sábado, 28 de outubro de 2023

A estación Marconi de Fisterra (1913)

A Compañía Nacional de Telegrafía Sin Hilos, domiciliada en Madrid, necesitaba outro punto de conectividad na costa galega para chegar a todos os buques. Tras intentar Cabo Vilán, onde non atoparon un lugar axeitado para colocar a torre e carecer de conectividade telegráfica, que habería que construir, deciden optar por Fisterra, que será vista con bos ollos pola Cámara de Comercio de Coruña para facilitar as comunicacións cos empresarios e consignatarios. 

Tras a estación do Monte Vixiador en Vigo, esta estación estaba chamada a cubrir unha grande extensión, chegando incluso ata as Canarias (aínda que logo a prensa recollería un alcance de 400 quilómetros durante o día). Sería colocada no alto do monte San Guillermo (ou Facho), con 70 metros de altura, nunha elevación natural de 231 metros. Próximos á torre se levantarían douas vivendas con todos os aparatos necesarios

Queda aberta o 1 de decembro de 1913 ao público, que xa podería enviar marconigramas desde as estación s telegráficas. A tasa sería de 4.50 pesetas ou francos (no caso de barcos estranxeiros) por 10 palabras. A primeira mensaxe sería dos Sr. del Río de Coruña nunha mensaxe ao vapor "Konig Friedrich August" da compañía "Hamburg-Amerika Linie" para notificar o número de pasaxeiros a embarcar na parada en Coruña.

Vida gallega  ilustración regional Ano VI Volume IV Número 52 - 25 de febreiro de 1914

Como curiosidade, terían que lidiar coa denuncia do Cruceiro Río de la Planta, que realizou unha denuncia ao goberno español por contar en Fisterra cunha central clandestina en maio de 1915.

O director é Mr. A. C. Lewis (que casaría en 1921 coa veciña Fanny Juan Martinez Herrera), contando como telegrafistas con Mr W. Hicti e os Señores Salvador Más e Emilio de Medrano (que marcharía a Madrid en 1922). A prensa recolle como os telegrafista padeceron o roubo de 42 pezas de roupa branca que estaban nun tendedeiro anexo á estación en 1922.

En maio de 1922 chega destinado de novo a Fisterra, D. Manuel Mari Morante, desde a estación de Carabanchel.  Antes estaría desde a apertura da estación ata 1921, onde tivo tempo de casar con Dª Gloria Dios Soler, filla dun dos fareiros. Manuel sería unha figura de certo renome na sociedade radiotelegráfica española. Nesta época seria sería  director da estación D. Juan Ignacio Gómez de Parada e como telegrafistas menciónanse aos señores Lloret e Manuel Campos Pedreira.

Para saber máis:
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 704 (05/12/1912)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXIV Número 6830 - 6 decembro 1912
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXX Número 8876 - 1913 decembro 2
  • Noticiero de Vigo  diario independiente de la mañana Ano XXVIII Número 11601 - 1913 decembro 13
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IV Número 1043 - 1913 xullo 18
  • Vida gallega  ilustración regional Ano VI Volume IV Número 52 - 1914 febreiro 25
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4142 (18/05/1915)
  • El Progreso diario liberal Año XI Número 3198 - 2 de maio de 1918
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIV Número 10139 - 22 de xullo de 1919;  Año XXVI Número 10351 - 4 de febreiro de 1921; Anno XXVII Número 10127 - 10 de abril de 1922; Ano XXVII Número 10162 - 22 de Maio de 1922
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XLVII Número 16517 - 27 de agosto de 1924 


martes, 24 de outubro de 2023

A estación radiotelegráfica de Ferrol no periodo 1912-1929

En xuño de 1912 chegan a Ferrol os xefes e oficiais militares D. Luis Castañón (comandante), Se. Hernández Alcalde (capitán) e Jose María de Paul (primer tenente) para facer probas de telegrafía sen fíos, tras probas similares en Salamanca, Peñafiel e Medina. Chegará a Ferrol un enxeñeiro e un montador da casa alemana Telefunken para instalar a estación radiotelegráfica, sobre un poste de 35m preexistente do cometa Reudal. As probas estaban pensadas para durar 8 días.

