No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do telégrafo da Coruña sobre espionaxe, ao compartir con terceiros (axentes do goberno alemán) o contido (enténdese que cifrado) de mensaxes expedidos ou recibidos polo cónsul americano na cidade de Coruña
Portada do expediente
Na investigación realizada non atopan probas, pero parece ser que en xaneiro de 1919 desde Coruña devolveran un telegrama ao remitente (embaixador de Estados Unidos desde Barcelona) por tratarse dun telegrama cifrado e non aportar as claves ou unha declaración xurada de que o contido non afecta á orde pública. Esa restricción non se debería ter aplicado en comunicacións entre embaixadas e consulados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario