Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

As primeiras liñas privadas na provincia de Ourense (1886 - 1917)

Existen diferentes tipoloxías de liñas telefónicas:  Liñas de edificios públicos (concellos, deputación, etc) Redes urbanas, que no caso de provincia de Ourense chegaría só a capital antes de 1917, neste caso en 1914, recollido nesta publicación:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/ourense-creacion-da-rede-urbana-de.html Redes interurbanas, que chegaron á cidade de Ourense en 1914 e permitían contactar con outras 9 cidades galegas e co resto de España  Liñas particulares que ocupaban o espazo público (postes,...) que requirían de autorización Liñas particulares interiores (dentro de hoteis, etc.) Liñas públicas telefónicas para conexión a rede telegráfica, que se recolleron nesta publicación para os caso de  Bande e Viana do Bolo ata 1899, pero sabemos que houbo máis como o caso do Irixo (1914),  Dacón (1898), entre outros:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html Liñas telefónicas reconvertidas en telegráficas, como foi o c

Os teléfonos privados na provincia de A Coruña no século XIX

Sen dúbida, o primeiro caso de rede privada en Galicia foi a de Rubine en 1885, que se recolleu nun artigo previo:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/06/a-primeira-lina-de-telefono-de-galicia.html Rubine e Cervigón, recollidos no artigo, non serían os únicos coruñeses interesados, xa que existirá outro proxecto en 1888 que de detalla embaixo. No resto do século XIX temos localizadas varias liñas particulares máis no provincia de A Coruña. Hai que ter en conta que a rede urbana de Coruña se inaugurou en 1888, polo que potenciais demandantes de liñas particulares xa eran atendidos por este servizo.  No resto de provincia, varios comerciantes tiñas liñas entre as súas casas e negocios. Ademáis destas liñas particulares, existían liñas municipais para conectar cos servizos de telegráfia do Estado, que se recollen neste artigo: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html As instalacións particulares, en ocasións, estaban vencelladas a

Os teléfonos privados na provincia de Pontevedra no século XIX

 Sen dúbida o primeiro caso foi de rede privada foi o de Antonio López de Neira en 1886, que se recolleu nun artigo previo:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/lopez-de-neira-primeira-lina-de.html No resto do século XIX temos localizadas once liñas particulares máis no provincia de Pontevedra. Hai que ter en conta que a rede urbana de Vigo se inaugurou en 1889, polo que potenciais demandantes de liñas particulares viron colmadas as súas necesidades co servizo urbano. Así, varios comerciantes tiñas liñas na súa casa e negocio, polo que non aparecen recollidos neste artigo. Ademáis destas liñas particulares, existían liñas municipais para conectar cos servizos de telegráfia do Estado, que se recollen neste artigo: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html As instalacións particulares, en ocasións, estaban vencelladas a redes eléctricas polo que utilizaban as súas propias instalacións, pero noutros casos facían unha ocupación da

O servizo de telefonía público en Ponteareas (1915-1920)

Febreiro de 1915, Ao igual que ocorre con Tui, a vila de Ponteareas solicita a instalación dunha estación telefónica urbana na vila á Dirección Xeral de Telégrafos, por medio de xefe de telégrafos da vila.  Neste caso, a diferencia doutras poboacións que entraron nesta convocatoria pública, Ponteareas tiña o interese en contar con liñas que comunicaran con ata dez parroquias do concello, dadas as dimensións do mesmo. Os celadores, responsables da montaxe das liñas, reclaman aos propietarios a tala das árbores para instalar o teléfono ás parroquias. Instalación de telefonía nun día do Corpus. Ponteareas. Ano descoñecido. A autorización publícase o 2 de marzo de 1915, polo que Julio Herreros, xefe de liña do corpo de telégrafos destinado en Vigo visita a vila de Ponteareas para facer un levantamento topográfico. Van comezar por instalar o teléfono nas fábricas de curtidos de Viúva e Fillos de Garra, os serradoiros dos Sres Candeira i Estens en Areas, Candeira e compañía en Oliveira e no

Os primeiros anos da telefonia en Santiago (1902-1917)

A Gaceta de Madrid publica unha nova poxa o 18 de xaneiro de 1902, con características idénticas á realizada en 1900, tras ter desistido Manuel Bárcena do seu proxecto. O Boletín da Provincia tamén publica o anuncio, neste caso o 1 de febreiro de 1902. O prazo de presentación de propostas finaliza o 21 de febreiro de 1902 sen terse presentado ningunha proposta. Gaceta de Madrid. 18 de xaneiro de 1902 Raimundo Núñez Codesal, veciño comerciante e industrial de Betanzos e autor do proxecto de telefonía da cidade de Santiago de Compostela que se utilizou xa n poxa de 1900, utiliza o seu dereito preferente sobre este concurso e obtén a autorización para a construción e explotación da rede por un período de 20 anos.  As obras comezan en maio de 1902, coa construción da torre na central telefónica, localizada na Rúa Vilar número 30, que por unha publicación de 1918 parece que terían contrato de aluguer por vinte anos. A data para a inauguración do servizo sería o día do Apástolo, o 25 de xull

Vigo (1913 - 1914): os fíos do teléfono impiden a instalación do tranvía

En Vigo en 1913 coexistían as instalacións das compañías de Gas i Electro Popular xunto aos do teléfono urbano. Ademais, estaba a rede de telégrafos públicos e a instalación da rede de telefonía urbana da Compañía Peninsular. Por riba, xurdiu o proxecto do tranvía, en fase de construción. Todos eles tiñas instalacións na rúa, mediante postes e competían polo mesmo espazo. O director da sección de telégrafos de Vigo remite o 1 de xullo de 1913 ao enxeñeiro xefe de obras do provincia, o Sr. Abreu, unha petición de información sobre as regras que debe seguir o concello sobre as diferentes instalacións de fíos na vía pública.  Tranvía na rúa Príncipe con vistas o templete da estación telefónica. Arquivo Pacheco. Ano descoñecido entre 1914-1928  Este contesta que as redes de electricidade das dúas compañías provedoras do servizo deben compartir postes de 10m (ou máis) de altura, separados 40m e con aprobación por parte do concello. No caso de ser unha rúa por onde pase o tranvía deben compa