Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Os atrasos da Compañía Peninsular en Galicia (1908 - 1913)

O 8 de xuño de 1908 adxudícase a rede telefónica do Noroeste, tras quedar en varias ocasións a poxa deserta, á Compañía Peninsular de Teléfonos do Sr. Enrique Parellada Pallás. Estaba previsto o inicio das obras no seguinte mes e a dispoñibilidade do servizo no seguinte ano, pero a realidade sería outra. Unha vez construída a rede ata León, pasarían a montar a rede a Lugo-Betanzos-Coruña e, nun posterior momento, o ramal Ourense-Vigo-Pontevedra-Santiago. Como estacións secundarias pediríase á compañía a construción das de Vilagarcía e Cortegada, que naquel momento pensábase que sería sede veraniega da familia real.  Adxudicación publicada na Gaceta de Madrid de 29 de xullo de 1908 Toda esta rede debería estar dispoñible na primavera de 1910, pero, pola guerra de Melilla, decidiuse comezar a construír a rede do Sur, poñendo como novas datas xaneiro de 1911 para Lugo e Coruña e setembro de 1911 para Ourense, Vigo e Pontevedra. A finais de outubro de 1910 aínda non comezaran as obras e in

Os dous proxectos de rede interurbana de 1907

22 de novembro de 1906. Reúnense no congreso representantes políticos de Galicia, Oviedo, León, Valladolid, Santander e Palencia (Sr. Miro, Rendueles, Azcárate, Lomas e Monteiro Villegas) para tratar o tema da liña de telefonía interurbana do Noroeste, que era a que faltaba por construir en España. Estímanse 2,5 millóns de pesetas como investimento necesario. Nos políticos locais estaba todavía o recordo das limitacións de conectividade na proposta de servizo de anos antes, polo que axiña comezan a mobilizarse en Pontevedra, para non quedar fora do proxecto. Involucran aos deputados Vincenti e González Besada. Artigo satírico sobre Eugenio Montero Ríos. La Libertad Num. 66 (29/11/1906) O 17 de decembro comunícase que se reservou no orzamento 500.000 pesetas para a instalación da nova liña, pero se paraliza no Senado, ante a firme oposición do Sr. Allendesalazar, o Conde de Romanones. A rede galega de 1907 O director xeral de Correos e Telégrafos Sr. Álvaro López Mora aproba en xaneiro

Os primeiros proxectos de telefonía interurbana (1888-1906)

Alén do proxecto de interconexión entre A Coruña, Santiago e Ferrol de 1888 comentado nesta páxina e algunha referencias de 1889 e 1890 sobre a posibilidade de construír unha rede galega, a primeira petición de telefonía interurbana, entendendo como tal aquela que permitira chamar a Madrid, veñen de 1897. A Gaceta de Galicia recolle como na Coruña se estaba a pedir unha liña telefónica que permitise falar con Madrid e, adicionalmente mellorar o deficiente servizo telegráfico.  Primeiros días de 1900. En Madrid chegan a un acordo a dirección xeral de telégrafos co proveedor de telefonía urbana (a Compañía Madrileña de Teléfonos), para o envío de notificación de mensaxes telegráficos via teléfonos. La Voz de Galicia reclama un servizo semellante en A Coruña polo interese que pode ter para navieiras, banca e comercio.  Neste ano aparecen iniciativas na prensa para conectar Coruña e Santiago por teléfono, falando da posibilidade de crear unha empresa para tal fin. Xaneiro de 1901. A prens

Telefonía urbana en Ribadeo (1915 - 1919)

Xullo de 1915: Ribadeo obtén a concesión dun centro telefónico urbano para que fora xestionado polo corpo de telégrados. O deputado ribadense Ramón Bustelo González, futuro avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo, intercedeu para lograr ese fin. Ramón levaría o teléfono número 1 desa rede. Esta concesión non gustou en Viveiro, que competía en importancia con Ribadeo naquel momento, que por medio de figuras locais e a prensa comezan a presionar a Jose Soto Reguera, o deputado polo distrito de Viveiro.  Ramón Bustelo González. Las Cortes españolas. Las de 1910.  Madrid, Tipografía Antonio Marzo, 1911 Exixíase 50 interesados e parece que pronto se alcanzou esa cifra. En outubro de 1915 consta a visita do xefe de liña da sección de telégrafos de Lugo, D. Luis López Ureta, para facer un estudo sobre a instalación do teléfono urbano. En abril de 1916 todavía non comezaran as obras, pero figura unha nova visita técnica, neste caso de D. Jose Sandoval, xefe de sección de telégrafos de Lugo. Tras

A primeira centralita conectada á rede (SECN, Ferrol, 1916)

Realmente non se ten a certeza de se a Sociedad Española de Construcción Naval de Ferrol (agora Navantia) foi a primeira centralita telefónica conectada á rede, pero sí que foi a primeira empresa na que aparecía o seu directorio interno na guía telefónica, neste caso no Anuario Telefónico da Compañía Peninsular publicado en 1916. O 1 de decembro de 1915 chegarían a Ferrol, por vía terrestre, procedentes de Estocolmo (Suecia), 25 caixas que conteñen material para o novo servizo telefónico que ía establecer a Sociedad Española de Construcción Naval.  Ericsson enviaría 2 centrais telefónicas e 80 teléfonos que se instalarían nas seguintes datas.  Peirao da Sociedad Española de Construcción Naval. Páxina do Instituto de Historia y Cultura Naval. Constituída en 1909 e operativa ata a Guerra Civil foi responsable da construcción dos buques da armada. A guerra contra os Estados Unidos de 1898 deixou en mala situación a frota española polo que o goberno apostou por unha empresa que contara con

As primeiras liñas privadas da provincia de Lugo (1893-1917)

Quedaba pendente unha publicación sobre ás liñas privadas da provincia de Lugo, despois de ter explorado ás outras provincias previamente. Cumpre recordar que hai varios tipos de liñas, como son: Liñas de edificios públicos (concellos, deputación, etc) Redes urbanas, que no caso de provincia de Lugo chegarían á capital, Monforte, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo nunha época tardía, a partires de 1916. Redes interurbanas, que chegaron á cidade de Lugo en 1915, antes co teléfono urbano.  Por exemplo, o Hotel Méndez Núñez se conectou a rede interurbana nesa época. Liñas particulares que ocupaban o espazo público (postes,...) que necesitaban de autorización da Dirección de Correos e Telégrafos e quedaron recollidas en Anuarios Telegráficos, que comentaremos a continuación Liñas particulares interiores (dentro de edificios de uso xeral como balnearios, etc.) Liñas públicas telefónicas para conexión a rede telegráfica, que se recolleron nesta publicación para os caso de  O Vicedo (1894) e Celeir