domingo, 30 de xuño de 2024

O pontevedrés Bernardo Sagasta como director de Correos e Telegrafos (1910 - 1913)

Bernardo Mateo Sagasta Echevarría  (Pontevedra 1866, Madrid 1937) foi un político liberal i enxeñeiro agrónomo, director de Correos e Telégrafos no periodo 1910 - 1913 que serviron para introducir modificacións de calado neste servizos.


Foto publicada en Ilustración gallega  revista de literatura, ciencias, artes y salones Ano III Número 35 - 20 de abril de 1913


Bernardo toma posesión como director de Correos e Telégrafos o 10 de febreiro de 1910. A primeiras decisiósn relavante que tomaría sería o aprazamento dos exames que se ían a realizar en maio dese ano debido a unha convocatoria electoral, así como a suspensión de emprego e soldo dun oficial involucrado nun delito de malversación de caudais públicos en Viella (Lleida).

Gaceta de Madrid de 11 de febreiro de 1910


Estas oposicións son das primeiras que ofrecen a posibilidade de que mulleres poidan optar ao posto de auxiliares de terceira clase. A Gaceta de Madrid publica o 24 de agosto a listaxe de aprobadas, que inclue algunhas destinadas a Galicia:
  • Dolores García Vinuesa Arquedas (A Coruña)
  • Filomena Menoyo Zuazquita (Vigo)
  • Dolores Campoy Marichalar (A Coruña)
  • Encarnación Calvente Fernández (Ferrol)
  • Julia Castrillo Cueto (Santiago de Compostela)
Sería a primeira vez que mulleres do corpo teñen mobilidade (e, tras as mestras, o segundo corpo en permitir esta posibilidade), puidendo ser asignada prazas en toda España, o cal causaría tamén un certo número de renuncias. 

O carácter crítico das comunicacións tras a conexión telefónica con Francia, ampara a conversión do corpo de celadores e capateces responsable do mantemento de liñas en gardas xurados, de tal xeito que poidan deter a individuos que ataquen as infraestructuras. 

No eido de correo introduciu o servizo de xiro postal, que permitía o envío de diñeiro (de unha a cen pesetas), aínda vixente na actualidad, así como a "tarxeta de identidade", precursor do Documento Nacional de Identidade, que permitía identificarse en oficinas para recoller cartas no caso de persoas transeuntes (descoñecidas na oficina de destino).

Tamén ten responsabilidade sobre a aprobación de investimento nas extensións da rede telegráfica e na creación das redes de telefonía local. No caso de Galicia participou polo menos en:
  • Levar o telégrafo a Pontecesures
  • Fío telegráfico directo entre Pontevedra e Madrid
  • Sede de Correos e Telégrafos en Pontevedra
  • Preparar os plans de telefonía interurbana de Galicia (tras abandoar o posto sería invitado a inauguración da rede interurbana de Pontevedra)
  • Levar o telégrafo o Balneario de Cuntis
  • entre outros. 

Bernardo dimitiría dese posto o 3 de xullo de 1913. 

Gaceta de Madrid de 5 de xullo de 1913




Para saber máis:
  • Gaceta de Madrid de 11 de febreiro de 1910, 24 de agosto de 1910, 13 de decembro de 1910, 5 de xullo de 1913
  • El eco de Galicia : diario católico é independiente: Num. 1069 (25/02/1910)
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (02/03/1910); Num. s.n. (29/07/1911)
  • La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XXII Número 6036 - 8 abril 1910;  Ano XXII Número 6046 - 20 abril 1910
  • La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano I Número 57 - 22 abril 1910
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXVII Número 7934 - 19 de outubro de 1910
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 252 (20/10/1911)


luns, 24 de xuño de 2024

A incomunicación do faro de Lobeira (1912)

 O faro da Illa Lobeira conta en 1912 con dous torreiros e seis habitantes. Localizado a 3 quilómetros da liña de costa e 4 do faro de Cabo de Cee en Corcubión. O intenso temporal desde finais de xaneiro imposibilita que o barqueiro responsable de achegarlles víveres poida desembarcar na illa, que conta cun acceso difícil. Os torreiros (Constantino Lamas Trillo, 30 anos de Corcubión, e Miguel Gallego Sánchez, 25 anos de Murcia), non contan cunha barca para poder sair. 




