O primeiro mapa de España que incluía as estacións telefónicas conectada á rede de telegrafía da Dirección General de Correos y Telégrafos foi publicada o 1 de xaneiro de 1899. Ten un foco na rede telegráfica, indicando a tipoloxía dos fíos, se van pola redes de estradas o do ferrocarril, así como a distancia dos enlaces e a numeración de cada un. Cumpre salientar que todos os fíos de telegrafía en España tiñan un código de tres cifras dependendo das características do mesmo. Este mapa inclúe tanto estación dependentes da rede pública como outros que foron construídas polos concellos, sendo a maior parte das mesmas estacións telefónicas e non telegráficas. Curiosamente, onde o servizo non era crítico utilizábase o teléfono. Tiña un custe menor, maiores facilidades de uso e sen problemas de repartición dos enlaces, xa que eran dedicados ata unha poboación próxima (conectada á rede de telegrafía). Así, se un concello quería promover este servizo tiña que pedir autorización á Dirección de