O teléfono interurbano tamén chegou a Ferrol en 1914, neste caso como un ramal desde a central de Betanzos. A inauguración estaba prevista para o 1 de setembro, pero finalmente sería o 7 de setembro de 1914 ás sete da tarde. A central queda establecida na rúa Real número 52, con dous locutorios para conferencias e catro pupitres para o envío de telefonemas. Tería xa un horario extendido, de oito da mañá a doce da noite. O director da estación será D. Rafael Agulló. Na inauguración tamén estarían o xefe mecánico. D Francisco Aguilar, o oficial de servizos D. Vicente Zenalmor e o director técnico D. Jose Ruiz Medina, que tamén estivo no resto de estacións galegas inauguradas neste ano. Os abonados da rede urbana poden facer conferencias desde o seu propio domicilio, mediante un depósito prepago na nova central. Asistirn á inauguración representantes da prensa, comandantes de buques militares, autoridades civís e tamén o Sr. Parellada, xerente da Compañía Peninsular. Ademais dunha visit