O 15 de outubro de 1917, na sesión da Deputación de Pontevedra, o deputado Prudencio Landín presenta unha moción para facer unha rede de telefonía provincial, ao abeiro do Real Decreto de 30 de xuño de 1914 e o proxecto de telefonía nacional de Francos, para poñer en comunicación rápida todos os concellos e aldeas importantes da provincia de Pontevedra.
O vello sistema de carterías e peóns fai que sexan necesarios ata cinco días para trasladar comunicacións, fora de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, que estaban conectadas á rede interurbana, a algúns lugares puntuais cubertos polo telégrafo. Puña de exemplo as redes das deputacións de Guipúscoa, Biscaia e Ciudad Real, así como a mancomunidade catalana.
Fai mención o proxecto de director de Correos e Telégrafos, D. Jose Francos Rodríguez, que presentara unha proposta para Pontevedra de contar con centráis en Pontevedra Vigo Caldas de Reis, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Tui, A Guarda e A Cañiza, xunto a subcentrais en Carril, Silleda, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Mondariz, Porriño e Baiona. Este proxecto consideraba un custe de 467.000 pesetas.
Existen dúas vías para acometer o proxecto, a vasca ou catalana, que é independiente do apoio do Estado ou a aproximación de Ciudad Real, que participa unto coa axuda dos concellos, na instalación, locutorios, etc coa axuda do Estado que instala e administra a rede xunto ao corpo de telégrafos.
Na defensa da proposta, Prudencio Landín solicita a creación dunha comisión para estimar o esforzo da obra e a cantidade a satisfacer por cada concello. Varios deputados participan mostrando o seu interese na iniciativa e nómbrase unha comisión formada por:
- Prudencio Landín, por Pontevedra
- Fernando Villamarín, por Vigo-Tui
- Jose Echeverría, por Caldas-Cambados
- José López Boullosa, por Pontecaldelas-Redondela
- Antonio Casa, por Ponteareas-A Cañiza
- Francisco Riestra Calderón, por A Estrada - Lalín
- Teodosio Domínguez, como facultativo
A proposta recibe loubanzas do empresario Masso de Bueu, o diario La Integridad de Tui, o Sr. Conde (alcalde de Vigo), Guillermo Oya (presidente da Asociación para o Fomento de Turismo en Galicia), a Cámara de Comercio de Vigo, Jose Oliveira (presidente da sociedades recreo marítimo de Cangas), a reunión de médicos de Cuntis, etc.
Os primeiros apoios municipais chegan de Tui e A Guarda, que aproveitan os plenos municipais para comprometer o seu apoio. A iniciativa chega incluso a deputación de Salamanca, onde suxiren copiar a proposta de Landín. Provincias como Cuenca, Valencia o Madrid discuten levar a cabo proxectos similares.
Extracto dunha mostra de apoio publicado no xornal Faro de Vigo de 20 de novembro de 1917
A reunión da comisión tardaría ata o 22 de abril de 1918, tras facer consultas con deputacións con intereses similares, para preparar a proposta cara o pleno do primeiro de maio. Esta pasa por sufragar ao Estado o 20% do custe da rede. Esta porcentaxe será entregado en cinco anualidades de 18800 pesetas, con cotas iguais por parte dos 62 concellos (a razón de 303 pesetas anuais).
Sería o semanario El Progreso de Pontevedra o máis crítico co proxecto, ao prefirir que sexa a deputación a que acometa o proxecto sen contar co Estado, xa que dubida da capacidade deste para facer a instalación.
A petición formal trasladaríase ao ministro de gobernación, o Marques de Alhucemas, o 28 de xuño de 1918. Prudencio Landín recibe unha carta do ministro de Facenda, González Besada, indicando que intercederá para sacar o proxecto adiante. O 2 de agosto de 1918 recíbese a confirmación do goberno ao proxecto. O 19 de setembro se envían cartas aos concellos pedindo o compromiso de financiación para este proxecto.
Arbo e Pontecaldelas serían os primeiros en confirmar a disponibilidade desa cantidade, seguidos nesas datas por Vigo, Cotobade, Sanxenxo, Tui, As Neves, A estrada, Fornelos, Rodeiro, Cuntis, Ribadumia, Silleda, Salvaterra, Bueu, Campo Lameiro e Salceda. A Guarda, Mondaríz, Gondomar, Crecente, Redondela, Pazos de Borbén, Barro, Ponteareas, Meaño, Baiona, Marín e Moaña o farían antes de 10 de outubro, chegando xa a 29 dos 62 concellos. O 17 de xa se contaría con O Rosal, Soutomaior, Covelo, Dozón, Valga, Tomiño, A Lama, Meis e Carbia (actual Vila de Cruces). Chegan as notificacións da aprobación por parte de Cerdedo e Porriño a finais de outubro e de O Grove, Cambados, Mos, Nigrán, Pontesampaio e Pontevedra en Novembro de 1918, quedando para decembro Caldas de Reis, Lalín A Golada, forcarei e Poio. Ao peche do ano non se mencionaría a adhesión por parte de Cangas, Catoira, Moraña, Oia, Pontecesures, Portas, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova, pero pode ser que non apareceran mencións na prensa.
