Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

1896: A prohibición das chamadas telefónicas en galego

Estivo prohibido falar en galego por teléfono antes da ditadura? Atendendo á seguinte imaxe si, pero semella que non afectou tanto.... La Vanguardia. 28 de maio de 1896 A finais de  maio de 1896  , Salvador Bermúdez de Castro y Díez, director de Correos e Telégrafos, decidiu que non se permitirían as chamadas nos 'dialectos rexionais', mentres si que se permitían en varios idiomas internacionais.  Manuel Bermúdez de Castro y Díez, director de Correos e Telégrafos Que acontecía co galego? Basicamente non era un problema xa que o seu uso estaría limitado ás pequenas redes urbanas de Vigo e A Coruña e unhas poucas liñas municipais punto a punto, que probablemente quedarían á marxe das limitacións. En resumo, non se podía falar en galego, pero os galegos non tiñan teléfono. A prensa galega apenas mencionou a nova e limitouna a un problema co catalán e vasco.  Barcelona e, sobre todo, Guipúscoa tiñan unha densa rede interurbana que podía percibirse coma unha ameaza para o control ce

Ferrol: a construción da rede urbana 1897 - 1908

O proxecto de rede urbana en Ferrol iníciase en 1897 polos señores Galán, Emilio González Buyo, Miguel de  Linos e Paulino Sueiro, que buscan socios para cubrir as accións necesarias para crear a sociedade, así como prezo a varias empresas nacionais i estranxeiras para a montaxe da rede. En maio de 1897 varios xornais comenta que a construción da rede xa é unha realidade. Templete da central telefónica presumiblemente na rúa Dolores, tras o traslado desde a rúa Real en 1917. Fundación Telefónica. Ano 1928. Emilio e Paulino acuden a Madrid por vía terrestre a finais de xuño de 1897 para xestionar a concesión ante a Dirección de Correos e Telégrafos, pero foi denegada. Non só negouse a concesión senón tamén a publicación da poxa. Non foi debido a unha hipotética desconfianza no proxecto. Coincidiu cun período de tempo onde se estaba a debater sobre a posibilidade de incautar todas as redes e ofrecer un servizo público por parte de corpo de Telégrafos. Esa incautación de redes non se prod

A primeira liña de teléfono de Galicia: Rubine en 1885 na Coruña

Perdido o arquivo histórico da Dirección Xeral de Correos e Telégrafos no incendio de Aranjuez é difícil ter datos fiables da maior parte da historia da telefonía en España. Houbo que visitar o arquivo do Concello da Coruña para coñecer cal foi a primeira liña de teléfono privada de Galicia (se non consideramos as liñas domésticas para probas que utilizou Andrés Comerma no arsenal de Ferrol).  O inventario municipal recolle dous expedientes nese ano: Expediente 86/1885: oficios comunicando a concesión da autorización polo Director Xeral de Correos e Telégrafos a favor de Eduardo M. Cervigón para establecer dúas liñas que partindo do despacho na Rúa Real 47 terminen na fábrica de serrar madeiras da rúa Socorro e de feltro no camiño da Maestranza. Expediente 87/1885: oficios comunicando a concesión da autorización polo Director Xeral de Correos e Telégrafos a favor de Rubine e Hijos para establecer unha liña telefónica particular entre a súa fábrica na Avda de Riazor 6 e o seu despacho n

1883: O sistema de telefonía na casa de baños "La Iniciadora" (Vigo)

 O empresario Cándido Soto e Castro ideou en 1876 a construción da casa de baños "La Iniciadora" nun lugar próximo á zona histórica do Berbés en Vigo tocando á Rúa Real, cun expediente de construción conservado no arquivo do Porto de Vigo. Pasou a ser un punto de encontro da alta sociedade viguesa cun éxito que motivou unha reforma e ampliación para o inicio da tempada en 1883.  Foto Pacheco. Ano descoñecido. Coloreada mediante sistema de IA. Nesta reforma de 1883 é cando atopamos unha única referencia na prensa sobre a existencia dunha rede interna de telefonía, que sabemos se se chegou a construír, xa que non apareceu noutras noticias nin en anuncios comerciais da casa de baños. Existe a posibilidade de que se referira a un sistema de timbres, que anos máis tarde sería habitual velo en hoteis para facilitar a comunicación coa recepción. La Voz de Galicia. 28 de xuño de 1883 As reformas de 1883 levaron a ter unha maior amplitude que o propietario dicía que se trataban da mel

Os proxectos fallidos da rede urbana de Santiago (1889-1901)

Decembro de 1889. Instaladas a redes en A Coruña e Vigo, en Santiago espértase o interese na construción da rede telefónica urbana na cidade. La Voz de Galicia fai unha crítica a un artigo de El Pensamiento Galaico, non conservado, no que se reclama ao Concello, Sociedade Económica, centros recreativos e comerciantes que apoien a instalación do teléfono. La Voz critica de que se esquezan do estamento eclesiástico (arcebispado, cabido, seminario, etc.) do que reclaman a súa participación económica: Quereron censurar desta maneira silenciosa o illamento no que viven tódolos sabios e axentes do progreso cuxo teléfono segue a ser, como nos séculos medios, a corda da campá La Voz de Galicia. 11 de decembro de 1889. Fálase nese mes de facer unha reunión entre os diferentes axentes locais involucrados, pero a finais de marzo de 1890 aínda non se celebrara. En maio de 1890 sae publicada a iniciativa do óptico electricista de Santiago, o Sr. Varela, con tenda na rúa do Vilar nº 65, como dispost

Saunier: teléfono para soporte técnico na rede de gas

“Sociedad para el alumbrado de gas de la ciudad de La Coruña” creouse en 1859, sendo a primeira de Galicia. François Saunier Goubard ata entón director da fábrica de gas de Santiago de Compostela, toma o control da fábrica. Estaba casado con Eugenia Osterberger, compositora de música moi recoñecida no rexurdimento galego.  Curiosamente un fillo dese matrimonio sería o  enxeñeiro coruñés Charles Saunier, que viviu toda a súa infancia na casa familiar dentro do recinto da fábrica de gas da Coruña. Charles sería o cofundador da empresa Saunier Duval, un dos líderes mundiais de fabricación de caldeiras de gas aínda na actualidade. Outra curiosidade e que o sur irmán Jorge Saunier Ostenberger sería o inventor da máscara antigás, falecido na primeira guerra mundial.  François Saunier cos seus fillos varóns.  Extraída do libro GARCIA FONTELA, R. Cien años de luz eléctrica en Galicia. Unión Fenosa, 1990 O teléfono para soporte técnico 11 de marzo de 1887. Comeza a construírse a liña telefónica