En outubro de 1900 especúlase con traspaso da central telefónica de Vigo a un novo concesionario, que a prensa define como un xove e activo comerciante da cidade, sen aclarar a identidade. Esto non sería así, xa que a titularidade pasaría ao Banco de Vigo en febreiro de 1901 tras unha adquisición por 30.000 pesetas.
Os conselleiros do banco, os Sres. Santos e Nandín, serían os encargados de avaliar a situación da concesión, onde deciden manter ao director da rede, o Sr. Rafael Vargas Machuca, así como algunhas adquisicións tecnolóxicas, coma é o caso do varios micrófonos. En marzo de 1901 Vargas faría unha vixe para adquirir novo equipamento, incluindo dous novos cadros para conectar máis abonados ao servizo. Esta inversión leva a solicitar a prorroga da concesión de 1889, que vencería en 1909, para ter tempo suficiente para amortizar o novo equipamento. Esta prórroga foi rexeitada.
Nova poxa en 1909 e a chegada de Mariano M. Villoslada.
A Gaceta de Madrid publica a subasta por 15 anos da concesión da rede telefónica da cidade a celebrar o 10 de maio de 1909, onde o Concello ten dereito de tanteo. Non está conservada as propostas dos licitantes, perdidas case seguro no incendio do arquivo da administración de Alcalá de Henares de 1939, pero consta a concesión ao médico D. Senén Calleja Valle da Pobra da Caramiñal, que contaría con Mariano Martín Villoslada, con xefe da rede, que xa xestionaba as redes de Vilagarcía e Santiago de Compostela. Senén gañou o concurso por ofrecer tarifas máis baratas que a competencia (106,20 EUR/ano en lugar 130 que tiñan ata ese momento)
Senén Calleja. Faro de Vigo de 1 de febreiro de 1927
Un dos planes de Martín e reacondicionar a rede, para o que usará tendidos multifíos (con 60 unidades) con illantes, que evita a necesidade de usar cables individuais cun mínimo de separación para evitar induccións. Estos cables chegan en setembro de 1909 no vapor alemán Pluto. O troco da rede levará sobre un ano. En xullo de 1910 percíbese a reducción de cables saíntes da central con ramáis cara ao porto, estrada de Baiona e Colón e Urzaiz.
A cesión á Compañía Interurbana (1914)
A calidade do servizo sempre foi pobre e causou un rebelión de abonadso en abril de 1914. Ceferino Maestu, presidente da cámara de comercio de Vigo, convoca unha reunión o mércores 8 de abril de 1914, no domicilio social de Príncipe nº 39. O talante déspota de Martín Villoslada, os problemas cos postes da rúa Príncipe e a calidade xeral do servizo motivan a creación dunha comisión formada polo presidente Maestú, Guillermo Oya, Jose Barreras, Pedro Alario, Manuel Conde e os directores dos tres xornais da cidade. Acordan notificar unha baixa masiva a expensas de ter unha reunión con Mariano Villoslada, que se efectúa con posterioidade e tranquiliza aos abonados.
Un servizo deficitario acabou por ser ofrecido á Compañía Peninsular de Teléfonos en maio de 1914, que acababa de chegar a Vigo. Esta singularidade permitiu facer chamadas interurbanas de maneira máis simple para os usuarios domésticos, polo que Senén Calleja poido desligarse do servizo.
Esto tamén permitiu unha chegada temperá da Compañía Telefónica Nacional de España en 1924, ao ter o primeiro acordo coa Peninsular.
Para saber máis:
- El Eco de Santiago diario independiente Ano V Número 1733 - 6 de outubro de 1900; Ano VI Número 1870 - 22 de marzo de 1901; Ano XIV Número 8510 - 12 de maio de 1909
- Faro de Vigo: 6 de outubro de 1900; 10 de febreiro de 1901; 21 de marzo de 1901; 25 de abril de 1901; 7 de maio de 1909; 12 de maio de 1909; 3 de setembro de 1909; 17 de novembro de 1909; 10 de marzo de 1910; 14 de xullo de 1910; 8 de marzo de 1914; 8 de abril de 1914; 9 de abril de 1914; 14 de abril de 1914;
- La Voz de Galicia: 10 de febreiro de 1901; 16 de maio de 1909
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XIII Número 3354 - 21 marzo 1901; Ano XXI Número 5772 - 14 maio 1909
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 140 (16/05/1909)
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 5664 (19/11/1909)
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 193 (03/09/1909)
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano III Número 679 - 3 de xullo de 1909
- Noticiero de Vigo diario independiente de la mañana Ano XXIX Número 11688 - 8 de abril de 1914: Ano XXIX Número 11689 - 10 de abril de 1914:
Ningún comentario:
Publicar un comentario