O novo ministro de Facenda, Sr. La Cierva, confirma en xullo de 1919 que se dota o orzamento dunha partida para a rede provincial. O goberno reclama o pago da primeira anualidad e a deputación comeza a reclamar os pagos aos concellos en outubro de 1919. O primeiro en pagar sería A Cañiza, pero pasado un mes aínda faltaría algún por pagar, demorando o proxecto. Entre os últimos figurarían Porriño, Fornelos, Rivadumia, Redondela, A Lama, Cambados e Vilaboa en decembro de 1919. Xa en xaneiro de 1920 pagaría Bueu. En febreiro Dozón, Moaña, Pontesampaio, Caldas de Reis, Silleda, Meaño, A Estrada e Tomiño. En marzo de 1920 serían Forcarei e Lalín. A Deputación vese na obriga de anticipar as cotas de tres concellos que non pagaron en tempo, xa que o 24 de marzo o presidente da deputación Sr. Casas viaxa a Madrid para axilizar o proxecto coa axuda do Conde de Bugallal e o director de Comunicacións.
A orde de instalar a rede provincial foi realizada o 15 de xullo de 1920,por parte da dirección de Comunicacións (o Sr. Conde de Colombí), pero non sería ata uns meses máis tarde cando asignaría esa responsabilidade ao xefe de liña D. Julio Herreros, que se despraza a Madrid o 6 de novembro de 1920 para recibir indicacións.
Julio regresa o 17 de novembro de 1920 volve cunha proposta de reforma do plan provincial de Francos de 1917 e o convencimento de que recibirá material para executar a construcción da rede. Vincenti presiona ao director de Comunicacións para que a rede se comece a construir no Morrazo, atendendo ás relacións comerciais desas vilas coa industria pesqueira.
Parece ter éxito, asignando primeiro a Julio Herreros, xefe de liña de telégrafos e, posteriormente, a Jose Sandoval, desligándoo das súas responsabilidades para que poida participar nos proxectos de establecemento da rede. José xa participara no proxecto de Francos Rodríguez en 1917.
Prudencio Landín reclama unha maior celeridade a través dunha carta no Faro de Vigo do 10 abril de 1921.
Unha vez terminado o proxecto do Morrazo, pasarían a liña con A Guarda, via Redondela e Tui, así como o ramal de Ponteareas, para conectar Porriño, Salvaterra, Mondaríz coa vila do Tea, aínda que José Sandoval queda asignado ao proxecto provincial de A Coruña, polo que estes proxecto sofren unha parada.
Tamén se fala, a finais de 1922 de chegar co teléfono a Cuntis, polo presión do deputado Bernardo M. Sagasta e o xefe de telégrafos de Pontevedra Arturo Lago, que pasaría a ser xefe de implantación do proxecto provincial en xaneiro de 1923 (sendo sustituido no posto de 2º xefe de telégrafos de Pontevedra por Francisco Beredo y Penava, procedente de Bilbao). Puntualmente tamén se menciona a posible conexión da Estrada con Santiago.
O presidente da Deputación, o Sr. De la Sota, viaxaría a Madrid en febreiro de 1924 logrando a aprobación das liñas de Pontevedra a Redondela, Caldas a Cuntis, e a de Tui - Porriño - Ponteareas - Salvaterra, así como o ramal de Ponteareas a Mondariz. Non chegar a todos os concellos crearía certos conflitos con concellos, que se queixaban de ter pagado e non recibir servizo, como sería o caso de A Cañiza que fora o primeiro en efectuar o pagamento.