Tras vintedous días incomunicados, desde o monte Pindo e o faro de Cee observan a persoas facendo sinais con panos brancos. Adicionalmente, colgan unha saba da parte alta do faro. Na illa non hai telégrafo eléctrico, nin radiotelegrafía Marconi, nin sequera un mastro para poder facer sinais con bandeiras, polo que se especula co que quere dicir os torreiros da illa coas súas sinais. 

O 2 de febreiro lanzan unha caixa de madeira ao mar, que puido ser recollida por mariñeiro na costa, cunha mensaxe pedindo axuda e víveres. Isto causa sensación na vila de Corcubión, terra natal dos torreiros, que tras confirmar o barqueiro a imposibilidade de levarlles comida en moito tempo, telegrafan pedindo axuda. O Enxeñeiro Xefe de Obras Públicas, D. Lopez Miño, desprázase desde Coruña a Corcubión.

Deben ter esgotadas as reservas de bolachas e galiñas coa que contaban días antes. Poren, contan cun alxibe para recoller a auga da chuvia, polo que iso non debería ser un problema. Pasados 34 días logran mediante cordas o envío de víveres, tras achegarse unha lancha con seis mariñeiros.

O suceso ten trascendencia na prensa xeral e chega ao Daily Mirror inglés, que manda a un xornalista para recoller este evento nunha reportaxe.


A fama internacional roubada

Mr. Muirhead e xornalista do Daily Mirror que envían a Vigo, para visitar os torreiros de Lobeira e publicar unha reportaxe no xornal. De Vigo viaxa a Corcubión e coller un bote ata a illa, para obter fotografías dos torreiros, que pasarían a ter fama internacional. 


Porém saíndo do porto no barco alugado Felisa, descubren un barco noruego, o Salerno, varado na illa Lobeira Chica. O rescate da tripulación deste buque ten carácter de heróico, captando todas as imaxes publicadas e testemuños, deixando no case anonimato aos torreiros. A participación no rescate serviulle a Mr. Muirhead para obter o recoñecimento do reis de Noruega.


Crónica publicada o 24 de febreiro de 1912 no Daily Mirror

Muirhead chegou a illa Lobeira Grande para a entrevista pero logo non sería quen de sair ata o día seguinte, froito do mal tempo. 





Crónica de Muirhead:

O venres pola mañá fixen a miña atención na xente desafortunada do Gran Faro de Lobeira.

Despois de varios intentos emocionantes, conseguín saltar dun pequeno barco a un penedo e conseguir un punto de pé. O Felisa non puido achegarse a medio quilómetro do faro.

Pero, unha vez na rocha, foi igual de difícil baixar de novo. E despois de entregarlle o stock de víveres ao faro e á súa familia e axudante -e o seu agradecemento foi case tan grande como o da tripulación dos náufragos- vinme obrigado a pasar alí todo o día, xa que era imposible volver. de novo na fráxil embarcación, o mar non tendo un ardor mariently en poucos minutos.

 Foi a noite antes de que me rescatasen. Despois procedín o máis rápido que puiden dende Corcubión ata Vigo, onde cheguei sobre as catro do sábado.

Os meus problemas pasaron máis no naufraxio do que eu tiña previsto, e así quedou sen un centavo.

Non puiden recaudar cartos na cidade nin enviar un cable á oficina para obter máis, non tendo o suficiente para pagar un cablegrama. Unha visita ao consulado británico resultou inútil, polo que só puiden conseguir o diñeiro necesario para enviar un telegrama de noticias ao Daily Mirror vendendo o billete de regreso do meu  vapor.

