O teléfono interurbano tamén chegou a Ferrol en 1914, neste caso como un ramal desde a central de Betanzos. A inauguración estaba prevista para o 1 de setembro, pero finalmente sería o 7 de setembro de 1914 ás sete da tarde. A central queda establecida na rúa Real número 52, con dous locutorios para conferencias e catro pupitres para o envío de telefonemas. Tería xa un horario extendido, de oito da mañá a doce da noite. O director da estación será D. Rafael Agulló. Na inauguración tamén estarían o xefe mecánico. D Francisco Aguilar, o oficial de servizos D. Vicente Zenalmor e o director técnico D. Jose Ruiz Medina, que tamén estivo no resto de estacións galegas inauguradas neste ano. Os abonados da rede urbana poden facer conferencias desde o seu propio domicilio, mediante un depósito prepago na nova central. Asistirn á inauguración representantes da prensa, comandantes de buques militares, autoridades civís e tamén o Sr. Parellada, xerente da Compañía Peninsular. Ademais dunha visit
O 14 de marzo de 1914 sae publicada como primeira data para a chegada da telefonía interurbano en maio dese ano, que se atrasaría uns meses. O 7 de xuño de 1914 publícase a petición da Compañía Peninsular ao Concello de Pontevedra para colocar postes. A instalación comeza o 3 de xullo de 1914, coa presencia do Sr. Soriano en Pontevedra, responsable do montaxe da liña. A central estaría localizada no antigo baixo do bar Carrillo, na rúa Fernández Villaverde número 1, ao carón de telégrafos. O director da central sería Adolfo Casado Pérez e a data de inauguración sería 16 de xullo de 1914 ás sete da tarde, presidida polo director técnico Jose Ruiz Medina, acompañado por Adolfo Casado e o enxeñeiro Sr. Francisco Aguila. Á inauguración acuden o Marques de Riestra acompañado polo seu fillo o deputado Reimundo, o alcalde Sr Corbal, o xefe de telégrados Rodríguez Caballero, o xefe de liña o Sr Herreros, así como outras autoridades civís e militares. Conta con dous locutorios con illamento a