En setembro de 1907 concentráronse 12.000 militares nunha chaira da parroquia de Ver do concello de Bóveda, sendo probablemente a maior concentración militar celebrada en España. O obxectivo era analizar a loxística para xuntar a tantos homes nunhas datas determinadas, e ver todo o necesario para xestionar ese grupo. A vista estaría posta nos conflitos do norte de África, que concetrarían os esforzos militares do primeiro cuarto de século XX, aínda que a excusa era unha posible invasión enimiga pola costa galega.
Ademáis parecía un lugar seguro para evitar sobresaltos ao rei, que visitaría as manobras, i estaba comunicado por tren, con estacións próximas na liña Monforte-Lugo ás que chegarían 14 trens militares. Alí instaláronse 1.700 tendas, fornos de pan, cocinas, letrinas, etc. nunha finca de 2500m por 400m na recta da estrada de Bóveda a Brollón. Do corpo de enxeñeiros foron 273 homes, 14 cabalos e 39 mulos.
Telegrafistas
En primeiro lugar o corpo de telegrafistas de A Coruña suxería adaptar as estacións de Monforte, Sarria e Bóveda para soportar as comunicacións durante as manobras, coa disponibilidade de fíos adicados, dar carácter permanente ás estacións e instalar un equipo Hughes na estación de Bóveda. Acudiría o xefe da central de Madrid, D. Manuel Balseiro, para coordinar os traballos.
Relativo ao corpo de enxeñeiros, foron responsables de crear unha liña telefónica entre bóveda e o campamento e unha segunda para contixencias. Ademáis, montaron liñas telegráficas, adicando algún dos fíos de uso civil para ter comunicación directa con Madrid. Cursaron 707 telegramas cun total de 20533 palabras (curiosamente, un deles redactado en francés, a París, que chegou sen erros)
Radiotelegrafistas
Primeira vez que se utilizan as estacións radiotelegráficas do exercito nunhas manobras militares. Como o grupo de aerostación (globos) estaba en Sarria (Lugo) i eran necesarios para facer probas de embarcar antenas de fío, o grupo de radio estableceuse nese lugar para sintonizar as antenas. Unha estación quedaría no cuartel xeral mentras que a outra participaría nos recoñecimentos.
O corpo de enxeñeiros tamén traballaría en voos libres de globos, cun que descendería a 2 km de Castropol, traslados nos dous automóviles do corpo, prácticas ciclistas, etc.
Os mapas dos campamentos
Ningún comentario:
Publicar un comentario