 







Para saber máis:

  • El regional : diario de Lugo: Num. 9421 (13/02/1912); Num. 9422 (14/02/1912); Num. 9423 (15/02/1912)
  • El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 3367 (13/02/1912)
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1455 - 1912 febreiro 13
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (14/02/1912)
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 35 (14/02/1912); Num. 37 (16/02/1912)
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIX Número 8329 - 14 de febreiro de 1912;  Ano XXIX Número 8330 - 15 de febreiro de 1912;  Ano XXIX Número 8332 - 17 de febreiro de 1912
  • Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXVII Número 11127 - 14 de febreiro de 1912
  • Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general: Num. 961 (15/02/1912)
  • La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano III Número 610 - 15 de febreiro de 1912; Ano III Número 613 - 18 de febreiro de 1912
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1457 - 15 de febreiro de 1912
  • Daily Mirror. 24 e 28 de febreiro de 1912.

xoves, 20 de xuño de 2024

A discusión de dous telegrafistas en Lugo (1892)

A maior discusión entre telegrafistas en Galicia ocorreu entre Gumersindo Villegas Ortega, que logo sería director da revista Electrón e La Energía Eléctrica, e Emilio Novoa de la Vega, telegrafista desde 1869, con diferentes postos de relevancia e pai do Emilio Novoa González, considerado o primeiro enxeñeiro de telecomunicación de España e figura senlleira da historia tecnolóxica de España.

Emilio Novoa. Publicado en El Telégrafo Español. 15-28 de febreiro de 1923.


A rivalidade da prensa local lucense serviu de base para xerar unha confrontación entre eles. Emilio Novoa publica un artigo titulado "Algo sobre pararraios" o 17 de xullo de 1892 en El Regional, na que apostar por revisar as instalacións e aumentar o número de pararraios na cidade de Lugo. Meses antes ocorrera a catástrofe de Melias (no concello de Coles) onde un raio caeu na igrexa matando a dez persoas.  Este comentario é identificado por Gumersindo como unha crítica directa, xa que debe estar relacionado coas instalación de pararraios existentes en Lugo (na cárcere, concello, catedral e na cada do arquitecto Cobreros), polo que contesta no xornal El Lucense tres días más tarde. 

Emilio contesta o 22 indicando que aposta por dotar a maior parte de edificios de pararraios, non só aos altos e aproveita para criticar a calidade das instalacións da cárcere (non unida aos canalóns), do concello (que non é de puntas múltiples, como era costume na época) e da cárcere (que non conecta as coroas das figuras). Gumersindo replica cuestionando a importancia de contar con pararraios de puntas múltiples ou ter que conectar todas as partes metálicas.

Emilio replicao 28 de xullo de 1892, novamente usando as páxinas de El Regional, mencionando a reputados físicos ou a Academia das Ciencias de París. Gumersindo pasa á replica noutro xornal, La Idea Moderna, que non está conservado na hemeroteca, que titula "Pido a palabra". Parece, nunha contestación de El Regional, que Gumersindo non recoñece a súa autoría dos artigos de El Lucense (que non estaban asinados). Emilio responde nun artigo chamo "Para terminar":

Resposta de Emilio Novoa. El Regional de 31 de xullo de 1892

Cun extensa réplica de Gumersindo, que acaba por recoñecer a autoría orixinal en El Lucense, pero sen ceder no seu plantexamento:

Resposta de Gumersindo Villegas. El Lucense de 1 de agosto de 1892

O 6 de agosto publica Gumersindo un artigo chamado "Ratificación e Rectificación" en La Idea Moderna, que non está dispoñible na hemeroteca, pero que atopa unha última resposta por parte de Emilio na que se menciona incluso o catálogo de Ildefonso Sierra. 

Pararraios de puntas múltiples do catálogo de Ildefonso Sierra de 1893.



Para saber máis: 
  •  El regional  diario de Lugo Num. 2954 (19/07/1892); Num. 2957 (22/07/1892); Num. 2962 (28/07/1892); Num. 2964 (30/07/1892); Num. 2965 (31/07/1892); Num. 2967 (02/08/1892); Num. 2970 (05/08/1892); Num. 2972 (07/08/1892); Num. 2977 (12/08/1892)
  • El lucense  diario católico de la tarde Num. 2324 (20/07/1892); Num. 2327 (23/07/1892); Num. 2333 (01/08/1892)
  • El eco de Galicia  periódico político Num. 1873 (11/08/1892)






 




sábado, 15 de xuño de 2024

O intento de traslado de Coruña a Lugo da dirección rexional (1891)

Tras unha primeira proposta en outubro de 1887, o 10 de xuño de 1891 aparece publicada a nova do posible traslado do centro telegráfico rexional de Galicia da cidade da Coruña a Lugo, por considerarse naquel momento o punto de entrada da rede e permitir unha melloría loxística das comunicacións. Desátase unha campaña lobbista por parte dos estamentos coruñeses para evitar esta situación, que resoltou exitosa. 