Para saber máis:
- Faro de Vigo de 14 de outubro de 1917; 15 de outubro de 1917; 20 de outubro de 1917; 30 de outubro de 1917; 6 de novembro de 1917; 20 de novembro de 1917; 4 de outubro de 1918; 29 de setembro de 1918; 26 de setembro de 1919; 4 de febreiro de 1920; 15 de xullo de 1920; 24 de marzo de 1920; 30 de outubro de 1920; 3 de novembro de 1920; 10 de abril de 1921; 8 de novembro de 1922; 6 de febreiro de 1924
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXIV Número 10056 - 15 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 16 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 18 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 20 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10064 - 24 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10068 - 29 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10074 - 6 de novembro de 1917; Ano XXXIV Número 10087 - 21 de novembro de 1917; Ano XXXV Número 10213 - 23 de abril de 1918; Ano XXXV Número 10220 - 1 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10221 - 3 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10223 - 6 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10253 - 12 de xuño de 1918; Ano XXXV Número 10266 - 27 de xuño de 1918; Ano XXXV Número 10270 - 12 de xullo de 1918; Ano XXXV Número 10326 - 18 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10327 - 19 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10333 - 26 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10338 - 2 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10340 - 4 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10345 - 10 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10351 - 17 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10356 - 23 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10359 - 26 de outubro de 1918; Ano XXXVI Número 10593 - 15 de xullo de 1919; Ano XXXVI Número 10678 - 25 de outubro de 1919; Ano XXXVI Número 10680 - 28 de outubro de 1919; Ano XXXVI Número 10690 - 10 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10695 - 15 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10701 - 22 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10706 - 28 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10710 - 3 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10713 - 6 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10714 - 17 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10744 - 24 de xaneiro de 1920; Ano XXXVI Número 10753 - 4 de febreiro de 1920; Ano XXXVI Número 10793 - 24 de marzo de 1920; Ano XXXVI Número 10887 - 15 de xullo de 1920; Ano XXXVII Número 10979 - 30 de outubro de 1920; Ano XXXVII Número 10980 - 1 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10983 - 5 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10984 - 6 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10994 - 18 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 11002 - 27 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 11009 - 6 de decembro de 1920; Ano XXXVIII Número 11039 - 11 de xaneiro de 1921; Ano XXXVIII Número 11115 - 12 de abril de 1921; Ano XXXVIII Número 11129 - 28 de abril de 1921; Ano XXXVIII Número 11212 - 5 de agosto de 1921; Ano XXXIX Número 11343 - 5 de xaneiro de 1922; Ano XL Número 11644 - 2 de xaneiro de 1923; Ano XLI Número 11836 - 5 de xuño de 1924
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. 5077 (31/10/1917); Num. 5227 (04/05/1918); Num. 5327 (22/10/1918); Num. 5349 (18/11/1918)
- El Eco de Santiago diario independiente Ano XXII Número 9851 - 22 de novembro de 1917; Ano XXIII Número 9984 - 3 de maio de 1918; Ano XXIII Número 10015 - 11 de xuño de 1918; Ano XXIII Número 10042 - 13 de xullo de 1918; Ano XXIII Número 10018 - 11 de outubro de 1918; Ano XXIV Número 10213 - 29 de outubro de 1919; Ano XXIV Número 10227 - 15 de novembro de 1919; Ano XXV Número 10270 - 6 de novembro de 1920; Ano XXVIII Número 11357 - 5 de xaneiro de 1923
- Libro de actas da Deputación de Pontevedra de 15 de outubro de 1917
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 8229 (25/04/1918); Num. 8293 (16/07/1918)
- El Orzán diario independiente Ano I Número 90 - 2 de maio de 1918; Ano I Número 97 - 9 de maio de 1918; Ano I Número 132 - 13 de xuño de 1918; Ano I Número 148 - 30 de xuño de 1918; Ano I Número 160 - 14 de xullo de 1918
- El Progreso semanario independiente Ano XII Número 2640 - 3 de maio de 1918; Ano XII Número 2642 - 5 de maio de 1918; Ano XII Número 2644 - 8 de maio de 1918; Ano XII Número 2632 - 27 de xuño de 1918; Ano XII Número 2708 - 26 de setembro de 1918; Ano XII Número 2714 - 3 de outubro de 1918; Ano XII Número 2085 - 17 de outubro de 1918; Ano XII Número 2093 - 27 de outubro de 1918; Ano XII Número 2126 - 5 de decembro de 1918; Ano XIII Número 2338 - 26 de setembro de 1919; Ano XIV Número 2627 - 7 de novembro de 1920; Ano XVIII Número 3326 - 22 de xaneiro de 1924
- El Progreso diario liberal Año XI Número 3200 - 4 de maio de 1918; Ano XII Número 3684 - 5 de decembro de 1919
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3101 (14/06/1918); Num. 3115 (28/06/1918)
- La Voz de Galicia de 18 de xuño de 1918; 3 de novembro de 1920; 5 de xaneiro de 1923;
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XII Número 4663 - 14 de setembro de 1918; Ano XII Número 4670 - 26 de setembro de 1918; Ano XII Número 4676 - 3 de outubro de 1918; Ano XII Número 4683 - 11 de outubro de 1918; Ano XII Número 4688 - 17 de outubro de 1918; Ano XII Número 4721 - 5 de decembro de 1918; Ano XIII Número 4919 - 16 de xullo de 1919; Ano XIV Número 5096 - 2 de marzo de 1920
- El Tea semanario independiente Ano XII Época 2ª Número 235 - 3 de outubro de 1918
- El Noticiero gallego semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de primera enseñanza Num. 1233 (18/10/1918)
- La Integridad diario católico Num. 8934 (26/01/1920); Num. 9076 (16/07/1920); Num. 9170 (06/11/1920); Num. 9315 (28/04/1921); Num. 9318 (29/04/1921); Num. 10141 (02/02/1924); Num. 10219 (05/05/1924)
- El Correo de Galicia órgano de la colectividad gallega en la República Argentina Num. 715 (01/02/1920); Num. 935 (09/03/1924); Num. 940 (13/04/1924);
- El regional diario de Lugo Num. 12631 (19/07/1920)
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XI Número 3221 - 10 de novembro de 1920
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1462 (06/01/1922); Num. 1651 (10/12/1922)
- Galicia diario de Vigo Número 476 - 10 febreiro 1924; Número 490 - 27 febreiro 1924
Ningún comentario:
Publicar un comentario