Tras a referencia a liña eléctrica particular supostamente construída en 1893 mencionada na publicación sobre esta tipoloxía de servizos: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/12/as-primeiras-linas-privadas-da.html pero que non aparece no Anuario Telegráfico, hai unha segunda mención na prensa de marzo de 1898 á iniciativa do banqueiro D. Jose María González González que pretendía instalar tamén o servizo eléctrico nesa cidade usando un salto de auga da sua propiedade, que tamén usaría para montar uns muiños fariñeiros de gran potencia. No caso de terse instalado esta liña tampouco hai referencias nos anauarios oficiais. En xuño de 1915 aparece unha mención na prensa ao interese en que a Compañia Peninsular inclúa a Mondoñedo na liña, finalmente non posta en marcha, que conectaría con Ribadeo. Consistiría nun ramal desde Pozo Mouro, ao final da ría de Foz, que tamén espertaba o interese do alcalde de Vilanova de Lourenzá, segundo unha referencia de xuño de 1916. Aparcada a iniciat