A chegada da telefonía a Galicia está ligada á figura de Andres Avelino Comerma e Batalla, nado o 10 de xullo de 1842 en Valls (Tarragona), membro dos corpos técnicos da Armada. Trátase dun dos enxeñeiros máis creativos da historia de Galicia, participando en actividades como as primeiras probas de raios X para o uso en medicina, o primeiro uso da luz eléctrica en Galicia, o dique da Campana en Ferrol, un proxecto de túnel no estreito de Gibraltar, etc. Tivo a oportunidade de viaxar a moitas feiras de vangarda, como a Exposición Internacional de París de 1878 ou a Exposición Internacional de Electricidade de París de 1881, onde se definiron moitas das unidades de medida relacionadas coa electricidade e na que participaría Comerma xunto a William Thompson e Siemens. Fotografía de Andrés Comerma no homenaxe de Ferrol en 1913. Faro de Vigo. 2 de outubro de 1913 Ademáis foi un grande divulgador. No Diario del Ferrol publicou catro artigos sobre o teléfono, fonógrafo (que tamén foi o pione