O director xeral de Correos e Telégrafos, D. Javier Los Arcos, deseña unha serie de trocos na rede estatal, que se traducen, no caso galego, neste traslado para xerar eficiencias. Un centro telegráfico, según o regulamento do corpo, sería  a estación responsable de recibir e distribuir as mensaxes ao resto de estación telegráficas localizadas nunha área xeográfica, así como a inspección das avarías, xestión de expedientes, etc. 

El lucense, El Regional, La Voz de Galicia ou El Telegrama inicían unha guerra para promover o centro na súa cidade, adoptando posturas hiperlocalistas no caso coruñés:

"A reforma parece non ter máis sentido que lastimar os intereses dunha capital importante" 

"Sempre os da Coruña pensando que son só eles no mundo"

"Non todo debe ser para A Coruña, querida Voz" 

"Estamos afeitos a que a Coruña tome a mellor parte" 

Croquis do oficial Villegas publicado en El regional  diario de Lugo Num. 2571 (24/06/1891) 
 

   

En paralelo, o Concello de Coruña, a Cámara de Comercio e os deputados por Coruña (Fernández Latorre, Linares Rivas) nas Cortes inician unha campaña política rápida, para parar o traslado marcado para o 1 de xullo.  A prensa de Madrid e do resto de Galicia parece atender as razóns técnicas máis que as loitas locais e toma partido preferente polo traslado a Lugo. 

 

 El telegrama  diario de la tarde, imparcial de noticias Ano XVIII Número 5131 - 17 de xuño de 1891

A presión surte efecto e poucos días máis tarde o ministro de Gobernación, D. Francisco Silvela, revoca o traslado, que causa certo pesar en Lugo e queixas de actitudes caciquís. Porén, algún subdirectores de Coruña son trasladados a Lugo e crea unha incertidume temporal en Coruña. Así en outubro dese ano, aparece Lugo como sede do inspector dos centros de A Coruña e Valladolid, aínda que con carácter temporal por tres meses, que invita a prensa local de Lugo a reabrir o debate, pero que tería pouco recorrido


O debate na revista El telegrafista español

En paralelo a prensa xeralista, El Telégrafo Español publica en xuño e xullo artigos contra o traslado e a favor do mesmo.

No 27 de xullo, o oficial basado en Lugo, D. Gumersindo Villegas publica unha réplica na que explica a conveniencia de Lugo. Actualmente o centro de Coruña dispón de:

  • Directo a Madrid (no 88), con traslado constante en Valladolid e finalmente en Astorga, que utiliza con máis frecuencia do desexado
  • Directo a Valladolid e Salamanca (no 182), con traslados a Astorga e Benavente.
  • Directo a Xixón e Santander (no 162), con traslado a Ribadeo.
  • Directo a Xixón e Santander (no 130) pola costa, con traslado a Ribadeo, en condicións de condución medias.
  • Directo a Vigo (no 133), nas mesmas condicións que o anterior.
  • Escalado (no 218), que só adoita traballar con Lugo,
  • Escalonado (no 215) a Santiago e Pontevedra, que requiren os limitados porque Coruña non pode facelo sen prexuízos graves no servizo.
  • Escalado, costa (no 216), onde se atopan Betanzos, Pontevedra, Ferrol, Ortigueira e Viveiro, cuxo servizo se atrasa constantemente,
  • O ramal a Carballo.
  • Tamén ten comunicación con Ourense, pero a través de Lugo e Monforte.

Salvo o ramal de Carballo, que podería continuar ata Corcubión para poñer o Centro en comunicación directa con Muros, Noia, Fisterra e Puerto Son, Coruña non ten ningún punto polo que estender as súas comunicacións telegráficas, que sempre se reducirán a aquelas. actualmente dispoñible.

