Unha das singularidades máis relevantes foi a creación dun servizo de comunicación con inglaterra por barco, para poñer en contacto ambas coroas, evitando ter que cursar o correo por Francia. Buscáronse os puntos máis alleos da costa francesa, polo que se decidiu crear unha ruta entre Falmouth e Coruña en 1689, que estaba aberta ao público. Nunha primeira fase sería levada por dous veleiros ingleses (Spanish Allyance e Spanish Expedition), chamados “packet boats” (ou barcos correo), que daría lugar ao termo “paquebote”. Estes barcos sairían cada quince días e levaban eventualmente algún pasaxeiro e pequenas cargas. Sufriría diversas interrupcións ata 1815, que pasaría a utilizar outros portos.
Esta iniciativa inglesa obtiña o apoio do goberno de España, para ser sostible. Adicionalmente, o arquivo de Simancas conserva documentación sobre queixas formuladas polo embaixador con respecto a lentitude en recoller o correo que chegaba a Coruña e o ser repartido. En aquel momento contábase cunha rede de postas con Madrid, que necesitaba uns días para levar o correo, pero era un sistema máis precario con Portugal. A relación epistolar comercial de Porto con Inglaterra (por exemplo na exportación de viño) dependía da calidade das comunicacións postais de Coruña con Porto (que pasaban a fronteira por Tui), polo que foi tratado polo cónsul británico para que fora priorizado.
Esta primeira liña marítima postal foi o xermolo do privilexio de Coruña mantendo as comunicacións coas provincias de Ultramar. En 1777 publicouse a Real Ordenanza do Correo Marítimo do rei Carlos III, que estivo en vigor ata a Guerra da Independencia. A elección da Coruña estivo relacionada co idea de liberalizar o comercio, xa que un ano despois Cádiz perdeu o monopolio do comercio con América. Neste caso se trataba dunha empresa estatal con sede no porto da Coruña para o transporte público de correspondencia e mercadorías entre España e a Habana, á que se sumaron anos despois as de Montevideo e Bos Aires, que permaneceron activas ata 1802. .
Así, xurdiu a necesidade, cara a finais do século XVIII, de contar cun peirao dedicado na zona das aceas de Monelos. Situado na localización actual da fábrica de tabacos de Coruña, contaba cunha antiga xunqueira i estuario do río Monelos e un muíño. A canalización do río, polo actual Rúa do Río Monelos, permitiu crear unha zona de aproveitamento por parte do porto. Case rematado o proxecto desapareceu a necesidade, pola eliminación do privilexio que tiña Coruña. Esa superficie sería ocupada posteriormente pola fábrica de tabacos.
A historia do correo inglés foi tratada por Antonio Meijide Pardo no libro “Correos marítimos entre Falmouth y La Coruña” en 1966
Ningún comentario:
Publicar un comentario