Alén do proxecto de interconexión entre A Coruña, Santiago e Ferrol de 1888 comentado nesta páxina e algunha referencias de 1889 e 1890 sobre a posibilidade de construír unha rede galega, a primeira petición de telefonía interurbana, entendendo como tal aquela que permitira chamar a Madrid, veñen de 1897. A Gaceta de Galicia recolle como na Coruña se estaba a pedir unha liña telefónica que permitise falar con Madrid e, adicionalmente mellorar o deficiente servizo telegráfico.
Primeiros días de 1900. En Madrid chegan a un acordo a dirección xeral de telégrafos co proveedor de telefonía urbana (a Compañía Madrileña de Teléfonos), para o envío de notificación de mensaxes telegráficos via teléfonos. La Voz de Galicia reclama un servizo semellante en A Coruña polo interese que pode ter para navieiras, banca e comercio.
Neste ano aparecen iniciativas na prensa para conectar Coruña e Santiago por teléfono, falando da posibilidade de crear unha empresa para tal fin.
Xaneiro de 1901. A prensa coruñesa volve reclamar a conexión con Madrid, xa que outras vilas 'de menor importancia' como San Sebastián ou Pamplona dispuñan deste servizo.
A proposta no congreso de 1901
A finais do 1901 os primeiros políticos galegos en defender a rede interurbana serán o deputado por Muros Sr. Eduardo Montero Villegas (fillo de Montero Ríos) e o deputado por Cambados Sr. González Besada, que pedirían en cortes a concesión dun crédito de 200.000 pesetas para traballar na construción da rede telefónica interurbana do noroeste, que conectaría Vigo, Coruña, Asturias, Santander e Valladolid con Madrid. A proposta recibe a oposición do ministro de Facenda o Sr. Urzaiz, para non aumentar o gasto público, que recibe un rechazo dos propoñentes alegando que o Sr. Urzaiz non está a representar os intereses de Galicia, polos que foi votado. O 10 de decembro de 1901 foi rechazada a proposición. Eso motivou o manifesto "A Gaita Galega" de "La Correspondencia Gallega" de 11 de decembro de 1901, recollido ao final deste artigo
O proxecto de rede do Noroeste de 1904
En abril de 1903 volve a retomarse o proxecto dunha rede do noroeste, que atenda a Coruña, Vigo, León, Oviedo, Segovia, Valladolid, Palencia e Santander, cunha extensión de 1168 quilómetros e un coste de 1.912.264 pesetas. Consígnanse 331.750 nos orzamentos de 1904 para esa rede. O deputado Sr. López Mora presiona na cámara para que siga adiante ese proxecto. En paralelo estaban en proxecto as redes de conexión de Madrid con Irún, Port-Bou, Sevilla e Málaga
En abril de 1904 faise o anuncia, via Gaceta de Madrid, do concurso para a construción das novas liñas e comezan a aparecer presións na prensa e políticos locais cara o ministerio de Gobernación para que Lugo, Pontevedra, FerrolVilagarcía ou Santiago non se vexan excluidos do servizo. Por exemplo, o presidente da deputación de Lugo, o Sr. Vázquez de Parga, recibe unha resposta tranquilizadora do ministro de Gobernación sobre o servizo telefónico na capital provincial. Non ocorre así con Pontevedra ou Santiago, xa o o hilo non pasaría por ese puntos.
As características técnicas detallan as liñas a construir:
- Desde León en ferrocarril ata Astorga; dende Astorga por estrada ata Ponierrada; de Ponierrada en ferrocarril ata Aranga, pasando por Monforte e Lugo; de Aranga por estrada a Betanzos; e de Betanzos por ferrocarril ata Coruña.
- Desde Monforte por ferrocarril ata Ribadavia e dende Ribadavia por estrada ata Vigo.
A conexión de Coruña, Ferrol e Santiago de 1905
Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia e deputado nas cortes por Ortigueira, reclama unha conexión telefónica coas cidades da provincia de A Coruña. O 27 de setembro de 1905 sae publicado na prensa que o Sr. Pedro Ferrer, o xefe do centro telegráfico da Coruña, traballa a aprobación do proxecto de conexión con Ferrol e Santiago. Betanzos se contemplaría como unha opción pero se descartaría. O proxecto inclue tres locutorios con teléfonos Cardeu e contempla utilizar a liña de teléfono preexistente. O prezo será de unha peseta e dez céntimos por unha duración de 3 minutos.
