Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

O Barco - Trives (1892): Roubo de postes telefónicos como leña

Levar as comunicacións a Pobra de Trives foi unhas tarefas máis complicadas de finais do século XIX. Pobra de Trives englobaba, no seu partido xudicial, varios concellos (O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso) polo que cubría un numero de habitantes amplo como para necesitar este servizo, a pesar da lonxitude e custe de instalación e, como veremos mais adiante, de mantemento. Faro de Vigo anuncia as liñas telefónicas urbanas incluíndo o do Barco de Valdeorras. 1 de marzo 1891. Manuel Valcarce López era o director auxiliar da oficina de correos e telégrafos no Barco de Valdeorras en 1892. En xuño dese ano notifica a creación dun servizo publico de telefonía, para poder enviar despachos particulares, xa que ata ese momento esta limitado aos oficiais. . A liña pasaba por Pobra de Trives cara Ourense, a pesar de que a inauguración do tren pola ruta Quiroga, Monforte, P

O pararraios de Mariano Martín Villoslada

Mariano Martín Villoslada desempeñou case toda a carreira profesional en Galicia, tanto no corpo de telégrafos como en diferentes iniciativas de telefonía urbana. Chega a Coruña en agosto de 1888 para traballar na primeira rede urbana de Galicia, onde sería o director durante os primeiros anos, antes de reincorporarse ao posto de telégrafos.  Sen dúbida foi a perfil técnico máis relevante dos primeiros anos de telefonía en Galicia ao participar en proxectos de implantación de telefonía o mantemento da rede telegráfica en Vigo, Lugo, Santiago ou Pontevedra. En 1894 publica, xunto a Jose Amado, xefe de telégrafos da Coruña, o libro "La electricidad práctica" sendo unha dos libros de referencia en España para instalacións eléctricas, telegráficas ou telefónicas.  Libro "La Electricidad Práctica" de Jose Amado e Mariano Martín Villoslada.  Ano 1894 Neste libro introduce o seu "Pararraios Villoslada" dada a 'inutilidade de todas as solucións existentes'

A Coruña: o inicio da primeira telefonía urbana de Galicia (1888-1890)

A Gaceta de Madrid publicou o anuncio de poxa pública para a concesión da explotación da rede pública o 30 de abril de 1888 por parte de Angel Mansi, director de Correos e Telégrafos e a autorización do ministro de gobernación D. José Luis Albareda y Sezde.  As concesións son similares ás poxas de redes urbanas futuras:  período de concesión por 20 anos, aportar ao Estado un mínimo do 10% dos ingresos, distancia da sede máx de 10km (para non competir con outras hipotéticas concesións futuras), etc. Neste caso indícase que a central debe estar no centro da cidade, limitada polo peirao da Palloza, estación de ferrocarril, parque de Santa Margarita, estrada de Carballo e praia de Riazor.  O adxudicatario do servizo telefónico resulta ser D. Antonio González, que ofrece a metade dos ingresos. Xa en agosto de 1888 trasládase á cidade Mariano Martín Villoslada, como responsable técnico para a construción da rede, que sería unha das figuras máis senlleiras da telefonía en Galicia. O proxecto

A historia da telefonía de Galicia nos arquivos i hemerotecas

Un dos atractivos de investigar sobre a historia da telefonía é a propia dificultade de acceder á documentación, porque os principais arquivos apenas conservan a información máis relevante.  O incendio de Arquivo Xeral Central de Alcalá de Henares en 1939 Sen dubida a principal limitación ven dada polo concentración da documentación, a finais do século XIX no Arquivo Xeral Central de Alcalá de Henares, que ardía no 11 de agosto de 1939, ao final da Guerra Civil. Entre outros conservaba o arquivo do ministerio de Gobernación, do cal dependía a dirección de Correos e Telégrafos, que se perdería de maneira íntegra, afectando a coñecer a realidade sobre as diferentes concesións de redes urbanas e aprobación de redes privadas, da que quedaría constancia principalmente polas novas recollidas na prensa escrita. Lámina no libro "Reseña histórica y clasificación de sus fondos. Archivo General Central de Alcalá de Henares. Ano 1926. José Torre Revelló. Curiosamente o edificio foi preservado

O primeiro proxecto de rede interurbana (Coruña-Santiago-Ferrol, 1888)

A rede interurbana para uso cidadán foi unha realidade en 1914-1915, cando a Compañía Peninsular acabou de construír a súa rede que conectaba dez cidades de Galicia, incluído Betanzos, Monforte de Lemos e Vilagarcía de Arousa. Antes houbo unha serie de iniciativas para conseguir este servizo, xa que as comunicacións estaban limitadas aos telefonemas da liña oficial de telégrafos. A primeira iniciativa foi paralela a construción da rede urbana na Coruña. Fracasou por non triunfar o proxecto ante a autoridade, a Dirección de Correos e Telégrafos. A Comisión Provincial de A Coruña envía o 24 de Xaneiro de 1888 unha exposición ao Ministerio de Gobernación na que solicita que se modifique o Real Decreto de 12 de Agosto de 1884, que limitaba as iniciativas deste eido a cando xa existira unha comunicación telegráfica (e puidera limitar o negocio para a Dirección de Correos e Telégrafos), para que fose a propia provincia á que tomara a iniciativa da construción desa rede. O Concello de Ferrol

O primeiro vendedor de teléfonos de Galicia

Sería un vendedor visitante, Melitón Celis Parra (nado en 1843), da casa "Celis y Teijeiro" da rúa Teresa Gil 9 de  Valladolid o primeiro vendedor de teléfonos do que se ten constancia en Galicia. O seu negocio principal era a óptica e acostumaba visitar varias cidades de Galicia e Castela e León desde aproximadamente 1885, chegando polo menos ata 1905. O seu pasamento sería entre esta data e 1908, onde aparece a "viuva de Celis" como responsable da tenda de Valladolid nun anuario dese ano. A pouca demanda de teléfonos ata a chegada da telefonía urbana (Coruña 1888, Vigo 1889) estaba adicada a conexión entre pares, mediante liñas privadas das que se pedía autorización á Dirección Xeral de Correos e Telégrafos. Os teléfonos pedíanse por catálogo a empresas de Barcelona ou doutra localidades. Antes de existir unha demanda suficiente que xustificara que empresas de electricidade locais vendera teléfonos, sería Melitón o primeiro en mostrar estes dispositivos.  Nesas da