Saltar ao contido principal

Proxecto de rede provincial en Ourense (1916-1919)

Ourense tamén tería o seu proxecto de rede provincial de Francos Rodríguez en 1917.  

O 26 de setembro de 1916 chega a Ourense D. Jose Sandoval, xefe da sección de telégrados e D. Antonio Monroy, oficial da escola de telégrafos.  Tiñan o encargo da Dirección xeral de Teléfonos de estudiar un proxecto para crear unha rede pública que conectara os principais concellos da provincia. Ambos viñan de Lugo onde realizaran tarefas similares e que se levaba a cabo nas provincias españolas que carecían do servizo.  O 27 de setembro visitan ao presidente da Deputación e a Cámara de Comercio. Tamén participa neste proxecto D. Ligorio Legido Crespo, encargado da estación de Maceda, que posteriormente pasaría a ser o xefe de liña de Telégrafos en Ourense en 1920.

O resultado sería o plan de telefonía provincial de Ourense dentro do proxecto de Francos. 


Proxecto de telefonía provincial de Francos Rodríguez. 1917


Sen novidades ata maio de 1918, cando o deputado Sr. Pazos, da minoría liberal, solicita o nomeamento dunha comisión especial para realizar os traballos relativos á instalación da rede provincial, a semellanza da Deputación de Pontevedra. Pide que traballe na elaboración do orzamento, para que unha vez finalizada a guerra, poida acometerse o proxecto, cando baixe o custe dos materiais. 

O proxecto volve a quedar parado antes novembro de 1919, cando a Deputación decide pedir datos á Deputación de Pontevedra sobre o proxecto en marcha. Novamente volve a quedar o proxecto parado, pero aparencen na prensa mencións a zonas específicas do proxecto, como serían os intentos de levar a rede telefónica a Xinzo de Limia e Verín,  así como Ribadavia e Melón, por parte de corpo de correos mais aparentemente á marxe do proxecto provincial.  

A finais de 1922 falaríase de novo da liña ata Verín, cunha mención ao plan provincial, polo menos por parte da prensa. Aínda que sería máis correcto consideralo como iniciativa do Estado via corpo de telégrafos, xa que non pedirían fondos a Deputación. A prensa recolle a disponibilidade de diñeiro para o tramo Ourense - Allariz en novembro de 1922 e do tramo Allariz - Verín en maio de 1923.


Para saber máis:

  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano VII Número 2011 - 27 de novembro de 1916; Ano IX Número 2489 - 19 de maio de 1918; Ano XI Número 3017 - 27 de febreiro de 1920
  • La Voz de Galicia de 21 de maiio de 1918
  • El Orzán  diario independiente Año II Número 575 - 28 de novembro de 1919
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIV Número 10239 - 29 de novembro de 1919
  • El Eco de Galicia  órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas  Num. 1018 (20/01/1920)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XII Número 4075 - 10 de novembro de 1922; Ano XII Número 4081 - 17 de novembro de 1922;  Ano XIII Número 4230 - 15 de maio de 1923 
  • El Progreso  diario liberal Año XV Número 4590 - 17 de novembro de 1922
  • El regional diario de Lugo Num. 13699 (20/11/1922)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal  Ano XXXVIII Número 11106 - 1 de abril de 1921; Ano XL Número 11753 - 14 de maio de 1923




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909.  Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908  Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña

O rol do teléfono na catástrofe de tren de Frieira (1915)

  A nova da catástrofe do descarrilamento do tren de Frieira en 1915 chegou rapidamente a Vigo, a través da rede de telefonía da Compañía Peninsular de Teléfonos. O accidente cubriu portadas da prensa en España polo pasamento dunha 19 persoas (a cifra exacta varía dependendo da fonte), moitas delas vencelladas a unha compañía de zarzuela que se desprazaban a actuar a Vigo. Tres vagóns víronse directamente afectados polo corremento de terras. Casualmente, un celador da compañía de teléfonos viaxaba no tren e puido comunicar o accidente desde o mesmo lugar da catástrofe.  Fotografía coloreada onde se observan os fíos telegráficos cortados. Mundo Gráfico. 13 de marzo de 1915 A rede telegráfica do Estado e a paralela da compañía telegráfica víronse afectadas polo derrube e quedaron inutilizadas, polo que non se puido utilizar o sistema de telegrafía do tren. Porén, a nova rede telefónica, que apenas levaba unha semanas en funcionamento, estaba operativa tras empalmar un par de cables.  Ces

O crime da central telefónica de Ourense

O 28 de Xullo de 1916, Braulio González González, 26 anos, natural de Valderas (León), recibe un telefonema, unha mensaxe anónima desde Vigo que di "Acude conferencia 12:30. Garda absoluta reserva. Abelardo". Ao día seguinte preséntase na oficina de teléfonos interurbanos da Compañía Peninsular de Teléfonos, situada na rúa Pereira de Ourense, hoxe na Praza de Bispo Cesáreo 17, servizo que fora inaugurado dous anos antes. O director, Eladio Sanz Bermejo, advírtelle de que por mor dunha avaría técnica nos fíos non pode facer esa chamada ata ás 20h.  Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916 A esa hora volve e se atopa unicamente con Eladio na oficina. Este pásao a un locutorio, onde volve fallar o teléfono, e logo á oficina do telegrafista. Aí aproveita para darlle un golpe na cabeza cun pico de canteiro para intentar matalo. Braulio queda tan so ferido e, entre gritos de "que me matan", logra escapar e pedir auxilio na rúa. Eladio, acurralado, decide pegarse