Polo menos desde 1886 o balneario de Mondariz contaba con telégrafo conectado a rede do Estado. Nas dúas décadas finais de seculo XIX investirouse en extender a rede a este centros en múltiples provincias do Estado, nas que abría no periodo de actividade do mesmo. Estas infrastructuras en beneficio de institucións privadas, xerou alguns conflitos.
A finais de 1905, tralo peche da tempada de baños, a dirección de Correos e Telégrafos solicita dos balnearios colaboración en dar acubillo aos oficiais que prestan servizo.
Solicitada deste Centro da Dirección Xeral de Correos e Telégrafos a concesión de aloxamento gratuíto nos establecementos balnearios para os empregados do Corpo que deban dar servizo ás estacións telegráficas, esta Inspección Xeral concedeu por acordo.
O Excmo. Interésase coa maior brevidade posible as ordes oportunas para que, canto antes, os propietarios ou arrendatarios dos establecementos de augas minerais da devandita provincia manifesten se están dispostos a conceder aloxamento gratuíto aos funcionarios encargados do Telégrafo. servizo durante as tempadas oficiais remitindome os organismos de resposta para que sirvan de base ás resolucións que sobre a materia dite este Centro ou a Dirección Xeral de Correos e Telégrafos.
Polo que parece, o Balneario de Mondariz non estaba moi disposto. O periódico La Temporada de Mondariz de xuño de 1906 recolle como a estación trasladouse ao pobo de Mondariz, a escasos dous quilómetros. Para enviar telegramas é preciso ir ata esa vila, mentres que os ordeanzas cobran 0,50 pesetas por levar os despachos recobidos ata o balneario.
La Temporada de 1 de xullo recolle as queixas do balneario sobre unha situación que consideran inxusta, xa que falan de que o balneario é un dos principais de España, con moitos visitantes, negociacións mercantís, etc. Indica que o pobo de Mondariz non xenera máis de dez ou doce despachos ao trimestre, mentres que o balneario demanda millares. Os visitantes ten que ir ao pobo por unha estrada sen sombra.
O balneario confirma a negativa a acoller os dous telegrafistas e un ordeanza que demandaba a dirección xeral. Indican que xa o fan coa Guarda Civil e un funcionario de Correos, polo que consideran esta demanda inxusta, mais tendo en conta que hai demanda por parte dos funcionarios en cubrir as prazas desa estación.
O servizo volvería reabrir no Balneario o 1 de xuño de 1908.
Para saber máis:
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 2000 (05/08/1886)
- Boletín Oficial de la provincia de Orense Año 1905 Número 251 - 14 de novembro de 1905
- La temporada en Mondariz: Ano XVIII Número 3 - 17 de xuño de 1906; Ano XVIII Número 4 - 24 de xuño de 1906; Ano XVIII Número 5 - 1 de xullo de 1906; Ano XX Número 2 - 7 xuño 1908
Ningún comentario:
Publicar un comentario