19 de xullo de 1914. Principe 48. Un incendio devasta o servizo telefónico da cidade. Estaba de guardia a telefonista, a Srta. Ignacia Pérez desde as oito da tarde. Ás oito e cuarto, pouco despois de incorporarse, observou coma na centraliña aparecían como caídos varias das liñas. Nun primeiro momento pensou que poderían deberse ós frecuentes incidentes cos cables eléctricos, que tocaban accidentalmente aos da telefonía. Torre incendiada na central telefónica da rúa Príncipe 48. Autor Marín. Fundación Telefónica. Ano 1928 Trala medianoite comezou a notar un forte olor a caucho queimado. Saiu ao balcón e notou que había unha gran cantidade de fume. Xusto nese terceiro andar do edificio, na parte traseira, vivía outro empregado do servizo Sr. Robustiano (referido como Salustiano, en algunhas fontes) Villalba Miguel, coa súa muller e cinco fillos, un deles impedido. Robustiano, natural de Palencia, comezara a traballar nos telégrafos de Coruña uns anos antes. Ignacia correu a avisar a Ro