sábado, 24 de agosto de 2024

O receptor de Gonzalo Brañas

Gonzalo Brañas nado na Coruña (1866) foi un físico catedrático dos institutos de Oviedo (conseguida en 1903 cun aparellos receptores de radiotelegrafía, construídos por el mesmo) e, posteriormente, na Coruña. Antes fixera una tese doutoral sobre o estudo das radiacións herzianas e foi promotor do primeiro gabinete radiográfico e radioscópico de Coruña. No ámbito das telecomunicacións, desenvolveu un receptor radiotelegráfico que conseguiu certa sona, co nome de cimaciógrafo, que probou en Coruña (coa antena amarrada na torre central do concello coruñés) e que logo mostrou noutros eventos.

Conseguía amplificar o son das sinais recibidas e anotar sobre cinta as mensaxes, con distancias non coñecidas naquela época.

Gonzalo Brañas no congreso científico de Valladolid en 1915 onde instalou unha antena entre a torre da catedral e a universidade.



Para saber máis:

  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano V Número 1243 - 15 de marzo de 1914
  • El Noroeste Año XIX Número 9727 - 21 de xuño de 1914
  • Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 116 (23/06/1914)
  • El regional  diario de Lugo Num. 11608 (21/04/1917)
  • El Progreso  diario liberal Año XI Número 3101 - 1918 enero 5 
  • El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 376 (22/04/1918);  Num. 2033 (13/07/1924)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano IX Número 3830 - 1915 xullo 10
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXII Número 9434 - 1915 outubro 6


luns, 19 de agosto de 2024

O correo inglés: da Coruña a Falmouth desde 1689

Unha das singularidades máis relevantes foi a creación dun servizo de comunicación con inglaterra por barco, para poñer en contacto ambas coroas, evitando ter que cursar o correo por Francia. Buscáronse os puntos máis alleos da costa francesa, polo que se decidiu crear unha ruta entre Falmouth e Coruña en 1689, que estaba aberta ao público. Nunha primeira fase sería levada por dous veleiros ingleses (Spanish Allyance e Spanish Expedition), chamados “packet boats” (ou barcos correo), que daría lugar ao termo “paquebote”. Estes barcos sairían cada quince días e levaban eventualmente algún pasaxeiro e pequenas cargas. Sufriría diversas interrupcións ata 1815, que pasaría a utilizar outros portos.

 


Esta iniciativa inglesa obtiña o apoio do goberno de España, para ser sostible. Adicionalmente, o arquivo de Simancas conserva documentación sobre queixas formuladas polo embaixador con respecto a lentitude en recoller o correo que chegaba a Coruña e o ser repartido. En aquel momento contábase cunha rede de postas con Madrid, que necesitaba uns días para levar o correo, pero era un sistema máis precario con Portugal. A relación epistolar comercial de Porto con Inglaterra (por exemplo na exportación de viño) dependía da calidade das comunicacións postais de Coruña con Porto (que pasaban a fronteira por Tui), polo que foi tratado polo cónsul británico para que fora priorizado.

Esta primeira liña marítima postal foi o xermolo do privilexio de Coruña mantendo as comunicacións coas provincias de Ultramar. En 1777 publicouse a Real Ordenanza do Correo Marítimo do rei Carlos III, que estivo en vigor ata a Guerra da Independencia. A elección da Coruña estivo relacionada co idea de liberalizar o comercio, xa que un ano despois Cádiz perdeu o monopolio do comercio con América. Neste caso se trataba dunha empresa estatal con sede no porto da Coruña para o transporte público de correspondencia e mercadorías entre España e a Habana, á que se sumaron anos despois as de Montevideo e Bos Aires, que permaneceron activas ata 1802. .

Así, xurdiu a necesidade, cara a finais do século XVIII, de contar cun peirao dedicado na zona das aceas de Monelos. Situado na localización actual da fábrica de tabacos de Coruña, contaba cunha antiga xunqueira i estuario do río Monelos e un muíño. A canalización do río, polo actual Rúa do Río Monelos, permitiu crear unha zona de aproveitamento por parte do porto. Case rematado o proxecto desapareceu a necesidade, pola eliminación do privilexio que tiña Coruña. Esa superficie sería ocupada posteriormente pola fábrica de tabacos.




A historia do correo inglés foi tratada por Antonio Meijide Pardo no libro “Correos marítimos entre Falmouth y La Coruña” en 1966

mércores, 14 de agosto de 2024

Dos mensaxeiros reais á rede de postas en Galicia

A primeira referencia ao correo ten lugar por parte de Alfonso X (1221-1284) no libro das sete partidas, que recolle a figura dos mandadeiros reais, responsables de levar as mensaxes do Rei mantendo a confidencialidade.

O correo “moderno” chegou a primeiros do século XVI. A raíña Xoana I de Castela é quen encomenda a organización dos Correos nas súas posesións a unha familia de Bérgamo, os Tassis. Francisco de Tassis recibiu o encargo de establecer comunicacións postais entre España, Francia, Alemaña e os Países Baixos en 1505. Esa familia sería a encargada de xestionar os Correos Maiores (xestores das postas) e os correos a cabalo (cabaleiros que traballaban nas rutas) durante máis de douscentos anos. As postas eran posadas e paradas, onde se podía cambiar de cabalo.

