sábado, 28 de xaneiro de 2023

As dúas sedes do teléfono interurbano de Ferrol (1914-1917)

O teléfono interurbano tamén chegou a Ferrol en 1914, neste caso como un ramal desde a central de Betanzos.  A inauguración estaba prevista para o 1 de setembro, pero finalmente sería o 7 de setembro de 1914 ás sete da tarde.

A central queda establecida na rúa Real número 52, con dous locutorios para conferencias e catro pupitres para o envío de telefonemas. Tería xa un horario extendido, de oito da mañá a doce da noite. O director da estación será D. Rafael Agulló. Na inauguración tamén estarían o xefe mecánico. D Francisco Aguilar, o oficial de servizos D. Vicente Zenalmor e o director técnico D. Jose Ruiz Medina, que tamén estivo no resto de estacións galegas inauguradas neste ano. Os abonados da rede urbana poden facer conferencias desde o seu propio domicilio, mediante un depósito prepago na nova central.

Asistirn á inauguración representantes da prensa, comandantes de buques militares, autoridades civís e tamén o Sr. Parellada, xerente da Compañía Peninsular. Ademais dunha visita ás instalacións ofreceuse un lunch no salón do Café Español. O alcalde Zelada e o presidente da Cámara de Comercio D Manuel Comellas aproveitaron para enviar telefonemas a autoridades da provincia e de Madrid.

Estivo presente o Xeneral de Enxeñeiros Andres A. Comerma, ao que lle pediron que dixera unhas verbas ao público asistente. Neste evento dixo que instalou o primeiro teléfono particular de Galicia, entre a súa casa e a dun veciño, así como os primeiros teléfonos oficiais, entre a Capitanía Xeral de Ferrol e a de Galicia, na cidade da Coruña. Por último, invitou a xuventude ferrolá a que loite por seguir traendo adiantos tecnolóxicos á cidade. 

En xuño de 1917 realizaríase un traslado de local, pasando á rúa Dolores 67, esquina con Sánchez Barcaiztegui, no antigo comedor do Hotel Suizo. Sería o director Rafael Agulló o responsable desta migración, axudado polo montador o Sr. Perna e o resto dos oficiais telefonistas. Realizouse a inauguración o 16 de xuño de 1917, aínda que ao público sería aberta o día 25, incorporandose semanas máis tarde D. Manuel García Cortés como novo oficial telefonista. O horario pasaría a ser ata as 3 da mañá, gracias a participación de D. Baldomero Lios, secretario de ministro de gobernación, desde o 16 de xullo de 1918.

Foto. Plano do comedor do antigo hotel Suizo (nova sede da telefonía interubana en 1917) Catálogo da Exposición de Arquitectura Modernista Ferrolá (1900-1925). Ano 1979. COAG.

A prensa recolle cambio no persoal da central. Este sería do oficial Vicente Jiménez Salazar (destinado a Valladolid en xaneiro de 1919) ou Jesús Cabaleiro Pedreira (destinado a Betanzos nas mesmas datas). De Vilagarcía chegaría Jose García Sánchez e Benito Rey, que ven da central de Pontevedra.  En xuño de 1919 chega un novo xefe, D. Carlos Herce (ou Erce), que ven de Donostia e regresaría en maio de 1920.  En decembro de 1919 chegaría Manuel García Cortés e Jose Añino. En xullo de 1920 chegaría o novo xefe, D. Jose Uriol e un novo telefonista, Manuel García Cortés. Ambos serían ascendidos en marzo de 1921, xunto a Fernando Aniño (que solicitaría unha permuta en 1922 con Eduardo Tobío Mosquera) e Manuel Gómez Permuy. En agosto de 1921 chegaría Luis Rey Arias i en 1922 Sergio Tojo Otero (procedente de Santiago). Xa coa chegada da Compañía Telefónica Nacional de España o oficial de Ferrol D. Francisco Bastida sería trasladado a Coruña, sendo reemplazado por Segundo Fernández, procedente de Monforte.

Para saber máis:

  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7113 (22/08/1914);  Num. 7127 (08/09/1914); Num. 8293 (16/07/1918)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12119 - 5 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12120 - 6 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12121 - 8 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12122 - 11 de setembro de 1914; Ano XL Número 12997 - 1 de xuño de 1917; Ano XL Número 13009 - 26 de xuño de 1917; Ano XLI Número 14673 - 13  de xullo de 1918; Ano XLI Número 14681 - 23 de xullo de 1918; Ano XLIII Número 15248 - 25 de maio de 1920;  Ano XLIII Número 15279 - 1 de xullo de 1920; no XLIII Número 15292 - 16 de xullo de 1920; no XLIII Número 15331 - 31 de agosto de 1920; Ano XLIV Número 15703 - 22 de decembro de 1921; Ano XLV Número 15752 - 17 de febreiro de 1922; Ano XLV Número 15948 - 6 de outubro de 1922; Ano XLVII Número 16375 - 21 de febreiro de 1924; Ano XLVII Número 16569 - 30 de outubro de 1924
  • El Noroeste Ano XIX Número 9802 - 6 de setembro de 1914; Ano XXII Número 10072 - 17 de xuño de 1917
  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente Num. 2542
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 3986 (08/09/1914)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano VIII Número 2752 - 9 de setembro de 1914; Ano XIII Número 4749 - 5 de xaneiro de 1919
  • La Voz de Galicia - 2 de agosto de 1917; 24 de agosto de 1921;
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 153 (03/08/1917)
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 42 (13/05/1917); Num. 62 (02/06/1917); Num. 748 (19/07/1919); Num. 2099 (15/06/1924)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXII Número 9223 - 18 de xuño de 1917
  • El Orzán  diario independiente Año I Número 160 - 14 de xullo de 1918; Ano V Número 1188 - 10 de xaneiro de 1922
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IX Número 2538 - 17 de xulllo de 1918
  • El Progreso  diario liberal Ano XII Número 3684 - 5 de decembro de 1919
  • El noticiero gallego  Diario de Santiago Num. 28 (04/01/1919)
  • Faro de Vigo - 13 de xuño de 1917
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XIV Número 4685 - 31 de outubro de 1924

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O receptor de Gonzalo Brañas

Gonzalo Brañas nado na Coruña (1866) foi un físico catedrático dos institutos de Oviedo (conseguida en 1903 cun aparellos receptores de radi...