martes, 28 de novembro de 2023

Os teléfonos do museo naval de Ferrol

O museo naval de Ferrol ten dos teléfonos de tipoloxía Bell fabricados por Siemens Halske en Alemaña en 1878, que pasan por ser dos teléfonos máis antigos conservados en España na actualidade.  



Existe unha certa incertidume sobre a orixe dos teléfonos, pero sabemos que estaban expostos na ETEA de Vigo na sala de xuntas de Edificio Faraday, na planta segunda no interior dunha vitrina, e que foron trasladados ao Museo Naval de Ferrol i expostos na sala 4, con otros elementos de telecomunicación, en 2002.  Aparecen rotulados cos números 3370 e 3376, no que parece ser, froito de analizar otros teléfono semellantes, o número de serie. 


Unha posibilidade de sobre a chegada deses teléfonos sería por parte de Andrés Comerma, nas probas que levou a cabo en 1878, pero aparecen referencias a que foron teléfonos fabricados por Francesc Dalmau en Barcelona conforme a patente Bell. Ademais, os teléfonos Siemens de Ferrol parece ser duns meses posteriores, xa que seguen a patente de Siemens 3396 de 8 de maio de 1878 (consultable parcialmente no Journal Télégraphique de Berna de 25-II-1879 de Karl Eduard Zetzsche), con algunhas modificacións adicionais. Antes Siemens tivo a patente 2355 de 14 de decembro de 1877, pero os teléfonos de Ferrol non parecen corresponderse coa tipoloxía desde teléfonos.




Podes ler máis sobre as probas de Andrés Comerma en 1878 en:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/1878-primeira-chamada-de-telefono-en.html


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...