O telegrafista da estación de A Coruña Eduardo del Río González escrebe ao presidente dos Estados Unidos William McKinley ofrecéndose como director de comunicacións de Puerto Rico tras a perda da colonia española na guerra de 1898. Eduardo era fillo de Pedro del Río Raimúndez, director de telégrafos de Santiago de Compostela, e de María Josefa González Serrano.
Eduardo non conta con que a carta enviada será publicada na prensa americana, incluindo o relevante New York Herald, como motivo de mofa cara España. Isto será entendido como unha traición a España e os seus compañeiros, xa que no momento de enviar esta carta todavía están regresando combatentes feridos en Cuba, includo algúns telegrafistas que participaron axudando ao exército nas operación.
The Morning Herald · 15 de set. de 1898 ·
Eduardo xa exercera como telegrafista en Ultramar, tanto en Filipinas (Bacolor en 1889-1892) coma en Puerto Rico (1893), regresando a Galicia nese ano, onde estivo como director da estación de Viveiro e como telegrafista na de Coruña.
La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Ano XLIX Número 14841 - 21 de setembro de 1898
O chegar a noticia a Central de Telégrafos de Madrid, notifican ao director de Correos e Telégrafos Antonio Barroso, solicitando un castigo exemplar para Eduardo. Antonio decide bloquear o nomeamento de Eduardo como xefe de reparacións da estación de Coruña, que acababa de efectuar uns días antes e proceden á apertura dun expediente.
Curiosamente Eduardo desminte que escribir ao presidente de Estados Unidos e ofrécese a escribirlle unha carta para que o presidente negue que teña recibido esa petición [sic].
La Voz de Galicia pasaría a ser o principal defensor de Eduardo, ao asumir que non tería enviado esa solicitude. Destaca as cualidades do telegrafista e o compromiso coa patria. Así, di que pasaría noites enteiras traballando desde a estación de Coruña para axudar aos seus compañeiros na guerra. El Eco de Santiago tamén sae na súa axuda indicando que no suposto que existira a petición, se esta se realizara despois da firma das bases da paz, non podería ser delito de guerra.
Procesado xudicialmente, o 31 de maio de 1899 Eduardo remite unha carta á prensa, confirmando que si que enviara a petición ao presidente dos Estados Unidos, pero que isto foi feito tras a firma do tratado de paz. Ademáis, afirma que un secretario oficial do presidente envioulle unha carta aceptandoo para o posto pero que decidiu descartar iso polo seu patriotismo e quedar en España.
El Eco de Santiago : diario independiente; Ano IV Número 888 - 4 de xuño de 1899
O resultado do xuizo foi que Eduardo perdeu a praza, sendo dado de baixa do corpo de telégrafos e perdendo todos os dereitos. Eduardo reclamaría ao Contencioso pero non quedou publicado o resultado do xuizo. Anos máis tarde aparece mencionado en Cuba, mentras a súa muller e os sete fillos permanecerían en Galicia, máis concretamente en Santiago. Os "Del Río Picoaga" serían parte activa da sociedade compostelana ocupando diferentes profesións.
Para saber máis:
- The Morning Herald · 15 de set. de 1898 ·
- La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Ano XLIX Número 14839 - 19 de setembro de 1898; Ano XLIX Número 14841 - 21 de setembro de 1898;
- El Eco de Santiago : diario independiente: Ano III Número 775 - 27 de setembro de 1898; Ano IV Número 888 - 4 de xuño de 1899; Ano IV Número 986 - 2 de outubro de 1899
- La Voz de Galicia - 22 de setembro de 1898, 21 de maio de 1899, 2 de xuño de 1899
- Electrón. 20/9/1898
- El áncora : diario católico de Pontevedra: Num. 348 (24/09/1898)
Ningún comentario:
Publicar un comentario