En xaneiro de 1914 a Gaceta de Madrid publica un real decreto autorizando ao ministro da Mariña a contratar por poxa a adquisición da estación radiotelegráfica que se instalará no prado de Caranza en Ferrol, entendendo que no mesmo lugar que as probas anteriores.. Quedaría establecida en setembro de 1914, sendo do sistema Telefúnken cun radio de transmisión de 2.000 quilómetros e 5.000 para recepción. As primeiras probas serían con Carabanchel (Madrid), Bilbao e a torre Eiffel.

Chega a Ferrol para facer probas, en outubro de 1914, o capitán de enxeñeiros D. Braulio Amaro, que tamén tomaría máis adiante o control da estación da Coruña. A estación serviría para probas e formación da armada e para conexión dos buques militares ao logo da costa galega. A prensa indica que os equipos da estación foron levantados neste mes, polo que pode ter un uso moi puntual. 

Marcado como R.G. no Prado de Caranza, na marxe superior dereita do mapa. 1914

Curiosamente aparece a estación no mapa militar publicado nesta data, pero co acrónomo de R.G. que aclaran na lenda que se corresponde con Estación Radionomiométrica e, por tanto, deseñada para axudar por triangulación a ubicar os buques. Non hai referencias adicionais sobre este tipo de estación ata 1920 (1923 no caso de Ferrol) polo que pode referirse as probas que se realizaron en 1914. 

En paralelo, en novembro de 1914 o ministro de gobernación ten permiso para adquirir aparatos e materiais das estacións de Ferrol e Coruña por un importe de 29.920 pesetas. Habería que esperar ata febreiro de 1916 para ter novas. Nesta data fálase da construcción dunha torre con sistema Telefunken na zona militar do arsenal, que se debe inaugurar rápidamente, xa que en maio de 1916 queda asignado o contramestre D. Manuel Varela como conserxe da estación. En decembro de 1919 quedaría nomeado D. Leopoldo Cal y Díaz que xefe da estación telegráfica, que foi antes inspector radioeléctrico con base en Vigo.

A estación radiogoniométrica de Caranza

En 1923 comeza a falarse da estación radiogoniométrica, que comentamos anteriormente, situada no lugar indicado no plano no Prado de Caranza (43º 29' 05''N, 8º 12' 58''W). Asígnande a esta estación: D. Pedro Espiñeira Varela, D. Antonio Fariñós Pérez e D. Jose Ibáñez Almoguera. Comezan a facer probas en agosto de 1924, utilizando o barco "Contramaestre Casado" en viaxe a Santander. Queda aberta ao públic o 22 de outubro de 1924 coas iniciais de chamada EBAW, como queda publicado na Gaceta de Madrid.

En abril de 1925 márcanse as tarifas de servizo, pasando a ser cotas de 10 pesetas por marcación, a recaudar pola Comandancia de Mariña de Ferrol. A cota sería de 10 francos de oro para barcos mercantes estranxeiros a reecaudar, neste caso, pola Dirección Xeral de Comunicacións. 

Revista de Obras Públicas. Los radiofaros españoles 1930, 78, tomo I (2554): 362-366

El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano VI Número 1611 - 20 de abril de 1929


A estación radiotelegráfica do Arsenal

Con respecto á estación do Arsenal, ata 1925 as noticias que aparecen son referidas a deserción dun aprendiz radiotelegrafista, sobre o que se ordena a súa detención, D. Gregorio Cabrera Rodríguez, en xaneiro de 1921. Tamén o pasamento doutro de 20 anos, D. Francisco Ameijeiras Cerviño, por causas naturais, en mayo de 1922.


Ferrol con 440 millas náuticas de alcance. Carte Radiotelegraphique de 1925.


