As primeiras referencias da conexión da rede telefónica entre Galicia y Portugal son un par de proxectos illados, como a referencia no 6 de decembro de 1892 en La Voz de Galicia a un proxecto que chegara a Tui uns anos antes dunha empresa eléctrica lisboense para dar servizo eléctrico e telefónico entre Valença do Minho e Tui.
O 10 de xullo de 1894 aparecería a necesidade de conectar Galicia e Portugal, nesta caso para dar servizo aos xefes de servizo de aduanas de Tui con Valença e Verín con Vila Verde, que non se chegaría a construir. Cumpre salientar que xa existía un servizo telegráfico cun cable subfluvial entre Tui e Valença desde hai varias décadas.
Como recolle a prensa do 16 de abril de 1915, o deputado D. Ezequiel Ordóñez intenta conseguir o compromiso de D. Eduardo Estelat i Torres, Inspector Xeral da Compañía Peninsular de Teléfonos, responsable do servizo interurbano, de conseguir a conectividade con Tui, que naquel momento comezaba a instalación do servizo público urbano. Nese ano incluso se explora a posibilidade dunha hipotética liña interurbana de Portugal a Valença, que fose estendida ata Tui para dar conectividade coas poboacións de España e Portugal. A rede interurbana a Tui chegara en breve, pero no a rede interurbana de Portugal.
A emigración galega en Lisboa, bastante numerosa naquela éopca, reclama unha conexión telefónica con Galicia a finais de marzo de 1924 en El Pueblo Gallego, da man de Alejo Carrera.
A prensa recolle como o Sr. Proctor, vicepresidente da CTNE, visita Vigo en 1927 e pasa por Tui cara Portugal, xunto ao xefe da Central Telefónica de Vigo, D. Manuel García Cortes, coa idea de negociar a conexión telefónica de España con Portugal.
As primeiras conexións telefónicas de España con Portugal
Houbo ata tres conexión de España con Portugal ata que chegara a conexión galega.
A Compañía Telefónica Nacional de España construira a liña Cáceres - Valencia de Alcántara (fronteira) en 50 días, mentres que Portugal construiu a liña equivalente desde Lisboa ata esa fronteira. Serían dous circuitos directos con Lisboa, e un escalonado, cunha primeira parada en Portalegre, primeira vila de Portugal. O 10 de maio de 1928 fixeron a conexión física diante de Pedro Pérez Sánchez, director de departamento da compañía telefónica. Un celador de cada compañía se subiron ao mesmo poste para facer o empalme.
O servizo telefónico con Portugal foi inaugurado o 17 de maio de 1928. O xeneral Primo de Rivera fixo a chamada inaugural ás 10 e media da mañá acompañado de director de comunicacións, D. Jose Tafur, o embaixador de Portugal en España Sr. Melo Barreto e o vicepresidente de Telefónica D. Lewis J. Proctor. Posteriormente o rei D. Alfonso XIII, que celebraba o seu aniversario, púxose en contacto con presidente da república portuguesa, o Xeneral Carmona.
Xusto ao día seguinte inaugurouse, aínda que sen celebracións, a liña de Ayamonte con Vila Real de Santo António. Esto implicou una cable subfluvial baixo o río Guadiana, que deixou algunha fotografías no arquivo de Telefónica. O 6 de setembro de 1928 inauguraríase a terceira ligazón, neste caso entre Badajoz i Elvas.
A conexión de Tui demorouse por Portugal, que tardou en construir o circuito con Valença do Minho, polo que tardou uns meses en estar disponible. A brigada C-43 dirixida polo capataz José Pulgar reconstruiron desde 11 abril de 1928 a liña Vigo - Tui con 710 postes novos, para soportar as novas necesidades do servizo, incluindo a conexión con Portugal, que aparece como rematado na publicación da Revista Telefónica Española do mes de febreiro de 1929.
A inauguración do servizo se levaría a cabo o 24 de xuño de 1929, unha vez estivera construida liña telefónica ata Valença do Minho do lado portugués.
Para saber maís:
- El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Ano XIII Número 3526 - 1929 xuño 25; Ano XIII Número 3527 - 1929 xuño 26
- El pueblo gallego : rotativo de la mañana - Número 53 - 28/marzo/1924
- El Sol: Diario independiente - Número 3244 - 27/Diciembre/1927
- Faro de Vigo - 30 de agosto de 1927; 25 de xuño de 1929; 27 de xuño de 1929;
- El Progreso : semanario independiente: Ano XXIII Número 10860 - 1929 xuño 26
- La voz de Galicia - 10 de xullo de 1894
- Correo de Galicia: Num. 1133 (09/10/1927)
Ningún comentario:
Publicar un comentario