mércores, 13 de decembro de 2023

O mindoniense Cándido Martínez na reclamación salarial dos telegrafistas de 1880

 Candido Martínez Montenegro foi un deputado liberal durante tres décadas por Mondoñedo (Lugo), que nos ano 1881 - 1883 sería director de Correos e Telégrafos.  O 2 de marzo de 1880 presentaría unha moción histórica para o Corpo de Telégrafos ao demandar, por vez primeira, a mellora de condicións para os traballadores do corpo.  

Gravado de Cándido Martínez como deputado do Congreso.


Representa unha demanda dos traballadores de telégrafos de Mondoñedo  que piden a eliminación dos descontos (unha especie de imposto instaurado en 1857 que reducía o salario nunha porcentaxe) e afectaba a todos os funcionarios agás aos membros do exército. Desde os orzamentos de xullo de 1876 esta porcentaxe é do 20% para salarios menores de 10.000 pesetas e do 25% para maiores.

 Candido intenta asimilar a actividade dos funcionarios de telégrafos a eses corpos. Xustifican esta petición na tipoloxía de servizos que prestan (en ocasións perigosos), traslados frecuentes, lentitude nos ascensos, disponibilidade nocturna, etc. Os funcionarios de telégrafos xa estaban eximidos de participar en milicias xa que se consideraba que prestaban servizo ao exército no seu traballo cotián. Ese día naceu unha referencia para os traballadores do corpo, recollida por toda a prensa e motivando un especial (probablemente único na súa historia) por parte da Revista de Telégrafos. 

Revista de Telégrafos - Marzo de 1880


Candido presenta unaj enmenda ao orzamento de ingresos do Estado de 1880-81 para que se considere o corpo de telégrafos como clases activas dos institutos armadas do exército. A moción é asinada tamén por Manuel Cassola, Manuel Becerra, Práxedes Sagasta, Antonio de Vivar, Felipe González Vallarino e Pedro Antonio Torres. 

O ministro de Facenda, o Sr. Cos Gayón, oponse á desaparición deste desconto, argumentando que a lei debe ser igual para todos. O 8 de xuño vótase no Congreso obtendo 59 votos a prol e 64 en contra, polo que foi desbotada. Queda recollido no diario de sesións a argumentación de Cándido Martínez.

Argumentación de Cándido na sesión de Congreso dos Deputados. Recollida na Revista de Telégrafos de Xullo de 1880.


Cándido perdería a votación pero non o cariño dos telegrafistas. Adicionalmente, pasou a ser o director de Correos e telégrafos o ano seguinte, por un periodo de dous anos, rematando cunha homenaxe por parte do corpo de telégrafos na que participaron perto de 1500 telegrafistas nun agasallo dunha medalla de ferro con incrustacións de ouro e prata. 


Para saber máis: 

  • Revista de Telégrafos de marzo a xullo de 1880




venres, 8 de decembro de 2023

A primeira muller telegrafista de Galicia (1881)

11 de febreiro de 1881

Celia Rodríguez Borrajo, filla do telegrafista de Redondela, acude ao centro telegráfico de Vigo, para ter un exame i entrevista con xefe do sector telégrafo, o subdirector e o xefa da estación.  Celia apoiase na real de 23 de outubro de 1880, despois das reformas do servizo de Correos e Telégrafos ditadas en 1879, que permite que mulleres poidan traballar nas estafetas telegráficas, aínda que sen a categoría de funcionarias do Estado

Teñen dúas condicións: deben ser familiares directos (só permitem fillas, esposas e irmás de funcionarios) de funcionarios de estación telegráficas unipersoais é unicamente poden encargarse da recepción de telegramas, polo que, en teoría, nunca estarían soas na estación. 

Celia sería cuarta de toda España (a primeira seriao un par de semanas antes) i estaría acompañada por Josefa de Pontedeume, que sería a quinta de España:

  • 1- Doña Josefa Álvarez Pórtela, en Nava del Rey
  • 2- Carmen Espinosa y Alcoba, en Orgiva
  • 3- Hilaria Martínez de Alegría, en La Palma
  • 4- Celia Rodríguez  Moscoso, en Redondela
  • 5- Josefa Cervent-González, en Pontedeume
  • 6- Carmen López, Rueda, en Osuna  
  • 7- Adelaida Villauendas  Monserrat, en Morella
  • 8- Teresa Pérez Esteban, en Grao
  • 9- Matilde de los Ríos, en Fraga
  • 10- Concepción Lloret y López, en Villajoyosa
  • 11- Justina Lopez Ochoa, en Gandia

Críticas ao proceso na prensa. El Correo gallego diario político de la mañana Ano III Número 591 - 15 de agosto de 1880


A Real Orde veríase modificada posteriormente, en 1884, para permitir tamén o ingreso de viuvas, mais non sería ata decadas máis tarde cando poderían acadar a figura de funcionarias do Estado.