Para saber máis:

  • Galicia revista semanal ilustrada Ano XI Número 29 - 1912 xullo 20
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 720 - 1912 xuño 28; Ano VII Número 1826 - 1916 febreiro 15
  • El Progreso semanario independiente Ano VIII Número 1489 - 1914 novembro 20
  • El Progreso  diario liberal Ano VII Número 2184 - 1914 outubro 8; Ano VII Número 2186 - 1914 outubro 10; Ano IX Número 6414 - 1916 febrero 15
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo Num. 7153 (09/10/1914); Num. 7462 (19/10/1915)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXVI Número 7408 - 6 setembro 1914
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9106 - 1914 setembro 8; Ano XXXII Número 9445 - 1915 outubro 19
  • Marín Semanario independiente Num. 87 (13/09/1914)
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1541 (17/01/1914)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año X Número 4053 - 1916 febrero 21 
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXXIX Número 12674 - 1916 maio 3; Ano XXXIX Número 12741 - 1916 xullo 25; Ano XLII Número 15102 - 1919 decembro 3; Ano XLVI Número 16289 - 13 de novembro de 1923
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 3 - 5 de xaneiro de 1921
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1517 (30/05/1922); Num. 2067 (22/08/1924);  Num. 2126 (29/10/1924)
  • El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano VI Número 1611 - 20 de abril de 1929

mércores, 18 de outubro de 2023

A estación radiotelegráfica militar da Coruña (1915)

O Ministerio de Gobernación sinalou algúns puntos da xeografía galega como bases de instalación radiotelegráficas, para cubrir as comunicacións con barcos. Estaban puntos como Fisterra, Estaca de Bares ou as Illas Cíes. Finalmente a primeira instalación sería na Madroa de Vigo. 

Posteriormente, ben por iniciativa civil, para comunicación con buques mercantes, ou ben militar aparecerían varios proxectos de construcción  

A nova estación radiotelegráfica da Coruña

O 12 de novembro de 1912 menciona a prensa que o oficial de enxeñeiros Sr. López Otero queda encargado de montar unha estación de telegrafía sen fíos en Coruña, para completar a rede radiotelegráfica de España. Xa chegara todo o material e so faltaba por decidir a localización. Visita tamén a cidade Paul Schwarzhaupt, enxeñeiro do fabricante procedente de Berlín. Sería un aparato Telefunken cun radio de acción de 1000 km durante o día e 1500 de noite.

Campo da Estrada da Coruña onde se instalaría a estación radiotelegráfica. Ano ~1910

Anos atrás, en 1905, a cidade xa contara con outro enlace Telefunken, para conectar Coruña e Ferrol e dar servizo ao Diario Ferrolano, primeiro de España e que serviu para formar a moitos telegrafistas.

Un meses antes da proposta de Telefunken, directivos da empresa Marconi, principal competidor, visitar a cidade. En xullo de 1912 chegaran no vapor Natalia, procedente de Londres e Southampton, Mr Saint-John Sadler e un axudante. Curiosamente viñan con coche de 25 cabalos cun sistema de radiotelegrafía embarcado. Tratábase dun agasallo á Corona española, cunha tecnoloxía que estaba só a utilizar o exército inglés.

Localización da antena cunha cruz.  Mapa militar de 1915.


O vicepresidente da Cámara, o Sr. Fraga, aproveitou para reunirse cos visitantes. Estes comentaron a conveniencia de instalar unha estación radiotelegráfica na cidade e utilizar a propia Torre de Hércules como mástil. Sadler comprometeuse a compartir a idea co Conde de Albiz, presidente da compañía nacional de telegrafía sen fíos.

La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 741 - 1912 xullo 23

O proxecto da Coruña queda nunha iniciativa militar en Montealto. Chega a Coruña o oficial de enxeñeiros Sr. López Otero, encargado do centro electrotécnico, en novembro de 1912. Xa está dispoñible o material da compañía Telefunken, pero faltaría seleccionar os terreos. O radio de acción está pensado para 1.000 quilómetros de día e 1.500 de noite. 

Novas referencias na prensa, xa en xuño de 1913 falan da visita do coronel D. Jacobo García Roure para encargarse das obras e dun novo radio de cobertura de 2.000 quilómetris. Un ano máis tarde, en xuño de 1914, chegaría a Coruña D. Braulio Amaro, como xefe da estación radiotelegráfica, todavía sen inaugurar. A apertura da mesma realizaríase por Real Orde de 7 de agosto de 1915


Estación radiotelegráfica da Coruña. Ano descoñecido.

