 2 de marzo de 1915; Ano XII Número 4103 - 14 de decembro de 1922
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXVIII Número 11432 - 7 de abril de 1923
  • Galicia  diario de Vigo Número 479 - 14 febreiro 1924


O mindoniense Cándido Martínez na reclamación salarial dos telegrafistas de 1880

 Candido Martínez Montenegro foi un deputado liberal durante tres décadas por Mondoñedo (Lugo), que nos ano 1881 - 1883 sería director de Co...