Marconi visitou Ferrol en agosto de 1902, cando xa era unha figura mundialmente coñecida pola conexión de Poldhu en Cornualles e Terranova en Canadá a finais de 1901. Marconi estaba nuha travesía desde San Petersburgo, invitado polo Rey de Italia no barco militar Carlo Alberto, para facer novas probas de radiotelegrafía. A parada en Ferrol sería técnica, por víveres e auga, pero serviu para certas actividades técnicas sendo das primeiras experiencias en España, xusto despois dos experimentos de Cervera.
O barco ía dirixido polo capitán Martino Cesare e o almirante Carlo Mirabello, pesaba 2012 toneladas y contaba con 42 cañóns e 486 homes. Algúns xornalistas visitan ao científico o 27 de agosto pola tarde, para coñecer de primeira man as súas impresións da viaxe. Estaba probando un novo tipo de antena no barco que ocupaba con fíos unha boa parte do casco do buque, así como modificando algunha das estación telegráficas. A conectividade con buques estaba limitada ata este momento a 800 millas e, con esta tecnoloxía chegara ata 3000 millas, facendo probas contra a nova estación de Kronstadt, unha illa ao carón de San Petersburgo. Como curiosidade, os xornalistas recollen como Gigliermo Marconi impediu visitar as instalacións telegráficas no barco aos visitantes, xustificando que eran ordes do propio almirante.
Marconi estivo en comunicación con Inglaterra na súa estadía en Ferrol polo que trasladou aos visitantes novas que chegan por radio, como un incendio en París o visitas reais en sitios de Europa. Unha comisión de telegrafistas de Vigo onde manifestou que lle intersaba que o seu invento fora máis unha base de progreso para a humanidade que un negocio particular seu. Marconi parecía canso, xa que traballaba nas probas polas noites, para ter unha mellor conectividade, pero conversou en francés cos visitantes e ofreceu un champán. Estivo en compaña do marques de Sig, que actuaba como auxiliar de Marconi.
Para saber máis:
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. 527 (28/08/1902)
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXV Número 8138 - 28 de agosto de 1902
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 3507 (29/08/1902)
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XIV Número 3782 - 29 agosto 1902
- El regional diario de Lugo Num. 6792 (30/08/1902); Num. 6795 (02/09/1902)
- El Noroeste - 28 de agosto de 1902
- La Correspondencia de España diario universal de noticias Ano LIII Número 16273 - 27 de agosto de 1902; Ano LIII Número 16276 - 30 de agosto de 1902
- El Eco de Santiago diario independiente Ano VII Número 1269 - 1902 Agosto 28; Ano VII Número 1271 - 30 de agosto de 1902
- Diario de Reus de avisos y noticias Ano XLIII Número 195 - 31 de agosto de 1902
- El Liberal Ano I Número 33 - 31 de agosto de 1902
Ningún comentario:
Publicar un comentario