D. Braulio Amaro, primeiro xefe da estación radioeléctrica. Año 1927. Libro Vigo en 1927 de PPKO.


Os primeiros anos da estación

Nos anos seguintes aparecen referencias a visitas de alumnos da Escola Superior de Guerra o excursionistas. En 1920 aparece unha referencia a unha poxa pública para a construcción dun novo pechamento da instalación, que quedaría con forma triangular.

Estación radiotelegráfica da Coruña. Anos 1930.


A finais de outubro de 1923 aparaece unha poxa de ampliación da estación radiotelegráfica da Coruña por un importe de 50.938,74 pesetas publicada no diario oficial do Ministerio de Guerra.  Unha ano máis tarde, en outubro de 1924 sería noticia a estación pola caída dun raio, que non tería maiores consecuencias.

O 17 de decembro de 1925 padece o pasamento dun soldado de enxeñeiros chamado Marcelino Eirín de 22 anos que, accidentalmente, tocou un cable de alta tensión. Atopábase no interior do edificio, na sala de aparatos, ocupado da limpeza de algún deles.  O sarxento de servizo avisou ao médico D. Maximino Fernández Gago pero non puido facer nada. Trasladaron o corpo ao Hospital Militar, onde fixeron a autopsia o comandante médico D. Ramón Zorrilla, os capitáns D. José Gómez Cortés y D. Gabriel Alonso, axudados polo practicante D. Jesús Quián.  O enterro foi presidido polo coronel de enxeñeiros D. Emilio Morata Petit, o tenente coronel D. Tomás Fernández Quintana e o capitán de servizo da estación D. Jose Auz.

Para saber máis:

  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (12/11/1912)
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 741 - 1912 xullo 23; Ano IV Número 1011 - 1913 xuño 11
  • La Voz de Galicia. 17 de novembro de 1912
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1670 - 1912 novembro 13
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIV Número 7053 - 1907 outubro 22; Ano XXXIII Número 9663 - 1916 xullo 6
  • El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXXI Número 9930 - 1908 xaneiro 27; Ano XLVIII Número 16995 - 18 de decembro de 1925; Ano XLVIII Número 16996 - 19 de decembro de 1925
  • Galicia : revista quincenal ilustrada: Ano III Número 15 - 1908 agosto 1
  • El Progreso  diario liberal Ano VIII Número 3279 - 1915 agosto 14; Ano IX Número 6492 - 1916 maio 5
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano VII Número 1913 - 1916 maio 27; Ano VII Número 2377 - 1917 abril 10
  • El Progreso  semanario independiente Ano XIV Número 2548 - 1920 xullo 30
  • El Noroeste Año XIX Número 9734 - 1914 junio 28
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 2479 (18/12/1925)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIX Número 13424 - 19 de decembro de 1925
  • El Orzán  diario independiente Año VI Número 1559 - 28 de abril de 1923; Ano VIII Número 2361 - 19 de decembro de 1925
  • El Progreso  diario liberal Ano XVI Número 4885 - 31 de outubro de 1923; Año XVIII Número 5639 - 19 de decembro de 1925
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano II Número 590 - 19 de decembro de 1925
  • Galicia  diario de Vigo Número 390 - 1 novembro 1923
  • La Provincia  diario de información y de intereses generales Año II Número 301 - 24 de maio de 1924

sábado, 14 de outubro de 2023

Marconi en Ferrol de 1902

Marconi visitou Ferrol en agosto de 1902, cando xa era unha figura mundialmente coñecida pola conexión de Poldhu en Cornualles e Terranova en Canadá a finais de 1901. Marconi estaba nuha travesía desde San Petersburgo, invitado polo Rey de Italia no barco militar Carlo Alberto, para facer novas probas de radiotelegrafía. A parada en Ferrol sería técnica, por víveres e auga, pero serviu para certas actividades técnicas sendo das primeiras experiencias en España, xusto despois dos experimentos de Cervera. 

 Figura do barco Carlo Alberto.Wireless Telegraphy, Jonathan Adolf Wilhelm Zenneck (1915)


O barco ía dirixido polo capitán Martino Cesare e o almirante Carlo Mirabello, pesaba 2012 toneladas y contaba con 42 cañóns e 486 homes.  Algúns xornalistas visitan ao científico o 27 de agosto pola tarde, para coñecer de primeira man as súas impresións da viaxe. Estaba probando un novo tipo de antena no barco que ocupaba con fíos unha boa parte do casco do buque, así como modificando algunha das estación telegráficas. A conectividade con buques estaba limitada ata este momento a 800 millas e, con esta tecnoloxía chegara ata 3000 millas, facendo probas contra a nova estación de Kronstadt, unha illa ao carón de San Petersburgo. Como curiosidade, os xornalistas recollen como Gigliermo Marconi impediu visitar as instalacións telegráficas no barco aos visitantes, xustificando que eran ordes do propio almirante.

Portada de L'Illustrazion Italiana na que aparece Marconi no barco Carlo Alberto xa na chegada a Italia tras pasar por Ferrol e Cádiz, publicada  21 de setembro de 1902


Marconi estivo en comunicación con Inglaterra na súa estadía en Ferrol polo que trasladou aos visitantes novas que chegan por radio, como un incendio en París o visitas reais en sitios de Europa.  Unha comisión de telegrafistas de Vigo onde manifestou que lle intersaba que o seu invento fora máis unha base de progreso para a humanidade que un negocio particular seu. Marconi parecía canso, xa que traballaba nas probas polas noites, para ter unha mellor conectividade, pero conversou en francés cos visitantes e ofreceu un champán. Estivo en compaña do marques de Sig, que actuaba como auxiliar de Marconi.

Mapa do roteiro do barco en 1902, coa parada en Ferrol.


Para saber máis: 

  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. 527 (28/08/1902)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXV Número 8138 - 28 de agosto de 1902
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo Num. 3507 (29/08/1902)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XIV Número 3782 - 29 agosto 1902
  • El regional  diario de Lugo Num. 6792 (30/08/1902); Num. 6795 (02/09/1902)
  • El Noroeste - 28 de agosto de 1902
  • La Correspondencia de España  diario universal de noticias Ano LIII Número 16273 - 27 de agosto de 1902; Ano LIII Número 16276 - 30 de agosto de 1902
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano VII Número 1269 - 1902 Agosto 28; Ano VII Número 1271 - 30 de agosto de 1902
  • Diario de Reus  de avisos y noticias Ano XLIII Número 195 - 31 de agosto de 1902
  • El Liberal Ano I Número 33 - 31 de agosto de 1902

domingo, 8 de outubro de 2023

A visita de Marconi a Vigo en 1928

Desde o 20 de marzo de 1928, Marconi e a súa muller están embarcados no buque Electra da súa propiedade. Visitan Malta, Túnez, Trípoli e Sevilla. O 8 de marzo de 1928 parten de Sevilla rumbo a Vigo, antes de viaxar a Inglaterra onde Marconi tiña intención de facer uns ensaios sobre ondas direccionais (usando bandas de frecuencia máis altas, menor potencia de transmisión e maior seguridad de escoitas non desexadas). Curiosamente, a prensa menciona os intentos en Inglaterra de controlar remotamente avións para evitar contar con pilotos, que sería de interese para Marconi.

O barco de 632 toneladas conta cunha tripulación de 30 homes, dirixida pola capitán Lauro e o oficial Romano. Chegan a Vigo o 10 de marzo pola tarde onde a prensa sorpréndese de que só tardaran dous días na travesía desde Sevilla. Marconi e a súa muller pasearon en coche por algunhas rúas da cidade e emitiron un concerto de 16:00 a 17:30 que se celebraba no extranxeiro e que podía ser escoitado polos vigueses desde as Avenidas.