O 15 de xaneiro de 1906 chegan os teléfonos Mix Genest, procedentes de Berlín, e realizáronse as primeiras probas. Unha delas foi conectar un teléfono na estación de telegrafía sen fíos da rúa Orillamar de Coruña e outra proba entre A Coruña e Santiago. Reclámanse 2000 pesetas á dirección xeral para a construción dos locutorios que non chegarían axiña, xa que o de marzo de 1906 reclamanse na prensa e en outubro de 1906 comezan a reclamalo os políticos. A finais deste mes de Outubro decide cancelarse o proxecto, por circunstancias non aclaradas, e o Sr. Ferrer devolve os teléfonos.
Aínda habería unha nova proposta antes da chegada da Compañía Peninsular, pero sería unha conexión na rede telegráfica, mediantes conferencias usando o sistema Hughes (que sacaba unha cinta coa transcripción) entre Ferrol e Coruña, que porían en práctica o corpo de telégrafos a finais de 1908. Os prezos do servizo son:
- Dar aviso da conferencia: 0,55 pesetas
- Cinco minutos de conferencia: 2,05 pesetas
- Por cada cinco minutos extra: 1,55 pesetas
- 5 minutos diarios a hora marcada (pensando na prensa): 50 pesetas
- 15 minutos diarios a hora marcada: 100 pesetas
A gaita galega
Varios deputados galegos asinaron unha proposta ao Congreso, para que se consigna no orzamento unha cantidade suficiente para sufragar os gastos ocasionados polo tendido dunha rede telefónica que comunique entre eles e co resto de Espalda ás localidades da comarca Noroeste.
Segundo os telegramas de onte, a proposta non prosperou. O poder central está tan afeito á nosa mansedume e modestia que nada do que Galiza pide lle preocupa nin lle interesa o máis mínimo. Para que os gobernos españois accedan á demanda dos pobos é unha condición precisa que acompañen a solicitude de manifestacións fiscais do tipo que puxo en práctica Cataluña. En caso contrario, nin a solicitude será contestada nin a reclamación nunca será satisfeita.
Nas nacións, como nos individuos, a debilidade de carácter, a honestidade de propósito e a bondade de espírito son condicións negativas para os fins que deberían vir dunha virtude tan rara. Aquí non prevalece máis esixencia que a que se fai presentando a petición legal na man dereita, e soportando na esquerda a estaca sediciosa, vingativa e terrible, que constitúe o eterno pesadelo de todos os poderes.
E isto, que é de aplicación en todos os países, ten en España un exemplo e unha sanción extraordinaria. Non debemos esquecer que vivimos no recuncho do mundo que é o centro de todas as anomalías e todas as irrazonables.
Comparemos o que fixo Cataluña e Galicia, e o que conseguiu cada unha destas dúas rexións, e veremos se a teoría que expuxemos se confirma plenamente na práctica. Cataluña, ambiciosa, soberbia, desconsiderada, egoísta, foi sumando ao seu favor, un tras outro, todos os privilexios que dentro do actual réxime de goberno e da Constitución se podían conceder. Galicia, humilde, traballadora e escrava do seu amor á terra, que é, en definitiva, amor á patria, desinteresada e nobre, aínda non conseguiu que o goberno central lle fixese caso para concederlle algún dos servizos (xa non se ocupa de privilexios ou favores), que leva moito tempo reclamando. Salvo o favor que media ducia de homes públicos puideron conceder a estas ou outras poboacións, Galicia como comarca submisa e obediente aos principios da súa nacionalidade, nada, absolutamente nada, conseguiu a favor dos seus intereses xerais, que a Galiza como rexión submisa e obediente aos principios da súa nacionalidade, non conseguiu nada, absolutamente nada. máis que ningún outro merecente de protección e axuda, polo mesmo motivo que nel reside a semente da riqueza natural que servirá de base á evolución da industria e do comercio, á rexeneración patriótica que tanto anhelamos.
Cataluña, rebelde, absorbe, case por completo, o capítulo das concesións xustas ou graciosas coas que o poder central atende a prosperidade das comarcas. Galiza, asoballada e traballadora, é algo así como a Cenicienta nacional descoidada e maltratada por todos os gobernos. O espírito avaro dunha empresa privada deunos o ferrocarril; Pois non se preocupa que a máxima autoridade se encargue de inspeccionar ese servizo para facer as comunicacións rápidas e baratas, como tería feito se fose catalán. O servizo de telégrafo, en todas partes coidado e coidado, aquí considérase unha veta de ingresos sen atenuacións nin gravames de ningún tipo. As redes telefónicas, xa estendidas de Norte a Sur e de Leste a Oeste por todo o territorio e das que, como en todo, Cataluña obtivo as primeiras, son e serán descoñecidas para nós, sabe Deus ata cando, para os galegos.