A proposta para Lugo, publicado nun esquema en El Regional, sería

  • Directo a Madrid (no 88) sen necesidade de traslado en Astorga, efecto da menor distancia.
  • Directo a Valladolid e Salamanca (no 132), tamén sen traslado en Astorga.
  • Directo a León (número, 160), e por dito punto comunicación con Oviedo, Palencia e Valladolid, e en caso de necesidade con Madrid.
  • Directo a Xixón e Santander (no 162) por Ribadeo, para o que só hai que seguir un ramal de 15 quilómetros entre Rabade e Lugo.
  • Directo a Orense (no 244), que comunicará con Vigo, e se é necesario con Valladolid e Madrid.
  • Directo a Coruña (no 88), de súpeto con Lugo o servizo de demanda alternarase por Madrid
  • Directamente a Santiago e Pontevedra (no 182 conectado en Coruña ao 116), única comunicación que terá polo momento, a través dese centro.
  • Escalonado (no 218 conectado en Betanzos ao no 216) para operar con Pontedeume, Ferrol, Ortigueira e Viveiro,
  • Escalonado ata Ribadeo, (no 244), para operar con Vilalba e Mondoñedo.
  • Escalonado ata Astorga (no 218), para funcionar coas súas estacións intermedias.
  • Escalonado en Orense (no 604), para operar con Monforte e a súa conexión, e
  • Rama a Becerrea.

Tamén se pode conseguir unha nova vía directa á Coruña, continuando (en lugar de desmontala), a 162 dende aquela ata Rábade, ata Lugo.

Ademais, Lugo pode ampliar as súas comunicacións tal e como se indica en El Regional, enlazando o proxectado ramal de Arzúa coa liña xeral en Certis, o ramal de Lalín co ramal de Chantada, e o ramal da Fonsagrada co ramal de Grandas de Salime; que conseguiría comunicacións directas con Santiago, Pontevedra e Oviedo respectivamente, o que aumentaría o número que disporá o novo Centro de Lugo.

Confirma así a idoneidade técnica da proposta.


Para saber máis: 

  • El eco de Galicia  periódico político Num. 1524 (10/06/1891); Num. 1530 (17/06/1891); Num. 1533 (20/06/1891); Num. 1539 (30/06/1891); Num. 1651 (12/11/1891)
  • El telegrama  diario de la tarde, imparcial de noticias Ano XVIII Número 5126 - 11 de xuño de 1891; Ano XVIII Número 5130 - 16 de xuño de 1891; Ano XVIII Número 5131 - 17 de xuño de 1891
  • El lucense  diario católico de la tarde Num. 898 (12/10/1887); Num. 1996 (13/06/1891);  Num. 1998 (16/06/1891);  Num. 2001 (19/06/1891); Num. 2002 (20/06/1891); Num. 2004 (23/06/1891); Num. 2005 (25/06/1891);  Num. 2008 (30/06/1891); Num. 2010 (02/07/1891); Num. 2012 (04/07/1891)
  • El regional diario de Lugo Num. 2560 (13/06/1891); Num. 2564 (17/06/1891); Num. 2565 (18/06/1891); Num. 2566 (19/06/1891); Num. 2567 (20/06/1891); Num. 2569 (22/06/1891); Num. 2570 (23/06/1891), Num. 2571 (24/06/1891); Num. 2573 (26/06/1891); Num. 2575 (28/06/1891); Num. 2579 (03/07/1891); Num. 2584 (09/07/1891); Num. 2586 (11/07/1891); Num. 2587 (12/07/1891); Num. 2593 (18/07/1891); Num. 2699 (30/10/1891); Num. 2707 (07/11/1891);  Num. 2715 (15/11/1891)
  • Gaceta de Galicia / Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela/ Num. 132 (17/06/1891) 
  • Diario de avisos de La Coruña/ Ano XX Número 10128 - 18 de xuño de 1891
  • El telégrafo español de 27 de xullo de 1891

luns, 10 de xuño de 2024

Mastros de sinais na costa: os casos de Baiona e Coruña

Ademáis da rede oficial de semáforos, xa comentada aquí:

https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/11/os-semaforos-maritimos-1875-1884.html

existiron outros elementos de comunicación cos barcos, aínda que en ocasións sería unidireccionais. Comentamos nesta publicación os dous máis relevantes mencionados en publicacións