Foto do barco Electra na ría de Vigo

O 11 de maio Guillermo Marconi tivo un banquete ás 13 horas no Hotel Moderno co alcalde de Vigo. Asistiron o alcalde e a súa muller; Marconi e muller; o secretario municipal Baliño; o consul de Italia e señora;  o presidente e secretario da cámara de comercio, os Sres. Mirambell e Castejón, o capitán do Electra; o secretario do fascio en Vigo D. Giorgiano Paganini e o presidente do Círculo Mercantil . Foi convidado a facer unha xira por Baiona, pero Marconi mostrou mais interese na península do Morrazo. Visitaron esa tarde Pontevedra, Figueiredo, Cobres, Moaña, Bueu (onde visitaron as fábricas de conservas) e Cangas, volvendo a Vigo en barco.

Marconi e a súa muller acompañados do consul italiano e secretario do Fascio Guido Paganini e autoridades locais como o alcalde Sr. Alonso Cuenca e o presidente e secretario da Cámara de Comercio, os Sres Mirambell e Castejón.

Marconi pensaba visitar Santiago o 12 de marzo pero unha indisposición impediu a viaxe. O señor Ferreiroa, director do instituto de Vigo, escribiu a Marconi solicitando visitar o barco cos alumnos, sendo aceptada a visita. Así, o mesmo día 13 ao mediodía antes de partir, unha representación de profesores e alumnos visita o buque. Marconi explicoulles elementos para convertir a corrente alterna en continua, transformadores de potencias, sintonizadores, etc. Tamén introduciu os traballos para 'canalizar' as ondas (para ter antenas directivas) que permitiu conectar Londres con Sudáfrica. Aproveitou para comentar algún invento adicional, como un receptor sen antena ou unha máquina de escribir para facilitar o envío de mensaxes.

Nova da chegada de Marconi no El pueblo gallego do 11 de maio de 1928


Marcha o 13 ás catro da tarde, non sen antes prometer volver en xuño ou xullo a dar unha conferencia no Mercantil e coñecer a cidade de Santiago.  De camiño faría unha parada en Ferrol, onde non puido recibir ao alcalde López Suárez e o crego Matías Usero Torrente ao padecer un catarro. Foron atendido pola muller de Marconi. Matías redactaría na prensa local detalles técnicos como a emisora de 6KW en ondas de 300 a 2500m.

Para saber máis:

  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XLIII Número 13016 - 1928 maio 5; Ano XLIII Número 13021 - 11 de maio de 1928; Ano XLIII Número 13022 - 12 de maio de 1928
  • El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano L Número 17653 - 11 de maio de 1928; Ano L Número 17656 - 15 de maio de 1928
  • El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano V Número 1319 - 11 de maio de 1928; Ano V Número 1320 - 12 de maio de 1928; Ano V Número 1321 - 13 de maio de 1928
  • El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XXXII Número 14115 - 12 de maio de 1928
  • El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Ano XII Número 3204 - 12 de maio de 1928; Ano XII Número 3207 - 16 de maio de 1928
  • El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XXXIII Número 13738 - 12 de maio de 1928
  • Vida gallega : ilustración regional: Ano XX Número 378 - 30 de maio de 1928
  • La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano XIX Número 5444 - 17 de maio de 1928

mércores, 4 de outubro de 2023

O locutorio do Obelisco na Coruña

 As centrais telefónicas facían o rol de locutorios para aquela maioría de potenciais usuarios que non dispuñan de teléfono na casa. Adicionalmente outras ubicacións tamén permitían usar un teléfono mediante uso compartido previo pagamento. As populares cabinas telefónicas de pago por moedas non chegarían ata finais dos anos 50, sendo as primeiras experiencias en Madrid nos anos fináis dos anos vinte do século XX. 

Un dos lugares que máis chama a atención e o locutorio telefónico do quiosco do Obelisco, que aparece en fotografías e postais ao estar situado nun dos iconos principais da cidade da Coruña, a poucos da central telefónica no edificio do Casino da rúa Real. Que sabemos deste locutorio?

Postal. O quiosco do obelisco indicando "Teléfonos. Servicio Público". Sen datar.


