domingo, 19 de xaneiro de 2025

Fachos como primeiro mecanismo de comunicación a distancia en Galicia

A palabra é o xeito natural de comunicarse nas proximidades. Desde antigo existen mecanismos para comunicarse onde a forza das verbas non chega. Cando a distancia non é moita, a lingua de signos manuais, actualmente en uso por parte de persoas xordas, sirve para salvar pequenas distancias e/ou contornas ruidosas que inhabilitan a palabra (como podería ser os negociadores de bolsa de valores na era previa á revolución tecnolóxica das redes de datos).

Así, no século XIX fálase do telégrafo de palcos e balcóns, un conxunto de signos que permite a comunicación dentro dun teatro ou entre persoas residentes en edificios dunha mesma rúa. Nas seguintes páxinas comentaremos como outros medios (o fogo ou fume, bandeiras, postes móbiles, espellos ou fotoproxectores) acompañados dun alfabeto baseado en signos, permitiron a comunicación entre persoas.


Os fachos e o lume como medio de comunicación


Erguerémola espranza sobre ista térra escura coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa.


Erguerémola espranza sobre ista térra escura coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa.

Extracto do poema Espranza. Celso Emilio Ferreiro


Estudos apuntan a localización dos castros para garantir a liña de vista con outros da contorna, permitindo en teoría o envío de sináis. Adicionalmente, moitos castros manteñen nas proximidades toponimia de lugares ligados a puntos de control e sinalización como son os “faros” ou “fachos”, tamén presentes na toponimia do interior e relacionados co uso do lume para o envío de mensaxes.

Facho. Eminencia donde se encendían facheiros u hogueras, para señal de lo concertado, lo mismo tierra adentro que en la cosa. 

Diccionario Gallego Castellano. Rodríguez Gil, Francisco Javier. 1863


Xa no século IV antes de Cristo os gregos Cleóxenes e Tácito idearon un sistema alfabético de comunicación baseado en cinco bengalas. Versións deses sistemas puideron estar activas xa na época castrexa, que axudarían a explicar a localización dos poboamentos e toponimia conservada. Existiría unha rede óptica castrexa?


Temos que chegar ata o século XVIII para atopar referencia como o manuscrito “instrución y advertencias sobre la utilización de los fachos” de 1739 que fai mención a unha rede de fachos de costa para detección de intrusos, coa obriga de retransmitir mensaxes de alarma:


- Navío sospeitoso no Norte (alumear unha fogueira de 15 min) 

- Navío sospeitoso no Sur (dúas fogueiras de 15 min, intercaladas) 

- Detección dun desembarco (fogueira dunha hora)



instrución y advertencias sobre la utilización de los fachos [Manuscrito]. -- Coruña : [s.n.], 1739, julio, 8. Deputación de Pontevedra


Anteriormente hai unha referencia previa de 1729 no arquivo da Coruña que menciona a lista dos vinte fachos da provincia de Santiago (cando Galicia eran sete provincias) e as condicións de mantemento dos mesmos. Inclúe a obriga para a poboación civil da contorna de facer quendas de vixía, así como as sancións no caso de incumprimento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fachos como primeiro mecanismo de comunicación a distancia en Galicia

A palabra é o xeito natural de comunicarse nas proximidades. Desde antigo existen mecanismos para comunicarse onde a forza das verbas non ch...