A guía telefónica publicada pola Compañía Peninsular de Teléfonos de 1916 introduciu o problema do intrusismo profesional en Galicia. Manuel Filgueira, un dos odontólogos da cidade de Vigo fai referencia na prensa, o 5 de maio de 1918, a que aprecen supostos dentistas na guía telefónica da cidade que non son tales, ao carecer de título de odontología. Maniel refírese a esta entrada do listín telefónico:
Anuario telefónico da Compañía Peninsular de Teléfonos. Ano 1916
Manuel queixase de que se lle ve exercer desde a rúa a pesar dunha Real Orde que existe dispoñer do título de odontólogo para poder exercer a profesión. Ademais indica que hai algún caso adicional en Vigo (Isidro Pazos, con título obtido en Portugal pero non valido en España), Pontevedra (un irmán de D.S Kuper) e Ponteareas.
D.S. Kuper ven de Simeón Kuper, xudeu nado en Kamianets-Podilskyi (Ucraína) en 1879, que chegou a Vigo en 1907 e montou unha clínica dental que semella que foi das primeiras de España en contar con aparatos de radioloxía. A certa controversia sobre o seu nome xa que aparece como Schloimo Mendelewitch, Liloimo Mendelecrek ou incluso Victorino. A familia, de ideoloxía socialdemócrata, foi detida do alzamento de 1936 e lograron marchar a Rusia en 1939. Parte deles exercerían tamén de odontólogos, suscitando certa controversia con outros profesionais.
Simeón défendese dos ataques comentando que estudara nas universidades de Kiev e de Xenebra. Argumentos similares utilizan os seus familiares que exercen a mesma profesión. En diferentes periodos conseguen a aprobación por parte do Ministerio da Instrucción Pública, debendo constar como dentistas autorizados e non como odontólogos.
Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra: Época 2ª Año III Número 28 - 1 de novembro de 1926
- El Progreso : semanario independiente: Ano XI Número 2297 - 1917 xullo 29; Ano XII Número 2645 - 9 de maio de 1918
- https://andaquepaque.blogspot.com/2020/04/como-ser-dentista-y-morir-en-el-intento.html?m=1
- https://anosdomedo.blogspot.com/2014/12/dentistas-rusos-as-familias-zbarsky-e.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario