A primeira noticia sobre o interese en establecer unha rede urbana en Ourense foi en abril de 1889, xusto despois das redes de A Coruña e Vigo. A diferencia foi que en Ourense tardaría 25 anos en establecerse. Non constan quen foron as persoas desta primeira iniciativa. En xullo de 1892 volve a aparecer na prensa esta iniciativa, esta vez cun proxecto estimado en 28.500 pesetas deseñado pola Escola de Artes e Oficios e unha mención na prensa á necesidade de constituir unha sociedade por accións. En paralelo, proxéctase unha rede privada, para conectar os fielatos das entradas de Ourense, por parte do arrendatario do servizo de consumos. Unha nova referencia chega en novembro de 1892 onde a prensa menciona unha empresa de Madrid como interesada no establecimento do servizo. Este proxecto volve discutirse en marzo de 1894 na Escola de Artes, facultado ao Sr. Jose Lorenzo Gil para solicitar ao concello unha subvención e comezar a movilizar aos posibles clientes que poidan estar interesa