O cruceiro da Santísima Trindade de Baiona

O libro de "Bayona antigua y moderna" (1902) recolle a memoria oral do uso do cruceiro como lugar de misas na época de pestes, permitindo colgar bandeiras para comunicación con barcos. Este cruceiro  de século XVI está situado na antiga estrada a Vigo, sobre unha penas, e cunha vista naquel momento sobre toda a baía de Baiona, que permitía, cun código de bandeiras, ter comunicación cos barcos. 

libro de "Bayona antigua y moderna", pax. 211 (1902)


Pavillón Oceanográfico da Coruña

O muro que separa a sede da subdelegación de defensa do aparcamento da delegación do Goberno, tiña un pavillón oceanográfico na primeira metade do século XX. En 1906 créase a “Sociedad de Oceanografía del Golfo de Gascuña Real Sub-Comité de La Coruña”, seguindo un referente de Burdeos (que fixeran unha primeira visita científica a Coruña en 1904), para o estudo do estado da mar. Por exemplo, botaban flotadores para analizar as correntes.

En 1909 comezan as obras do pavillón, baixo a presidencia do sub-comite por parte de Ettienne Bertrand,  (tendo a autorización da Gaceta de Madrid de 19 de xuño dese ano), que sería finalmente inaugurado en 1911.

Extracto de postal da época, onde vese o mastro indicador. Sen datar.


Sería utilizado tamén como observatorio meteorolóxico ata 1930. Perdida esta funcionalidade, o Concello solicita o derrube en 1938, pero non sería aceptado polo porto ata o traslado do msstro de sináis ao peirao da Mariña. 

Localización do pavillón da sociedade ocenográfica no punto #31. Mapa de 1917.


O mastro sería utilizado para información as barcos sobre o estado da mar e as posibilidades de utilizar o porto, tanto cun nídogo de sináis para o día coma a noite, neste caso baseado en faróis. 


Código de sinais tanto de día como de noite. Publicado na Geografía de Galicia de Carreras i Candi. 1928



Para saber máis:

  • El Miño : diario liberal: Ano IX Número 2159 - 2 de febreiro de 1906
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIII Número 6589 - 5 de abril de 1906
  • Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXII Número 5656 - 5 de abril de 1906
  • La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XVIII Número 4947 - 4 agosto 1906; Ano XVIII Número 4984 - 19 setembro 1906; Ano XVIII Número 5008 - 17 outubro 1906; Ano XXI Número 5682 - 23 xaneiro 1909; Ano XXI Número 5696 - 10 febreiro 1909
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (18/09/1906); Num. s.n. (21/06/1909)
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 273 - 26 novembro 1908
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano III Número 556 - 19 de  xaneiro de 1909
  • El eco de Galicia : diario católico é independiente: Num. 729 (21/01/1909); Num. 750 (14/02/1909); Num. 753 (18/02/1909); Num. 839 (01/06/1909); Num. 888 (28/07/1909); Num. 911 (24/08/1909)
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 31 (09/02/1909); Num. 33 (11/02/1909)
  • Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general: Num. 106 (06/04/1909); Num. 170 (22/06/1909); Num. 191 (18/07/1909)
  • El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXXII Número 10455 - 14 de xullo de 1909


mércores, 5 de xuño de 2024

O proxecto de rede óptica militar de Galicia (1904-1908)

 A Gaceta de Madrid do 14 de febreiro de 1908 recoñece o traballo dos militares que traballaron no anteproxecto e proxecto definitivo de rede óptica en Galicia. 


Excmo. Señor: Á vista da proposta de recompensa formulada a favor do persoal do Corpo de Enxeñeiros que participou no estudo da rede óptica militar de Galicia;

O Rei (Q. D. G.), de conformidade co informe emitido pola Inspección Xeral de Establecementos de Formación e Industria Militar que se insire a continuación, considerou oportuno conceder, mediante resolución do pasado 23 de xaneiro, aos Oficiais que están incluídos no seguinte número 1, os premios que nel se sinalan, aos tres primeiros polos traballos realizados e estudo presentado na rede indicada, e aos catro últimos como autores do correspondente anteproxecto, segundo se recolle, respectivamente, no artigo 23, en relación ao suposto 11 de 19, e ao artigo 16 do vixente Regulamento de recompensas en tempo de paz.

