As redes en Galicia en 1924 estaban formadas por varios tipos, tanto as urbanas como as interurbanas. No caso das urbanas estarían en manos ben de Correos e Telegrafos (Lugo, Tui, etc), da Compañía Peninsular (Vigo, Monforte, Betanzos) ou en manos privadas (Coruña, Santiago, etc.) O acordo de adxudicación xa recoñecía que as redes urbanas públicas pasaran á nova compañía, así como ás dependentes da compañía Peninsular. As redes urbanas privadas quedarían pendentes dunha negociación individualizada que, no caso de Galicia, pecharíase en 1928.
No caso das redes interurbanas, tiñamos as dependentes da Compañía Peninsular, que se limitaban a conectar as principais cidades incluíndo Tui, Vilagarcía, Monforte e Betanzos, que pasarían a ser titularidade da nova compañía. En paralelo existían algunhas redes públicas, ben pertencentes a Correos e Telégrafos (como no caso da liña que conectaba Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro), como as xestionadas tamén por Correos e Telégrafos pero financiadas por proxectos provincias, como sería o caso da rede do Morrazo ou o enlace Caldas - Cuntis. Estas redes non estaban conectadas á rede da Compañía Peninsular, co que tiñan limitada a súa utilidade ás chamadas entre esas vilas e o envío de teléfonemas pola rede pública.
A primeira nova sobre a chegada dun proxecto de compañía telefónica de ámbito estatal sería a finais de maio de 1923 pola prensa chegada de Madrid e copiada pola local. Adxudicada en maio de 1924, o 1 de novembro de 1924 prodúcese a incautación legal das estacións dependentes de Correos e Telégrafos. Dous meses antes xa se fixera con aquelas dependentes da Compañía Peninsular, incluíndo todos os materiais pertencentes a elas. Quedarían unicamente pendentes as redes urbanas en mans privadas.
A nova compañía ten un prazo de dez anos para deixar de prestar o servizo de telefonemas, que quedará da man de Telégrafos, na forma de telegramas. Xa neste ano teñen a obriga de equiparar os custes, que ata agora eran máis baixos no caso dos telefonemas. Pasan a ser de dez centimos por palabra e trinta no caso dos urxentes, homológanse as tarifas telefónicas en todos os centros:
Outro compromiso sería a automatización das centrais de Vigo e Coruña e soterramento de cables, nun prazo de cinco anos desde a incautación de servizo, que no caso de Vigo se produciría de xeito inmediato en setembro de 1924 ao ser propiedade da Compañía Peninsular. Así, a mediados de 1929, inauguraríase a central automática de Vigo, sendo a primeira de Galicia, e sería a primeira en soterrar tamén os principais cables do centro, obras recollidas en arquivos fotográficos.
Outros compromisos da adxudicación son un par de cobre entre Galicia e Portugal, que se faría en 1929, e un circuito adicional entre Vigo e Betanzos. Posteriormente a compañía presenta os plans para Galicia á prensa, que incluen circuitos adicionais con Asturias e novas centrais nas cabeceiras de distrito, que serán permanentes. Os xefes de Vigo e Coruña (Cambán e Juan José Caimary Sierra) son ascendidos a directores de rede.
Primeiros trocos na provincia de Lugo
O 12 de setembro de 1924 chega a nova da nova Compañía Teléfonica á estación telefónica interurbana onde notifican que desde o 1 dese mes o persoal pasa a formar parte da empresa.
O traspaso á nova compañía sería interesante para a liña norte, que conectaba Lugo con Viveiro e Ribadeo via Vilalba e Mondoñedo. A idea sería conectalo a rede interurbana, para dar a posibilidade de chamar por teléfono desde as catro poboacións ao resto da rede, que se produciría o 15 de novembro de 1924. O xefe de Lugo da nova compañía, o Sr. Mariano A. Fuentes Zaldivar, acompañado do Sr. Prim, visitan as poboacións para notificar o novo titular da liña y explorar como separar o servizo de Correos e Telégrafos, mediante o aluguer doutras dependencias. Así, ao non existir outras concesións na provincia, todo o servizo telefónico estaría xestionado pola C.T.N.E. en 1924.
Contratarían novas telefonistas en Lugo, que aparecerían mencionadas na prensa. Consuelo Santín, MAría Belló, María Fernández e Isabel Rio Barja para a central interurbana de Lugo e Dolores Díaz, Carmen Vallujera, Antonia Alcázar, Celia Rico e Eloisa Horas para a urbana.