Somos maltratados, no concepto de comarca, como o son os nosos paisanos na súa natureza por quen aínda ignora o que é esta Galicia incomparable, traballadora e fiel como ningunha outra vila de España. Se polo fío se saca o balón, como di o refrán, e entendemos por fío, neste caso, o das liñas telegráficas e telefónicas que ten a nosa desgraciada comarca, ben podemos dicir que Galicia é a última bóla desa. gran tear , onde se reparten as cepas do Estado para conformar o tecido da capa nacional coa que temos que cubrirnos.
Pregunta, pídelle aos deputados galegos xustiza e privilexios legais para esta fértil terra. Mentres Cataluña ameaza co separatismo e nos vascos cántase o Guernicaco, e Zaragoza revolta e Andalucía forxa os concellos dunha segunda man negra; mentres que o Maestrazgo é o coco dun ministerio sen valor, e as Castelas acaparan o trigo co que amasarán o pan dos ministros; mentres todas as outras vilas de España se mostran enérxicas e decididas a non comprometer coa inxusta proposta e o esquecemento mortal, a nosa Galicia comedida e prudente terá que conformarse co seu miserable destino, entregado ao platonismo. Que os sons melodiosos e tristes das gaitas esperten na túa natureza espiritual e romántica.
Para saber máis:
- La Voz de Galicia. 13 de decembro de 1889; 29 de decembro de 1890; 13 de xaneiro de 1901; 7, 8 e 10 de decembro de 1901; 16 de abril de 1903; 28 de novembro de 1903; 29 de abril de 1904; 11 de maio de 1904; 12, 13 e 28 de decembro de 1905; 10 de marzo de 1906; 24 de outubro de 1906
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 31 (09/02/1897); Num. 87 (21/04/1904); Num. 92 (27/04/1904); Num. 128 (10/06/1904)
- El Correo de Lugo Periódico de intereses morales y materiales Num. 301 (03/08/1900)
- El eco de Galicia revista semanal de ciencias, arte y literatura Epoca 2ª Ano XXV Número 925 - 28 de abril de 1900; año V Número 1126 - 31 de xullo de 1900
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 3292 (07/12/1901)
- Faro de Vigo. 10 de decembro de 1901; 23 e 26 de abril de 1904; 20 de maio de 1904
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 269 (10/12/1901); Num. 688 (16/05/1903); Num. 900 (20/02/1904); Num. 952 (23/04/1904); Num. 954 (26/04/1904); Num. 955 (27/04/1904); Num. 958 (30/04/1904
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XV Número 3975 - 25 abril 1903; Ano XV Número 4024 - 26 xuño 1903; Ano XVI Número 4221 - 24 febreiro 1904; Ano XVI Número 4269 - 25 abril 1904; Ano XVI Número 4276 - 4 maio 1904; Ano XVI Número 4452 - 7 decembro 1904; Ano XVIII Número 4787 - 22 xaneiro 1906; Ano XVIII Número 4811 - 16 febreiro 1906
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (18/11/1903); (25/5/1904); (14/12/1905); (24/10/1906); (25/10/1906)
- El regional diario de Lugo Num. 7229 (20/04/1904); Num. 7786 (14/12/1905); Num. 7799 (29/12/1905); Num. 7816 (18/01/1906)
- El áncora diario católico de Pontevedra Num. 1986 (07/05/1904); Num. 1997 (21/05/1904)
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXVII Número 8779 - 8 de maio de 1904; Ano XXVII Número 8785 - 14 de maio de 1904: Ano XXVII Número 8786 - 15 de maio de 1904; Ano XXVII Número 8812 - 10 de xuño de 1904; Ano XXVIII Número 9292 - 12 de decembro de 1905; Ano XXVIII Número 9294 - 14 de decembro de 1905; Ano XXVIII Número 9298 - 19 de decembro de 1905; Ano XXVIII Número 9307 - 29 de decembro de 1905; Ano XXIX Número 9543 - 5 de outubro de 1906; Ano XXIX Número 9560 - 25 de outubro de 1906; Ano XXXI Número 10264 - 2 de decembro de 1908
- El Noroeste Año IX Número 3403 - 7 de maio de 1904
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXI Número 9386 - 19 de maio de 1904
- Boletín oficial Provincia de Pontevedra - 30 de abril de 1904.
- El Eco de Santiago diario independiente Ano X Número 3355 - 14 de decembro de 1905; Ano X Número 3264 - 27 de setembro de 1905; Ano XI Número 3383 - 20 de xaneiro de 1906; Año XI Número 3403 - 14 de febreiro de 1906
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXII Número 3966 - 28 de setembro de 1905
Ningún comentario:
Publicar un comentario