A primeira noticia sobre o interese en establecer unha rede urbana en Ourense foi en abril de 1889, xusto despois das redes de A Coruña e Vigo. A diferencia foi que en Ourense tardaría 25 anos en establecerse. Non constan quen foron as persoas desta primeira iniciativa.
En xullo de 1892 volve a aparecer na prensa esta iniciativa, esta vez cun proxecto estimado en 28.500 pesetas deseñado pola Escola de Artes e Oficios e unha mención na prensa á necesidade de constituir unha sociedade por accións. En paralelo, proxéctase unha rede privada, para conectar os fielatos das entradas de Ourense, por parte do arrendatario do servizo de consumos. Unha nova referencia chega en novembro de 1892 onde a prensa menciona unha empresa de Madrid como interesada no establecimento do servizo.
Este proxecto volve discutirse en marzo de 1894 na Escola de Artes, facultado ao Sr. Jose Lorenzo Gil para solicitar ao concello unha subvención e comezar a movilizar aos posibles clientes que poidan estar interesados. Están presentes figuras senlleiras coma Marcelo Macías, Benito Fernandez Alonso e Valentín Lamas Carvajal.
En novembre deste ano colócase un teléfono na casa de Concello, presumiblemente conectado á oficina de telégrafos para a recepción i envío de notificación.
Templete na sede da telefonía urbana. 1914. Praza Maior. Postal Thomas
O terceiro intento será en abril de 1895. Desta volta o contratista do alumeado eléctrico en Ourense, o avogado e industrial alaricano Francisco Conde Balvís anuncia que proxecta instalar o servizo telefónico, xusto cando vai estrearse o alumeado eléctrico. Un ano mais tarde, en 1896, fala que o proxecto se levará a cabo se hai 80 abonados dispostos a pagar durante de 10 anos a ritmo de 20 pesetas trimestrais.
O cuarto intento parece ser en outubro de 1901, onde a prensa comenta que existe unha iniciativa de proxecto, sen aportar máis detalles.
Xa a finais de 1904, a prensa recolle que un industrial traballa nun proxecto e que Adolfo Rodríguez Obaya, que era o alcalde naquel momento e pode que o promotor desa iniciativa, presentara o proxecto e memoria no Goberno Civil para ser aprobado pola Dirección de correos e telégrafos do tudense Augusto González Besada. Esto ocorre o 28 de maio de 1905, segundo se publica a subasta na Gaceta de Madrid.
Gaceta de Madrid de 28 de maio de 1905.
Trinta días para presentar as propostas. Dous meses para iniciar os traballos e outros dous meses para súa finalización. De novo non fructifica, a subasta queda deserta.
Sexto intento en decembro de 1906 por parte, nesta volta, da Cámara de Comercio e o seu presidente D. Juan Fuentes, que reclama o apoio do deputado D. Senén Canido para este propósito. A Cámara intenta recabar usuarios interesados mediante boletíns de subscripción, que en setembro de 1907 parecen pasar de 100 segundo La Correspondencia Gallega, pero se limita a 34 no Correo Gallego (dato máis realista), por baixo do umbral de 50 marcado para a publicación da nova subasta pública.
Parece alcanzar o número mínimo en decembro de 1908, cando se anuncia a publicación na Gaceta do anuncio da nova subasta da rede telefónica. O deputado por Trives o Sr. Conde del Moral de Calatrava notifica este feito ao presidente da Cámara. Non está claro se foi declarada deserta o concedida autorización a sociedade Conde Balvís (tras o seu intento de 1895) pero xa con data de outubro de 1909, que parece fracasar novamente.
Gaceta de Madrid de 17 de decembro de 1908
Ao sétimo intento
A prensa recolle novas da publicación dunha nova subasta por parte da Dirección de Correos e Telégrafos en agosto 1911, aínda que non aparece recollido na Gaceta. Este será a sétima iniciativa e a definitiva. Esta subasta basease no proxecto presentado por Antonio Pagoaga, de posible orixe basca, e cun proxecto valorado en 5.000 pesetas. A subasta celébrase o 30 de setembro de 1911, pero non queda constancia do resultado.
Supoñemos que é a definitiva porque en xaneiro de 1913 fálase do concesionario da rede, D. Manuel Corbal Souto, pontevedrés e prestador do servizo de telefonía nesa cidade, que solicita a licencia para comezar as obras. Estas comezan en marzo de 1913, onde se ten constancia da construcción do templete da central e o interese en abrir o servizo ao publico na data do Corpus.
