A primeira experiencia coa telefonía en Marín sería por parte de Eusebio Mendez, que recibiu autorización para instalar unha liña particular entre a súa casa de Marín e a fábrica de salazón que tiña en Aguete. Pasamos á telefonía urbana. Agosto de 1910. A prensa recolle a instalación do fío telefónico de Pontevedra a Marín, que sería o cerne da futura subestación de telefonía urbana, dependente da capital. Antes os usuarios de Marín xa podían solicitar a subscrición directa con Pontevedra, ao estar dentro do radio de servizo da concesión de Pontevedra, pero o custe era proporcional á distancia. Abrir un central local permitía reducir os custes de 19 a 8 pesetas mensuais. En 1910 Pontevedra contaba con 196 abonados, polo que, coñecendo que algúns era de Marín, deciden crear esta subcentral para 30 abonados. Cumpre salientar que Pontevedra alcanzou xa eses case 200 abonados no primeiro ano de servizo, xa que foi inaugurada en xaneiro dese ano. A construción parece adiarse, polo que non