Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

A rede de comunicación do Morrazo (1915-1923)

O Real Decreto de de 30 de xuño de 1914 que permitía a creación de redes urbanas públicas ou iniciativas provinciais. En abril de 1915 menciónase na prensa a vontade de crear unha rede entre Marín (que xa tiña servizo desde a rede urbana de Pontevedra) e Bueu, Cangas e Moaña, convertendo as estacións telegráficas en telefónicas.  Cumpre salientar que Cangas contou cunha estación telefónica inaugurada o 1 de outubro de 1892, antes de converterse en telegráfica. Xurdiu por medio da iniciativa do presidente da Deputación Provincial D. Antonio Pazos Fontenla, tras a presentación por parte dos alcaldes destas tres poboacións unha solicitude formal, que está conservada no arquivo da Deputación. Extracto da solicitude dos concellos do Morrazo á Deputación de Pontevedra. 1915. En 1916 sería a Compañía Peninsular a que visitaría Bueu, que contaba cunha forte industria pesqueira, co gallo de analizar a instalación dunha liña que recorrera o Morrazo desde Vigo a Pontevedra, pasando polos catro co

Proxecto de rede provincial en Ourense (1916-1919)

Ourense tamén tería o seu proxecto de rede provincial de Francos Rodríguez en 1917.   O 26 de setembro de 1916 chega a Ourense D. Jose Sandoval, xefe da sección de telégrados e D. Antonio Monroy, oficial da escola de telégrafos.  Tiñan o encargo da Dirección xeral de Teléfonos de estudiar un proxecto para crear unha rede pública que conectara os principais concellos da provincia. Ambos viñan de Lugo onde realizaran tarefas similares e que se levaba a cabo nas provincias españolas que carecían do servizo.  O 27 de setembro visitan ao presidente da Deputación e a Cámara de Comercio. Tamén participa neste proxecto D. Ligorio Legido Crespo, encargado da estación de Maceda, que posteriormente pasaría a ser o xefe de liña de Telégrafos en Ourense en 1920. O resultado sería o plan de telefonía provincial de Ourense dentro do proxecto de Francos.  Proxecto de telefonía provincial de Francos Rodríguez. 1917 Sen novidades ata maio de 1918, cando o deputado Sr. Pazos, da minoría liberal, solicita

O proxecto de telefonía provincial en Lugo (1917-1923)

En novembro de 1916 o presidente da Deputación de Lugo, o Sr. Tapia, recibe por correo un esquema da rede provincial de Lugo preparado por Jose Francos Rodríguez, como Director de Comunicacións, na que se mencionan as centrais, subcentrais i estacións telefónicas. Recolle o establecemento do servizo en once centros telefónicos e una estación subcentral  en Vilanova del Lourenzá. As centrais serían en Lugo, Sarria, Becerreá, Ribadeo, Mondoñedo Viveiro, Vilalba, Chantada e Quiroga; que darían servizo a 72 estacións.  O distrito de Lemos, xa cuberto coa estación interurbana da Compañia Peninsular, que presta tamén o servizo urbano, queda exento do proxecto. Esta nova ten unha boa acollida pola prensa, aínda que é pronto para ter datos sobre se implica custes, se deben ser asumidos polos concellos, se sería suficiente con aportar postes, etc. No proxecto provincial traballou parte do equipo de telégrafos, dirixido polo Sr. Bolaño i estima un coste de 834.000 pesetas para o estrablecementos

A folga das telefonistas de Coruña (1921)

30 de maio de 1921. As oito mulleres telefonistas da rede urbana da Coruña decláranse pola tarde en folga contra o concesionario Jose María Rivera.  Quéixanse do despido dunha compañeira e supresión dunha praza, a pesares do incremento do servizo. Desde un primeiro intre, temeuse por que se estendera a folga aos operarios da rede.  A despedida facía a quenda de noite e compañía doutra telefonista por un soldo de seis reais (peseta e media) de xornal por once horas de traballo (de 21h a 8h), mentres que durante o día as traballadores cobraban 3 pesetas. As folguistas visitan ao inspector de traballo e a prensa da cidade. Como seis reais non é suficiente para vivir, teñen que traballar noutras labores durante o día, polo que en moitas ocasións quedan durmidas pola noite, deteriorando o servizo.  O xornal El Orzán toma partido por elas ao solicitar que o xefe de telégrafos incaute a central se o concesionario non chega a un acordo rápido. Jose María Rivera chama á despedida para que volva

Teléfono nos faros. A catástrofe de Sálvora en 1921.

A catástrofe do Santa Isabel é considerado como o Titanic galego, xa que causou a morte a 213 pasaxeiros e tripulantes do buque o 2 de xaneiro de 1921, que desde Coruña dirixíase a Cádiz vía Vilagarcía de Arousa. Perto de Sálvora encaiaron e o barco afundiuse. A historia deixou a tres mulleres da Illa como heroínas ao acudir a axudar e ser capaces de rescatar perto de 30 vidas.  Case todos os homes estaban en festas de Aninova en poboacións da costa. A historia pasa por o faro de Sálvora e o seu torreiro, que detectou o afundimento pero tivo que camiñar ata a vila por tres quilómetros para dar aviso e, polas condicións do mar, Ribeira non puido ter noticia ata a mañá seguinte.. A prensa empezou a cuestionar se os faros deberían ter medio eléctricos, ben telégrafos ou teléfonos ou radiotelegrafía, para poder notificar con carácter urxente este tipo de sucesos.  Vivendas de Sálvora. Foto Ksado. O faro de Fisterra conta cun sistema telegráfico y un sistema radio instalado pola empresa de

O proxecto de rede provincial da Coruña (1917 - 1921)

 Ao igual que o resto das provincias galegas, A Coruña estaba incluida no proxecto de rede de Francos de 1917. Pontevedra, gracias a iniciativa de Prudencio Landón, tomou o seu propio camiño, mentres que Coruña iría máis lenta e próxima ao proxecto inicial.  En xaneiro de 1917 publícase unha circular no Boletín da provincia dirixida aos concellos preguntando cales estarían dispostos a colaborar nun proxecto de rede provincial. Xa en setembro de 1917 La Voz de Galicia publicaría información sobre o proxecto de Francos, incluido un mapa da rede.  O proxecto contaría con 81 estacións, 47 de nova factura, cun custe de construcción da rede 760.675 pesetas. Os centros de conmutación estarían en A Coruña, Ortigueira, Ferrol, Pontedeume, Betanzos, Carballo, Ordes, Corcubión, Muros, Noia, Padrón, Santiago, Arzúa e Betanzos.  Plano de Francos Rodríguez para a provincia de A Coruña.  Publicado en La Voz de Galicia de 18 de setembro de 1917 e o 16 de xaneiro de 1921 Extracto do plan de telefonía n