"Non hai cruzamento en Ferrol, mais voulle cruzar a vostede"
7 de agosto de 1903.
O xefe de Telégrafos de Ferrol, D. Faustino Salanova, recibiu unha serie de coiteladas, como intento de asasinato, na estación por parte do celador Santiago Bermúdez, que parecía non atoparse ben das dúas facultades mentáis. Santiago conta neste intre con 56 anos, casado, veciño da Madalena 172 e cun fillo contramestre.
Detectado un cruzamento de liñas entre Ferrol e Coruña, o xefe indicou ao celador que fose recoñecer a liña. Ao pouco de sair, Santiago volveu cun coitelo de grandes dimensión (que colleu na súa casa) e acoitelou a Faustino na espalda, glúteo e man esquerda, que se defendeu. O ordenanza Isolino Martínez foi a avisar á guarda que da servizo a Capitanía Xeral, que prenderin a Santiago
Faustino foi quen de avisar ao seu xefe da Coruña, D. Demetrio Pía, que viaxou ata Ferrol e acompañou a Faustino á súa casa.
Santiago foi preso no calabozo da Capitanía Xeral, para o analise sobre o seu traslado a Conxo, posibilidad que foi finalmente descartada.
O 16 de agosto visita Ferrol D. Emilio Novoa, xefe de reparacións da liña de costa. Aproveitou para visitar no carcere a Santiago para entrevistalo e incorporar a información ao expediente.
Cartas na prensa publicadas o 4 de setembro.
O 16 de setembro, ás dúas da tarde, Santiago intenta suicidarse desde a fiestra do primeiro piso do sanatorio da caridade no que se atopaba desde tres días antes, en Mendez Núñez 10. O médico Latorre recoñece ao ferido, que resulta ter únicamente unha luxación nun pe, xa que a caída foi de cinco metros. Un xornalista de El Correo Gallego visítao ao día seguinte e constata que non é capaz de responder ás preguntas que se lle fan.
Santiago pasa a estar custodiado nese sanatorio polos conserxes e gardas municipais. Nas seguintes datas aparece recollido na prensa que case non come nin fala. A muller, Dª Bernarda Rodeiro, marchara de Ferrol antes deste suceso, como se se tratara dunha separación. Curiosamente, o último que consta na prensa vencellado a este caso e a petición da alcaldía de Ferrol que localicen á súa muller (presumiblemente en Santoña) para cumprir o deber (sic) de facerse caso do seu esposo.
Para saber máis:
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXVI Número 8527 - 8 de agosto de 1903; Ano XXVI Número 8554 - 4 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8567 - 17 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8574 - 24 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8588 - 8 de outubro de 1903; Ano XXVI Número 8599 - 19 de outubro de 1903
- El Eco de Santiago diario independiente Ano VIII Número 1586 - 10 de agosto de 1903; Ano VIII Número 1619 - 19 de setembro de 1903
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XV Número 4062 - 12 agosto 1903; Ano XV Número 4065 - 17 agosto 1903
- La Voz de Galicia - 9 de agosto de 1903
Ningún comentario:
Publicar un comentario