Extracto da Real Orde publicada na Gaceta de Madrid de 26 de xullo de 1884




Para saber máis:
  • La ilustración gallega y asturiana  revista decenal ilustrada Num. 6 (28/02/1881),Num. 8 (18/03/1881)
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano III Número 591 - 15 de agosto de 1880
  • Revista de Telégrafos. 1 de maio de 1881.

domingo, 3 de decembro de 2023

Victor Piedras na Exposición Internacional de Electricidade de París (1881)

A Exposición de Electricidade de París tivo lugar entre o 15 de agosto e o 15 de novembro de 1881 no pazo da Industria de nos Campos Elíseos de París, sendo aínda na actualidade a referencia histórica no mundo do avances tecnolóxicos. En paralelo tivo lugar o congresos de electricistas, que entre outras cousas definiu as unidades de medida de electricidade e onde o galego Andrés Comerma acudiu un representación da Mariña.

Victor era o xefe de telégrafos de Vilagarcía cando comeza a realizar unha certa actividades creativa no eido tecnolóxico. En 1877 aparece Víctor Piedras na Revista de Telégrafos un conmutador que ideara e remitira á revista en setembro de 1876, que permitía sustituir ata tres conmutadores por un só que se operaba xirándoo. Os detalles técnicos aparecen recollidos nesa publicación. 

Revista de telégrafos. 1 de febreiro de 1877

En 1878 estréase nun exposición, neste caso local de Coruña, na que expón tres telégrafos deseñados e construidos por el, que reciben unha mención do xurado do certame.

Victor enche o formulario en 1881 para enviar un novo deseño de estación telegráfica intermedia ante a petición da Dirección de Correos e Telégrafos de obxectos para mostrar na Exposición Internacional de Electricidade de Paris. 

Formulario para o envío de obxectos ao certame de París publicado na Revista de Telégrafos de febreiro de 1881.

A Revista de Telégrafos describí así o dispositivo:

"A luxosa estación Morse intermedia con todos os seus complementos, Meneses de prata, todas as pezas metálicas e minúsculas, é a que presenta o Xefe de Estación D. Víctor Piedras, sinalado co número 1.418. O seu principal mérito está na súa beleza: a construción. 

Apóiase sobre un zócalo duns 25 centímetros de longo e uns 15 centímetros de ancho, e de cor marrón. O receptor, ou máis ben o acústico, xa que a recepción se realiza no oído, colócanse nun espazo reducido dous manipuladores, dous galvanómetros, unha agulla de Wheatstone e conmutadores; cuberto todo cunha mampara de cristal, parece un reloxo de mesa."

Gravado do esquema do dispositivo presentado por Victor Piedras na Exposición.

porén, cuestionaba a utilidade unha vez que os teléfonos xa se estaban a utilizar.  Aínda todo, Victor conseguíu unha medalla de bronce no certame.

Non quedan fotografía do dispositivo nin dos elementos no stand, pero co mapa do mesmo lógrase atopar un gravado no que aparece o que debe ser parte do pavillón de España, unha mesa con varias vitrinas con dispositivos.


Gravado da Exposición de Electricidade. en primeiro lugar unha vitrina que debe correspondererse co pavillón de España, pola localización do resto dos elementos. 


España presentou 21 pezas e 6 libros no evento, varios dos grandes inventores deste tempo no que destacaba Enrique Bonnet.


Catálogo oficial da Exposición Internacional de Electricidade de París de 1881.  Páxinas dos expositores españois.


Victor Piedras obtería tamén un recoñecimento nunha exposición rexional en Zaragoza en 1885. Sería xefe de estación e de sector en Pontevedra e, antes da xubilación en Barcelona.  Non deixou fillos i está soterrado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa).


Para saber máis:
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano IV Número 808 - 6 de maio de 1881
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 667 (03/05/1881)
  • El Independiente : periódico de Pontevedra : defensor de los intereses de Galicia.: Ano I Número 7 - 28 abril 1881; Ano I Número 19 - 9 xuño 1881
  • La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada: Num. 35 (18/12/1881)
  • Revista contemporánea: Tomo XXXVII Año VIII Volumen I - 1882 enero 1
  • Revista de Telégrafos 






O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...