O proceso de incautación do servizo na provincia de Pontevedra
Pasaría a ser propiedade da nova compañía as estación interurbanas de Vigo, Pontevedra, Tui e Vilagarcía, así coma a rede urbana de Vigo que era da Compañía Peninsular desde 1914. D. Victoriano Blanco Gallego, procedente do interurbano de Llanes acudiría a tomar posesión da estación de Pontevedra.
O 16 de novembro de 1924 estaría en Pontevedra o enxeñeiro da Compañía Telefónica Nacional de España D. Ángel G. Arguero para tratar co presidente da deputación, o Sr. De la Sota, a compra das centrais da rede telefónica provincial (O Morrazo, Caldas, Cuntis, Redondela, Porriño e Ponteareas), asumindo o persoal feminino. O 14 de novembro de 1924 saiu unha entrevista no Faro de Vigo con Sr. Argueso onde detallou o proceso de incautación das centrais urbanas de Tui e Ponteareas e os plans de futuro coa central automática de Vigo.
O proceso finalizaría con vencimento da concesión da rede urbana de Vilagarcía e a compra dos dereitos das concesión de Manuel Corbal en Pontevedra (e tamén en Ourense), ambos en 1927.
O atrasos en asumir os servizos telefónicos na provincia da Coruña
Juan. J. Caimary Sierra, xefe da interurbana de Coruña desde a súa apertura en 1914, é nomeado xefe de sección da nova compañía como responsable de construcción da rede, mantendo a residencia na Coruña. Sería o 10 de setembro de 1924, só uns días tras a incautación do servicio na capital da provincia. A C.T.N.E. tería que esperar ata 1928, no vencimento da concesión de Jose María Rivera, para poder asumir todo o servizo na cidade
A nova da incautación chegaría á estación interurbana de Santiago o 14 de setembro de 1924. A concesión urbana vencería en 1927, cando sería asumida pola nova compañía.
Similar sería o caso de Ferrol, onde a concesión urbana perdudaría ata 1927. No caso da estación interurbana, aparece mencionada na prensa a incorporación coma novas telefonistas de Carmen Iglesias, Ángeles Vidal, Alvariño, Antonia María, Antonia Beceiro e Luz Fernández Bastida.
Para saber máis:
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XIV Número 4643 - 12 de setembro de 1924; Ano XIV Número 4694 - 11 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4695 - 12 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4699 - 16 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4700 - 18 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4723 - 14 de decembro de 1924
- La Voz de Galicia: 11 de setembro de 1924; 1 de novembro de 1924; 18 de novembro de 1924; 19 de novembro de 1924; 19 de decembro de 1924
- El regional diario de Lugo Num. 14268 (23/09/1924); Num. 14311 (12/11/1924); Num. 14318 (19/11/1924)
- El Orzán diario independiente Ano VII Número 1977 - 11 de setembro de 1924; Ano VII Número 2031 - 13 de novembro de 1924; Ano VII Número 2034 - 16 de novembro de 1924; Ano VII Número 2061 - 18 de decembro de 1924;
- El Eco de Santiago diario independiente Ano XXVIII Número 13062 - 30 de agosto de 1924; Ano XXVIII Número 13075 - 15 de setembro de 1924; Ano XXVIII Número 13129 - 18 de novembro de 1924
- El Progreso diario liberal Ano XVII Número 5152 - 11 de setembro de 1924; Ano XVII Número 5159 - 19 de setembro de 1924;Ano XVII Número 5203 - 6 de novembro de 1924; Ano XVII Número 5213 - 18 de novembro de 1924
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLVII Número 16574 - 5 de novembro de 1924; Ano XLVII Número 16586 - 19 de novembro de 1924; Ano XLVII Número 51669 - 11 de decembro de 1924
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 2150 (26/11/1924); Num. 2167 (16/12/1924)
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano I Número 202 - 20 de setembro de 1924; Ano I Número 242 - 5 de novembro de 1924; Ano I Número 251 - 15 de novembro de1924
- El Progreso semanario independiente Ano XVIII Número 5534 - 6 de novembro de 1924; Ano XVIII Número 5568 - 16 de decembro de 1924
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6377 - 6 de novembro de 1924
- El regional diario de Lugo Num. 14314 (15/11/1924)
- El Compostelano diario independiente Ano V Número 1363 - 11 de setembro de 1924
- Faro de Vigo: 14 de novembro de 1924; 9 de decembro de 1924
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XLI Número 11930 - 25 de setembro de 1924; Ano XLI Número 11973 - 14 de novembro de 1924
- Galicia diario de Vigo Número 597 - 29 agosto 1924
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6388 - 19 de novembro de 1924
Ningún comentario:
Publicar un comentario