Deben de existir demoras xa que todavía en abril de 1914 está en construcción a rede. O empleado de Corbal en Pontevedra, o Sr. Juan Pérez Araujo, trasládase a Ourense para supervisar o remate das obras e xestionar o servizo. A data de posta en marcha do servizo foi o 21 de abril de 1914, cos primeiros abobados, e a inauguración o 1 de xullo de 1914 (con uns 40 aparatos instalados, incluido o de La Región apenas o día anterior)
Sede da rede telefónica no número 17. Rúa do Instituto número 2, coa Praza Maior. Instituto Geográfico Nacional. ~1910
Inauguración
O diario La Región do 2 de xullo de 1914 recolle datos da inauguración acontecida na véspera ás 18h, onde foran invitados polo concesionario D. Manuel Corbal Souto. O cuadro central esta atendido polas telefonistas D. Marina de la Torre e Amparo González, usando a que califican como a mellor tecnoloxía, a de L.M. Ericsson.
A lista de abonados publicada inclue 39 teléfonos, pero menciona o artigo 41. Os asistentes a inauguración tomaron champán, pastas e cigarros. Seis abonados correspondían ao barrio da Ponte, que formaba parte doutro concello naquel momento.
- Telégrafos
- Compañía Peninsular de Teléfonos (teléfonos interurbano)
- Goberno Civil
- Concello
- Marqués de Leos (casa e notaría)
- Juan Fuentes (casa e banca)
- Francisco de las Cuevas
- Habilitación del Clero
- Manuel Salgado (Ponte Maior)
- Ignacio Tavarés, (Ponte Maior)
- Aurea Moreno (Ponte Maior)
- Viuva de Manuel Aurea (Ponte Maior)
- Valeriano Salve (Ponte Maior)
- Alfonso Abeijón (Ponte Maior)
- Seoane i Eire
- Hotel Miño
- Felipe Santiago
- Hotel Roma
- Francisco Villanueva e Compañía
- Vicente Román e Compañia
- A. Cheriguian
- Farmacia Fábrega
- Román y Saco
- Ildefonso Meruéndano
- Hijos de Simeón García e Compañía
- La Popular
- Pedro García del Villar
- Pedro Romero e Irmáns (banca, comercio e casa)
- Daniel Romero
- Laboratorio X
- Francisco José Rionegro
- Pinal Yebra i Aperribay
- La Región
- Chalet "Losada"
- Antonio Saco
Para saber máis:
- Faro de Vigo. 12 de abril de 1889; 19 de novembro de 1892
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 147 de 2 de xullo de 1892; Núm 54 de 10 de marzo de 1894; Num. 259 de 29 de novembro de 1894; Núm. 66 e 67 de 21 e 22 de marzo de 1896; Núm . 144 de 27 de xuño de 1897: Núm 231 de 12 de outubro de 1901; Núm 259 de 15 de novembro de 1907
- La Voz de Galicia 5 de xullo de 1892; 10 de Marzo de 1894; 12 de outubro de 1901
- El lucense. Núm. 3411. 24 de marzo de 1896
- El Diario de Pontevedra. Núm 3555. 14 de decembro de 1904; Núm 6798 de 15 de decembro de 1906; Núm 8199 de 12 de setembro de 1911; Núm 8627 de 6 de febreiro de 1913; Núm 8989 de 21 de abril de 1914
- La Correspondencia Gallega. Núm. 4478 de 9 de xaneiro de 1905; Núm. 4596 de 2 de xuño de 1905; Núm. 5282 de 19 de setembro de 1907; Núm 6909 de 14 de marzo de 1913
- El Correo Gallego. Núm 9001. 11 de xaneiro de 1905; Núm 9872 de 29 de outurbo de 1907
- Gaceta de Madrid. 28 de maio de 1905
- La Idea Moderna. Núm 5387 de 17 de decembro de 1908; Nñum 7037 de 15 de abril de 1914; Núm. 7074 de 30 de maio de 1914
- Diario de Galicia. Núm 17 de 19 de decembro de 1908; Núm 834 de 12 de setembro de 1911
- El Correo de Galicia. 25 de agosto de 1911; 11 de setembro de 1911; 18 de xaneiro de 1913; 8 de marzo de 1913;
- El Eco de Galicia. Núm 1554 de 13 de setembro de 1911
- La Región. Núm 941 de 19 de marzo de 1913; Núm 1253 de 28 de marzo de 1914; Núm. 1325 de 26 de xuño de 1914; Núm. 1328 de 30 de xuño de 1914; Núm 1330 de 2 de xullo de 1914;
- El Progreso. Núm 902 de 10 de xaneeiro de 1913; Num 1318 de 12 de abril de 1914; Núm 1379 de 3 de xullo 1914
- La libertad. Núm. 445 de 23 de abril de 1914
- La Voz de la Verdad. Núm 1173 de 30 de xullo de 1914; Núm 1177 de 4 de xullo de 1914
- El Noroeste: Núm 3613 de 10 de xaneiro de 1905; Núm. 4764 de 4 de outubro de 1908; Núm. 4828 de 18 de decembro de 1908; Núm. 6734 de 16 de febreiro de 1914
- El Eco de Santiago. Núm. 3566 de 18 de setembro de 1907
Tarefas pendentes:
- Revisar o libro de actas do Concello de Ourense