Xa están os postes pendentes de instalar, polo que o 17 de Marzo de 1914 os representantes da Compañía Peninsular estiveron visitando a cidade para planificar os traballos de conexión a Lugo e a selección do local. A Cámara de Comercio reclámalles por cara que aceleren os traballos, obtendo resposta do director xerente de que está prevista a inauguración en xullo de 1914. D. Félix López Betuerto solicita autorización á alcaldia para utilizar o local da rúa Juana de Vega nº 18-20. A data prevista sería o 31 de agosto, que sería finalmente adiada ás sete da tarde do 3 de setembro de 1914 baixo a tutela do xefe técnico José Ruiz Medina. Asumiría a dirección da rede D. Juan J Caimary Serra, contando con Juan Montenegro como oficial. Anunciase os prezos de 0,5 pesetas con Betanzos, 0,75 con Santiago e Ferrol e 1,25 pesetas con Vigo, Pontevedra, Lugo; Monforte, Vilagarcía e Ourense, todas por 3 minutos. Bancos en decembro de 1918 solciitarían, via Camara de Comercio, unha redución das cota