Primeiro uso como despacho de leite

A prensa recolle en abril de 1906 a apertura dun chalé modernista con luxo e elegancia, para aqueles que gusten de tomar leite crúa ou cocida, baixo a marca de "Lechería Gallega" que contaría con outros puntos de venta da cidade. Durante uns anos de actividades, ata 1914 aproximadamente, deixaría frecuentes anuncios na prensa e certa pegada en forma de fotografías. 

El Eco de Galicia : diario católico é independiente : Num. 637 (03/10/1908)

El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XVII Número 6066 - 1912 abril 15


Curiosamente este quiosco sería noticia en febreiro de 1909 por unhas liortas nunha folga de pintores, nun momento en que dúas persoas, Alfredo Castro Segade e Ricardo Marcote estaba a pintar de cor verde o mesmo. Este caso chegaría á audiencia en 1911. Tamén en setembro dese ano aparecería una referencia a un impago dun vaso de leite consumido por Jesús González Vázquez que ocasionaría unha multa de 25 pesetas.

En 1911 aparece unha referencia á venda de localidades para o partido de futbol entre o Deportivo e un equipo de Burdeos que estaba na cidade.

Postal do quiosco do obelisco cun carro de "Lechería Gallega". Sen datar

A comisión de Policía no 17 de maio de 1913 do Concello de A Coruña autoriza o traspaso do quiosco de Enrique Teijeiro a Manuel García Juncosa, propietario do Salón Cinema Coruña, para transformalo nun salón para limpabotas.


A nova era do quiosco

En xuño de 1915, tras dous anos levando a concesión, debátese no Concello se cumpre eliminar esa concesión ao considerala "un privilexio". Non volvería o asunto ata maio de 1918, onde se aproba a retirada do quiosco, non se algo de controversia desde as páxinas do Ideal Gallego. Esta retirada tardaría en producirse. Cumpre salientar que en todo momento refírense a él como quiosco para limpabotas, obviando a función de teléfono público. 

En 1917 queimouse a central telefónica da rúa Real e, tras uns meses sen servizo, trasladouse á Rúa Juana de Vega. Debe ser nesta época cando abriu como servizo de teléfono público, xa que antes existiría un locutorio na propia central a escasos 25 metros.


El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Num. 400 (16/05/1918)

Adicionalmente, cumpre mencionar que aparece na prensa en múltiples mencións como despacho de billetes para a praza de touros e outras actividades, pero tratábase de outra casilla, situada entre o obelisco e o quiosco, rematada cunha bandeira de España.

Postal onde vese o quiosco e unha casilla independente para a venda de entradas para corridas de touros. Sen datar (~1919)

Un novo acordo do concello impulsa a retirada do quiosco en decembro de 1920, dando un prazo de 60 días, que alongaríase no tempo, xa que a confirmación formal na prensa chegaría en abril de 1921. O concesionario reclamaría que non foi notificado en tempo e forma por parte do concello.


Para saber máis:
  • Revista gallega : semanario de literatura e intereses regionales: Ano XII Número 578 - 1906 abril 15
  • El Eco de Galicia : diario católico é independiente : Num. 637 (03/10/1908); Num. 925 (09/09/1909); Num. 1425 (16/04/1911); Num. 1467 (04/06/1911); Num. 2077 (18/05/1913); Num. 2820 (10/06/1915)
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXVI Número 7440 - 1909 febreiro 25
  • El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XVII Número 6066 - 1912 abril 15
  • El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Num. 400 (16/05/1918); Num. 401 (17/05/1918); Num. 1105 (23/10/1920); Num. 1157 (22/12/1920)
  • Acción coruñesa : periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia: Ano II Número 20 - 14 marzo 1921
  • La Voz de Galicia: 16 de maio de 1918; 23 de decembro de 1920; 17 de marzo de 1921; 6 de abril de 1921

O mindoniense Cándido Martínez na reclamación salarial dos telegrafistas de 1880

 Candido Martínez Montenegro foi un deputado liberal durante tres décadas por Mondoñedo (Lugo), que nos ano 1881 - 1883 sería director de Co...