mércores, 5 de xuño de 2024

O proxecto de rede óptica militar de Galicia (1904-1908)

 A Gaceta de Madrid do 14 de febreiro de 1908 recoñece o traballo dos militares que traballaron no anteproxecto e proxecto definitivo de rede óptica en Galicia. 


Excmo. Señor: Á vista da proposta de recompensa formulada a favor do persoal do Corpo de Enxeñeiros que participou no estudo da rede óptica militar de Galicia;

O Rei (Q. D. G.), de conformidade co informe emitido pola Inspección Xeral de Establecementos de Formación e Industria Militar que se insire a continuación, considerou oportuno conceder, mediante resolución do pasado 23 de xaneiro, aos Oficiais que están incluídos no seguinte número 1, os premios que nel se sinalan, aos tres primeiros polos traballos realizados e estudo presentado na rede indicada, e aos catro últimos como autores do correspondente anteproxecto, segundo se recolle, respectivamente, no artigo 23, en relación ao suposto 11 de 19, e ao artigo 16 do vixente Regulamento de recompensas en tempo de paz.

Así mesmo, a Súa Maxestade considerou oportuno conceder as clases e particulares das tropas, incluídas na seguinte lista núm. 2, as recompensas que nel se sinalan, pola cooperación prevista no citado estudio, e de conformidade co disposto nos artigos 5 e 6 do Regulamento de recompensas en paz e guerra para as clases de tropas.




Neste número da gaceta menciónase a entrega dun anteproxecto i estudo da rede; así como diferentes informes do corpo de enxeñeiros, relativos a proposta para  rede, recibidos na Inspección xeral dos establecimentos de instrucción e industria militar no 5 de setembro de 1907. 

A realización do anteproxecto foi encargado o 30 de marzo de 1902 ao capitán D. Luis Castañón, auxiliado polos tenentes Kindelán, Carrascosa e Mathé. O documento consta dun informe de 34 páxinas; cartafol de planos que contén o de Galicia, a localización das estacións e os itinerarios; orzamento, que ascende a 2.500 pesetas, e outro cartafol con guías das estacións e instrucións para os Oficiais e Xefes das mesmas.

Tras ese anteproxecto, realizado dende Madrid, en 1904 foron desprazados a Galicia 100 homes, 16 mulos, 6 cabalos e 16 estacións, neste caso mandados polo capitán Francisco Lozano e os tenentes Honorato Manera (a Coruña) e Francisco Del Valle (a Vigo), para traballar no proxecto definitivo.


Publicado en El Miño : diario liberal: Ano VII Número 1636 - 8 de maio de 1904


Publicado en El Globo: 5 de maio de 1904


O resultado foi unha memoria de 493 páxinas divididas en catro apartados, así como uns planos. Traballa con catro supostos, dous defensivos e dous ofensivos, e suxire a instalación de 53 estacións, que se describen en follas aparte (localizacións, abrigos próximos, conexións desde cada unha, horas máis seguras para comunicar, etc). 

A memoria vai acompañada dun plano que representa o avance seguido nas operacións, e un gráfico do número de días claros nunha media de vinte anos; esquema xeral coas comunicacións principais e secundarias; plano, mapa da comarca e itinerario, e os cartafoles correspondentes a cada unha das estacións que conteñen; Un gráfico de guía de planta que abrangue comunicacións, silueta, diagrama circular e de rede.  O traballo durou 92 días, sendo entregado o 15 de febreiro de 1906. 

Proxecto e Anteproxecto están pendentes de ser atopados nos arquivos militares. 

En xuño1906 discútese a posibilidade de extender o traballo a Lugo e Ourense, xa que o proxecto anterior só cubría A Coruña e Pontevedra, a realizar en 1907 por parte do quinto reximento mixto do corpo de enxeñeiros cun orzamento de 2000 pesetas. A hemeroteca menciona a suspensión destes traballos en Agosto de 1907


Para saber máis:

  • Gaceta de Madrid de 14 de febreiro de 1908
  • El Miño : diario liberal: Ano VII Número 1636 - 8 de maio de 1904; Ano IX Número 2255 - 31 de maio de 1906; Año X Número 2594 - 18 de xullo de 1907
  • El regional : diario de Lugo: Num. 7928 (30/05/1906); Num. 8182 (19/07/1907)
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (01/06/1906); Num. s.n. (19/07/1907); Num. s.n. (24/07/1907)
  • La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XVIII Número 4897 - 4 xuño 1906
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 161 (19/07/1907)
  • El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 1918 (19/07/1907
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano I Número 106 - 21 de xullo de 1907
  • El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XII Número 3498 - 19 de xullo de 1907 
  • Faro de Vigo - 18 de xullo de 1907 
  • La Voz de Galicia - 16 de xullo de 1904; 29 de maio de 1906
  • El Noroeste: Año XI Número 4040 - 6 de xuño de 1906
  • El Globo: 5 de maio de 1904

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...