Desde o 20 de marzo de 1928, Marconi e a súa muller están embarcados no buque Electra da súa propiedade. Visitan Malta, Túnez, Trípoli e Sevilla. O 8 de marzo de 1928 parten de Sevilla rumbo a Vigo, antes de viaxar a Inglaterra onde Marconi tiña intención de facer uns ensaios sobre ondas direccionais (usando bandas de frecuencia máis altas, menor potencia de transmisión e maior seguridad de escoitas non desexadas). Curiosamente, a prensa menciona os intentos en Inglaterra de controlar remotamente avións para evitar contar con pilotos, que sería de interese para Marconi.
O barco de 632 toneladas conta cunha tripulación de 30 homes, dirixida pola capitán Lauro e o oficial Romano. Chegan a Vigo o 10 de marzo pola tarde onde a prensa sorpréndese de que só tardaran dous días na travesía desde Sevilla. Marconi e a súa muller pasearon en coche por algunhas rúas da cidade e emitiron un concerto de 16:00 a 17:30 que se celebraba no extranxeiro e que podía ser escoitado polos vigueses desde as Avenidas.
Foto do barco Electra na ría de Vigo
O 11 de maio Guillermo Marconi tivo un banquete ás 13 horas no Hotel Moderno co alcalde de Vigo. Asistiron o alcalde e a súa muller; Marconi e muller; o secretario municipal Baliño; o consul de Italia e señora; o presidente e secretario da cámara de comercio, os Sres. Mirambell e Castejón, o capitán do Electra; o secretario do fascio en Vigo D. Giorgiano Paganini e o presidente do Círculo Mercantil . Foi convidado a facer unha xira por Baiona, pero Marconi mostrou mais interese na península do Morrazo. Visitaron esa tarde Pontevedra, Figueiredo, Cobres, Moaña, Bueu (onde visitaron as fábricas de conservas) e Cangas, volvendo a Vigo en barco.
Marconi e a súa muller acompañados do consul italiano e secretario do Fascio Guido Paganini e autoridades locais como o alcalde Sr. Alonso Cuenca e o presidente e secretario da Cámara de Comercio, os Sres Mirambell e Castejón.
Marconi pensaba visitar Santiago o 12 de marzo pero unha indisposición impediu a viaxe. O señor Ferreiroa, director do instituto de Vigo, escribiu a Marconi solicitando visitar o barco cos alumnos, sendo aceptada a visita. Así, o mesmo día 13 ao mediodía antes de partir, unha representación de profesores e alumnos visita o buque. Marconi explicoulles elementos para convertir a corrente alterna en continua, transformadores de potencias, sintonizadores, etc. Tamén introduciu os traballos para 'canalizar' as ondas (para ter antenas directivas) que permitiu conectar Londres con Sudáfrica. Aproveitou para comentar algún invento adicional, como un receptor sen antena ou unha máquina de escribir para facilitar o envío de mensaxes.
Nova da chegada de Marconi no El pueblo gallego do 11 de maio de 1928
Marcha o 13 ás catro da tarde, non sen antes prometer volver en xuño ou xullo a dar unha conferencia no Mercantil e coñecer a cidade de Santiago. De camiño faría unha parada en Ferrol, onde non puido recibir ao alcalde López Suárez e o crego Matías Usero Torrente ao padecer un catarro. Foron atendido pola muller de Marconi. Matías redactaría na prensa local detalles técnicos como a emisora de 6KW en ondas de 300 a 2500m.
Para saber máis:
- El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XLIII Número 13016 - 1928 maio 5; Ano XLIII Número 13021 - 11 de maio de 1928; Ano XLIII Número 13022 - 12 de maio de 1928
- El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano L Número 17653 - 11 de maio de 1928; Ano L Número 17656 - 15 de maio de 1928
- El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano V Número 1319 - 11 de maio de 1928; Ano V Número 1320 - 12 de maio de 1928; Ano V Número 1321 - 13 de maio de 1928
- El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XXXII Número 14115 - 12 de maio de 1928
- El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Ano XII Número 3204 - 12 de maio de 1928; Ano XII Número 3207 - 16 de maio de 1928
- El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XXXIII Número 13738 - 12 de maio de 1928
- Vida gallega : ilustración regional: Ano XX Número 378 - 30 de maio de 1928
- La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano XIX Número 5444 - 17 de maio de 1928
Ningún comentario:
Publicar un comentario