Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Plan de telefonía provincial en Pontevedra (1917-1922)

 O 15 de outubro de 1917, na sesión da Deputación de Pontevedra, o deputado Prudencio Landín presenta unha moción para facer unha rede de telefonía provincial, ao abeiro do Real Decreto de 30 de xuño de 1914 e o proxecto de telefonía nacional de Francos, para poñer en comunicación rápida todos os concellos e aldeas importantes da provincia de Pontevedra.  Prudencio Landín. Vida Gallega. 1917 O vello sistema de carterías e peóns fai que sexan necesarios ata cinco días para trasladar comunicacións, fora de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, que estaban conectadas á rede interurbana, a algúns lugares puntuais cubertos polo telégrafo. Puña de exemplo as redes das deputacións de Guipúscoa, Biscaia e Ciudad Real, así como a mancomunidade catalana.  Fai mención o proxecto de director de Correos e Telégrafos, D. Jose Francos Rodríguez, que presentara unha proposta para Pontevedra de contar con centráis en Pontevedra Vigo Caldas de Reis, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Tui,

O atentado cun cable telefónico en Pontevedra (1920)

16 de outubro de 1920 D. Valentín Muiños era un comerciante de Pontevedra que contaba cunha tenda de ultramarinos na praza de abastos de Valentín García, a carón da ponte do Burgo.      Anuncio publicado en El Progreso : semanario independiente: Ano I Número 1 - 6 de outubro de 1907 Tenda de Valentín Muiños na guía telefónica da Compañía Peninsular de 1916  Non sería na súa tenda, senón na súa casa onde se cometería o atentado. O sábado á noite, cando regresaba á súa casa na rúa de Borrón (hoxe nas proximidades da rúa Serra), diante da fábrica de curtidos de Echeverría,  alguén atou un cable telefónico á aldraba (chamador da porta) que estaba conectado as cables de electricidade de alta tensión que pasaban por esa zona.  Ao volver coa súa familia desde o almacén, sobre as dez de noite, a súa empregada doméstica tocou o chamador para abrir a porta e recibiu tal descarga que foi despedida a varios metros de distancia. Despois, o Sr Muiños, que descoñecía a causa do suceso que lle acontec

1920: incremento de tarifas e queixas dos usuarios

A folga de telégrafos e teléfonos do 1919, tanto dos funcionarios coma dos traballadores da Compañía Peninsular de Teléfonos; así como o custe dos materiais (motivado pola guerra), as peticións das auxiliares femeninas e a presión das compañías, levaron ao goberno a decretar un aumento das tarifas dun 25% (real orde de 30 de xuño de 1920) Inicio da Real Orde publicada na Gaceta de Madrid num 184 de 1920 de 2 de xullo As queixas en Ourense O caso máis salientable sería en Ourense, onde un grupo crítico (liderado por Francisco José Rionegro) co concesionario de teléfonos, que aplicara unha tasa de xeito irregular un ano antes, vería nesta nova suba o ingrediente necesario para crear un conflito de certo calado.  O conflito dos timbres en Ourense (1919): https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/03/o-conflito-dos-timbres-no-urbano-de.html A comisión de abonados visita os xornais da cidade, quedando constancia nas crónicas de La Región, onde trasladan o seu malestar co concesionario por n

O choque dun globo aerostático co cable telefónico (1895)

 22 de xullo de 1895, na praza de touros de A Coruña. Actúa a compañía de circo de Deu Totti, que percorría España durante esa década con espectáculos de acróbatas e similares, sempre en prazas de touros, que semella un bo lugar para controlar os accesos e asegurar que todos o público paga polo espectátulo.  Neses anos sería o principal reclamo o globo "Ville de Lyon", que se deixaba para o final e permitía garantir que as persoas abandonaban a praza, xa que intentaban seguir a ruta do globo por cada cidade. 200 espectadores suxeitaban con cordas o globo antes de ascender, mentres un forno quentaba o ar do globo no centro da pista.  Os capitáns Faure e Guillaume non usaba cesta ou barquiña, como bo acróbata subía directamente sobre un trapecio suspendido boca abaixo pola parte traseira dos xeonllos. Isto xeraba algúns incidentes, xa que en ocasións tiña que tirarse cun paracaídas, outras acababa no mar, etc. A compañía recompensaba á embarcación que salvara o piloto e o globo

Os primeiros anos do teléfono en Ferrol (1909 - 1921)

Tras a implantación do teléfono en Ferrol, recollido nesta publicación: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/ferrol-construcion-da-rede-urbana-1897.html sucedéronse unha serie de proxectos e sucesos adicionais na rede que exploramos nesta nova. A extensión da rede a Xubia (1909) Xubia é parte do concello de Narón, ao final da ría.  O concesionario da rede, D. Manuel Fernández, decide estender a rede urbana ata Xubia, xa que era unha zona de estadías de verán para algúns dos abonados do servizo, como ocorrera coa subestación do Burgo na rede urbana de Coruña uns anos antes.  En xuño de 1909 aparecen mencións na prensa sobre a instalación de postes ata alí, para o tendido da liña, que van pola estrada nacional. Os novos abonados, nun primeiro momento, falarán coa central telefónica auxiliar que se instala na portería da fábrica tecidos de Barcón e compañía (hoxe sede de Galicia Textil, ao carón mesmo da ponte do Xubia), que non contará con locutorio (só se utilizaba para o servi

As primeiras perruquerías con teléfono

Existen tres casos identificados na década de 1910 que deben tratarse das primeiras perruquerías en Galicia que contaban con teléfono para xestionar as reservas. A primeira en Vigo, que adoptaría o teléfono entre 1913 e 1916, e dous en Lugo, coincidindo coa chegada do teléfono a Lugo en 1917. Na Guía teléfonica da Compañía Peninsular de 1916, que incluían os abonados da telefonía urbana das principais cidades (agás Lugo, que Aínsa non contaba co servizo). Incluía tamén o teléfono de comercios, no que só aparece unha perruquería, a de Rivas, en Vigo. Cara 1912 móvese a Velázquez Moreno, onde contaría cun teléfono, (estaría a escasos metros da central) aínda que non se menciona o número nas escasas aparicións de publicidade na prensa Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXVII  11228 - 18 de xuño de 1912 Fotografía de 1912 nunha entreplanta na Porta do Sol, antes de mudarse a Velázquez Moreno. Cumpre salientar que tería certa sona, xa que tiña unha sucursal no balnea