luns, 10 de xuño de 2024

Mastros de sinais na costa: os casos de Baiona e Coruña

Ademáis da rede oficial de semáforos, xa comentada aquí:

https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/11/os-semaforos-maritimos-1875-1884.html

existiron outros elementos de comunicación cos barcos, aínda que en ocasións sería unidireccionais. Comentamos nesta publicación os dous máis relevantes mencionados en publicacións


O cruceiro da Santísima Trindade de Baiona

O libro de "Bayona antigua y moderna" (1902) recolle a memoria oral do uso do cruceiro como lugar de misas na época de pestes, permitindo colgar bandeiras para comunicación con barcos. Este cruceiro  de século XVI está situado na antiga estrada a Vigo, sobre unha penas, e cunha vista naquel momento sobre toda a baía de Baiona, que permitía, cun código de bandeiras, ter comunicación cos barcos. 

libro de "Bayona antigua y moderna", pax. 211 (1902)


Pavillón Oceanográfico da Coruña

O muro que separa a sede da subdelegación de defensa do aparcamento da delegación do Goberno, tiña un pavillón oceanográfico na primeira metade do século XX. En 1906 créase a “Sociedad de Oceanografía del Golfo de Gascuña Real Sub-Comité de La Coruña”, seguindo un referente de Burdeos (que fixeran unha primeira visita científica a Coruña en 1904), para o estudo do estado da mar. Por exemplo, botaban flotadores para analizar as correntes.

En 1909 comezan as obras do pavillón, baixo a presidencia do sub-comite por parte de Ettienne Bertrand,  (tendo a autorización da Gaceta de Madrid de 19 de xuño dese ano), que sería finalmente inaugurado en 1911.

Extracto de postal da época, onde vese o mastro indicador. Sen datar.


Sería utilizado tamén como observatorio meteorolóxico ata 1930. Perdida esta funcionalidade, o Concello solicita o derrube en 1938, pero non sería aceptado polo porto ata o traslado do msstro de sináis ao peirao da Mariña. 

Localización do pavillón da sociedade ocenográfica no punto #31. Mapa de 1917.


O mastro sería utilizado para información as barcos sobre o estado da mar e as posibilidades de utilizar o porto, tanto cun nídogo de sináis para o día coma a noite, neste caso baseado en faróis. 


Código de sinais tanto de día como de noite. Publicado na Geografía de Galicia de Carreras i Candi. 1928



Para saber máis:

  • El Miño : diario liberal: Ano IX Número 2159 - 2 de febreiro de 1906
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIII Número 6589 - 5 de abril de 1906
  • Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXII Número 5656 - 5 de abril de 1906
  • La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XVIII Número 4947 - 4 agosto 1906; Ano XVIII Número 4984 - 19 setembro 1906; Ano XVIII Número 5008 - 17 outubro 1906; Ano XXI Número 5682 - 23 xaneiro 1909; Ano XXI Número 5696 - 10 febreiro 1909
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (18/09/1906); Num. s.n. (21/06/1909)
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 273 - 26 novembro 1908
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano III Número 556 - 19 de  xaneiro de 1909
  • El eco de Galicia : diario católico é independiente: Num. 729 (21/01/1909); Num. 750 (14/02/1909); Num. 753 (18/02/1909); Num. 839 (01/06/1909); Num. 888 (28/07/1909); Num. 911 (24/08/1909)
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 31 (09/02/1909); Num. 33 (11/02/1909)
  • Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general: Num. 106 (06/04/1909); Num. 170 (22/06/1909); Num. 191 (18/07/1909)
  • El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXXII Número 10455 - 14 de xullo de 1909


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O receptor de Gonzalo Brañas

Gonzalo Brañas nado na Coruña (1866) foi un físico catedrático dos institutos de Oviedo (conseguida en 1903 cun aparellos receptores de radi...