domingo, 22 de xaneiro de 2023

Telefonía interurbana en Pontevedra (1914 - 1924)

O 14 de marzo de 1914 sae publicada como primeira data para a chegada da telefonía interurbano en maio dese ano, que se atrasaría uns meses. O 7 de xuño de 1914 publícase a petición da Compañía Peninsular ao Concello de Pontevedra para colocar postes.

A instalación comeza o 3 de xullo de 1914, coa presencia do Sr. Soriano en Pontevedra, responsable do montaxe da liña.  A central estaría localizada no antigo baixo do bar Carrillo, na rúa Fernández Villaverde número 1, ao carón de telégrafos. O director da central sería Adolfo Casado Pérez e a data de inauguración sería 16 de xullo de 1914 ás sete da tarde, presidida polo director técnico Jose Ruiz Medina, acompañado por Adolfo Casado e o enxeñeiro Sr. Francisco Aguila.

Á inauguración acuden o Marques de Riestra acompañado polo seu fillo o deputado Reimundo, o alcalde Sr Corbal, o xefe de telégrados Rodríguez Caballero, o xefe de liña o Sr Herreros, así como outras autoridades civís e militares. Conta con dous locutorios con illamento acústico e teléfonos Ericsson. Enviaron telefonemas a Bernardo Sagasta, Augusto González Besada e d. Eduardo Vincenti. Os abonados do servizo telefónico urbano poderían chamar desde as súas casas, previo depósito de diñeiro, xa que ambas estacións estarían interconectadas.

Bernardo Sagasta. Director Xeral de Correo e Telégrafos. Ano descoñecido.

Desde setembro de 1914 o alcalde de Pontevedra fai presión para extender o servizo, que finalizaba ás oito da tarde. Consíguese en marzo de 1915, cando o director da Compañía Peninsular D.Eduardo Estelat confirma ao alcalde a extensión do servizo ata as 22h. 

En outubro de 1915 retómase o asunto para extender o horario ata a medianoite, do mesmo xeito que xa tiñan urbes como Santiago de Compostela ou Ferrol, que non se conseguiría ata abril de 1917.

Non habería máis novas na prensa ata 1920, cando é destinado desde Ferrol o telefonista Francisco Montes para ocuparse da central de Pontevedra i en 1922 onde regresaría Eduardo Tobío Mosquera, que levaba desde a folga de 1919 destinado en Ferrol e que logo sería asignado á central de Tui, onde sería noticia en 1924 por padecer un accidente de tráfico. En marzo de 1923 sería nomeado D. Ángel Pérez Gorjón como novo xefe da central, que morrería a finais de agosto de 1924 froito dunha breve enfermidade.

El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XLI Número 11908 - 1 de setembro de 1924



Para saber máis:

  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 8959 - 14 de marzo de 1914; Ano XXXI Número 9049 - 3 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9059 - 15 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9060 - 16 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9060 - 17 de xullo de 1914; Ano XXXII Número 9309 - 10 de maio de 1915; Ano XXXIV Número 9901 - 18 de abril de 1917; Ano XXXVIII Número 11204 - 27 de xullo de 1921; no XXXIX Número 11571 - 4 de outubro de 1922; Ano XL Número 11715 - 27 de marzo de 1923; Ano XLI Número 11908 - 1 de setembro de 1924; Ano XLI Número 12007 - 24 de decembro de 1924
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7320 - 8 xuño 1914;  Ano XXVI Número 7380 - 8 agosto 1914; Ano XXVI Número 7419 - 17 setembro 1914
  • El Progreso  semanario independiente Ano VIII Número 1388 - 15 de xullo de 1914; Ano VIII Número 1421 - 17 de setembro de 1914; Ano VIII Número 1390 - 30 de xullo de 1914; Ano IX Número 1563 - 20 de febreiro de 1915; Ano IX Número 1569 - 27 de febreiro de 1915; Ano IX Número 1584 - 28 de marzo de 1915; Ano IX Número 1767 - 26 de outubro de 1915; Ano XI Número 2205 - 8 de abril de 1917; Ano XI Número 2218 - 24 de abril de 1917;  Ano XVIII Número 5498 - 30 de agosto de 1924
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7356 - 15 xullo 1914; Ano XXVI Número 7358 - 17 xullo 1914
  • Faro de Vigo - Interurbano Pontevedra - 16 de xullo de 1914; 17 de xullo de 1914; 19 de abril de 1917; 27 de marzo de 1923; 29 de agosto de 1924;
  • Marín  Semanario independiente Num. 83 (16/08/1914)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7137 (19/09/1914); Num. 7115 (18/07/1914)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XIX Número 6638 - 18 de xuño de 1914
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLIII Número 15244 - 20 de maio de 1920; Ano XLV Número 15945 - 3 de outubro de 1922
  • Galicia  diario de Vigo Número 210 - 27 marzo 1923 
  • La Voz de Galicia: 4 de outubro de 1922; 31 de marzo de 1923
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano I Número 284 - 24 de decembro de 1924; Ano I Número 286 - 26 de decembro de 1924; 
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XIV Número 4732 - 26 de decembro de 1924

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...