Así mesmo, a Súa Maxestade considerou oportuno conceder as clases e particulares das tropas, incluídas na seguinte lista núm. 2, as recompensas que nel se sinalan, pola cooperación prevista no citado estudio, e de conformidade co disposto nos artigos 5 e 6 do Regulamento de recompensas en paz e guerra para as clases de tropas.




Neste número da gaceta menciónase a entrega dun anteproxecto i estudo da rede; así como diferentes informes do corpo de enxeñeiros, relativos a proposta para  rede, recibidos na Inspección xeral dos establecimentos de instrucción e industria militar no 5 de setembro de 1907. 

A realización do anteproxecto foi encargado o 30 de marzo de 1902 ao capitán D. Luis Castañón, auxiliado polos tenentes Kindelán, Carrascosa e Mathé. O documento consta dun informe de 34 páxinas; cartafol de planos que contén o de Galicia, a localización das estacións e os itinerarios; orzamento, que ascende a 2.500 pesetas, e outro cartafol con guías das estacións e instrucións para os Oficiais e Xefes das mesmas.

Tras ese anteproxecto, realizado dende Madrid, en 1904 foron desprazados a Galicia 100 homes, 16 mulos, 6 cabalos e 16 estacións, neste caso mandados polo capitán Francisco Lozano e os tenentes Honorato Manera (a Coruña) e Francisco Del Valle (a Vigo), para traballar no proxecto definitivo.


Publicado en El Miño : diario liberal: Ano VII Número 1636 - 8 de maio de 1904


Publicado en El Globo: 5 de maio de 1904


O resultado foi unha memoria de 493 páxinas divididas en catro apartados, así como uns planos. Traballa con catro supostos, dous defensivos e dous ofensivos, e suxire a instalación de 53 estacións, que se describen en follas aparte (localizacións, abrigos próximos, conexións desde cada unha, horas máis seguras para comunicar, etc). 

A memoria vai acompañada dun plano que representa o avance seguido nas operacións, e un gráfico do número de días claros nunha media de vinte anos; esquema xeral coas comunicacións principais e secundarias; plano, mapa da comarca e itinerario, e os cartafoles correspondentes a cada unha das estacións que conteñen; Un gráfico de guía de planta que abrangue comunicacións, silueta, diagrama circular e de rede.  O traballo durou 92 días, sendo entregado o 15 de febreiro de 1906. 

Proxecto e Anteproxecto están pendentes de ser atopados nos arquivos militares. 

En xuño1906 discútese a posibilidade de extender o traballo a Lugo e Ourense, xa que o proxecto anterior só cubría A Coruña e Pontevedra, a realizar en 1907 por parte do quinto reximento mixto do corpo de enxeñeiros cun orzamento de 2000 pesetas. A hemeroteca menciona a suspensión destes traballos en Agosto de 1907


Para saber máis:

  • Gaceta de Madrid de 14 de febreiro de 1908
  • El Miño : diario liberal: Ano VII Número 1636 - 8 de maio de 1904; Ano IX Número 2255 - 31 de maio de 1906; Año X Número 2594 - 18 de xullo de 1907
  • El regional : diario de Lugo: Num. 7928 (30/05/1906); Num. 8182 (19/07/1907)
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (01/06/1906); Num. s.n. (19/07/1907); Num. s.n. (24/07/1907)
  • La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XVIII Número 4897 - 4 xuño 1906
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 161 (19/07/1907)
  • El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 1918 (19/07/1907
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano I Número 106 - 21 de xullo de 1907
  • El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XII Número 3498 - 19 de xullo de 1907 
  • Faro de Vigo - 18 de xullo de 1907 
  • La Voz de Galicia - 16 de xullo de 1904; 29 de maio de 1906
  • El Noroeste: Año XI Número 4040 - 6 de xuño de 1906
  • El Globo: 5 de maio de 1904

O intento de asasinato en Telegrafos de Lugo (1916)

23 de novembro de 1916. Á noite atopábase só traballando Eugenio Olano Silva, telegrafista lucense, na última hora antes do peche da centra...