O Estado ten así unha rede de postas e guías de camiño, que permite simplificar a loxística e manter tramos en risco fora do alcance dos bandoleiros. Os camiños precarios de aquela época teñen certa coincidencia coas principais vías de comunicación. Así, a posta de Madrid a Coruña, aínda que tivo dúas alternativas para cruzar os Ancares, coincide en boa parte coa autoestrada actual. Variantes desa vía principal foron a entrada por Seabra ata Ourense (tamén semellante a autoestrada das Rías Baixas) e as ramificación cara a Tui, Pontevedra, Mondoñedo ou Ferrol. Estánconservados moitos mapas da época (especialmente do século XVIII) e libro guía coas distancias entre postas.

Aparecen mencionados nestes libros lugares apenas coñecidos na actualidade, pero que deberon ter certo peso nas dinámicas económicas da época como Cazebraira (trátase de Cerdeira, no Concello de San Xoán de Río) ou con nomes deturpados como Pontares (Ponteareas) ou Zarraceda (Maceda).

Extracto de Mapa de 1721, marcadas en vermello as paradas de postas. Alexis-Hubert Jaillot


O servizo de Coruña con Madrid sería aproximadamente de dúas veces á semana, cunhas 26 postas, que levarían varios días. Na ruta do Norte, desde Coruña, se aseguraba resposta de Madrid en dúas semanas, por tres da ruta desde Pontevedra. Así, en 1716 publicouse o “Descripcion general para escrivir a todas las ciudades de España, Villas, y Lugares mas remotos de ella, Reynos, y Potencias Estrangeras, con los dias en que llegan, y parten los Correos de esta Corte, y demas Caxas de todo el Reyno ... en conformidad de el Decreto de su Magestad de 7 de Diciembre de 1716” que recolle doce estafetas (“caxas” no vocabulario da época) en Galicia: Santiago, Coruña, Betanzos, Ourense, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Sarria, Tui, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.


O servizo permanecería baseado nestas premisas ata a chegada do tren, que cambiaría as dinámicas, permitindo ter respostas desde Madrid ao día seguinte. Diariamente as cidades e vilas polas que pasaba a vía do tren recibían un tren correo.

Mapa postal de 1757. Gilles Robert de Vaugondy.

A expansión do correo nun territorio como Galicia, con moita presencia poboacional e unha grande dispersión foi complexa (é aínda segue a selo). O servizo baseado en postas e vías principais e unha serie de estafetas requiría rematar unha rede en estrela que permitira chegar a todos os puntos. O ministerio correspondente creaba poxas para que cidadáns puideran optar a prestar o servizo durante un tempo entre dúas poboacións, ben con carro, cabalo ou directamente a pé.

Extracto Libro guía de Guinalt en 1785 con algunhas paradas de postas en Galicia.


venres, 9 de agosto de 2024

Mensaxe con bandeiras para evitar un secuestro en Vigo (1920)

O cargueiro inglés Fountain Abbey atopábase en febreiro de 1920 na ría de Vigo, descargando hulla a outro barco nas proximidades do porto. Viña desde Cardiff.

Algúns mariñeiro, supostamente ebrios, atacan e secuestran o capitán e oficiais, que se teñen que pechar na ponte de mandos. Dende alí utilizaron o telégrafo de bandeiras para dar conta da súa situación, que é interpretada debidamente polo gardapesca e cañoneiro Gaviota, que acode cun oficial e 12 mariñeiros armados para reducir aos sublevados, que consiguen tras certos esforzos. 

Os líderes da revoltan eran "negros do Senegal" sendo levados ao cárcere de Vigo e quedan a disposición do consul inglés.

Imaxe do cañoneiro Gaviota. Sen datar.

Para saber máis:
  • Correo de Galicia Num. 717 (15/02/1920)


domingo, 4 de agosto de 2024

O roubo da recadación de Telégrafos de Pontevedra (1916)

 O telegrafista extremeño (nado en 1885) Juan Pérez Sotomayor foi asignado a estación de Pontevedra en 1912, desde Badajoz. Era coñecido na súa terra por insertar poemas na prensa e gañar consursos neste eido.

Publicado en Revista de Extremadura : Ciencia y Arte. Órgano de las Comisiones de Monumentos de las dos provincias: Año VIII Número LXXXIII - 1906 mayo

O 22 de agosto de 1916 Juan desaparece de Pontevedra, deixando atrás a súa familia. Os seus compañeiros vense na obriga de denunciar o caso na policia e garda civil xa que falta 11.000 pesetas da caixa de telégrafos, procedentes dos abonos e gravames dos telegramas.  Parece ser que nesa data foi visto tomando un tren a Vigo ás 17:40. A súa familia quedou coa información falsa de que fora destinado a Madrid e que mandaría diñeiro para que foran á capital.

En novembro de 1916 o xuiz de instrucción de Pontevedra D. José Méndez Novoa executa unha orde de detención contra él polo roubo finalmente de 9671,70 pesetas (tras a comprobación na tesourería) publicado nos boletíns provinciais e na Gaceta de Madrid. En xaneiro foi declarado rebelde. Non consta que fose finalmente detido. 


Para saber máis: 

  • El correo de Galicia  diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (24/08/1916);  Num. 4849 (15/01/1917)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXIV Número 9822 - 13 de xaneiro de 1917 
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXVIII Número 8111 - 24 agosto 1916
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 281 - 4 de decembro de 1916
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 262 - 11 de novembro de 1916

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...