Xullo de 1915: Ribadeo obtén a concesión dun centro telefónico urbano para que fora xestionado polo corpo de telégrados. O deputado ribadense Ramón Bustelo González, futuro avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo, intercedeu para lograr ese fin. Ramón levaría o teléfono número 1 desa rede. Esta concesión non gustou en Viveiro, que competía en importancia con Ribadeo naquel momento, que por medio de figuras locais e a prensa comezan a presionar a Jose Soto Reguera, o deputado polo distrito de Viveiro.
Exixíase 50 interesados e parece que pronto se alcanzou esa cifra. En outubro de 1915 consta a visita do xefe de liña da sección de telégrafos de Lugo, D. Luis López Ureta, para facer un estudo sobre a instalación do teléfono urbano. En abril de 1916 todavía non comezaran as obras, pero figura unha nova visita técnica, neste caso de D. Jose Sandoval, xefe de sección de telégrafos de Lugo.
Tras un periodo de paréntese, que pode deberse ao problema de suministros pola guerra mundial, en setembro de 1916 aparece unha referencia na prensa a que este xa se atopa en camiño.
Neste intre a Compañía Peninsular de Teléfonos está instalando a rede interurbana en 10 cidades de Galicia, pero a Mariña parece quedar desestimada nesta primeira fase, pese as pretensións do deputado Bustelo. En paralelo, en febreiro de 1917, o director xeral de telégrafos, o Sr. Francos Rodríguez, aproba o proxecto de instalación do servizo telefónico entre Lugo e Ribadeo, pasando por Vilalba, Mondoñedo e Vilanova de Lourenzá.
O 12 de marzo de 1917 anuncia o Sr. Francos Rodríguez a vontade de asistir a inauguración do servizo telefónico de Ribadeo, que tería lugar próximamente. Non chega a acudir nin parece haber unha celebración formal, pero a prensa recolle que o 5 de abril de 1917 o servizo xa está operativo, aínda que sería por pouco tempo.
A conexión a Lugo sería levada a cabo polo xefe de sección, o Sr. Emilio Novoa. Sería unha liña nova de Lugo a Rábade e pasará por Vilalba (aínda que a falta de interese parece que motivará que non se instale unha central) e Mondoñedo, cun doble circuito de 2 mm de cobre, aproveitando os postes do telégrafo.
O 11 de agosto de 1917 sae publicado no boletín da provincia un procedimiento para o aluguer dunha casa en Ribadeo, cun prezo máximo de 1000 pesetas anuais, para o servizo telefónico urbano e vivenda do xefe da estación. O servizo telefónico urbano aparece como interrumpido neste periodo. O procedemento resulta ser ganado por Guillermo Pérez Pérez, que ofreceu unha casa na rúa San Juan de Ribadeo.
O 10 de maio de 1918 publícase na prensa que está en proceso o tendido do cable de Ribadeo a Lugo, faltando o tramo de Mondoñedo a Ribadeo. Enrique Bolaño, xefe da estación telegráfica de Lugo, comunica a apertura da conexión interurbana con o 7 de decembro de 1918, estando aberta ao público de 8 da mañá a nove da noite, sendo xestionado por oficiais do corpo de telégrafos.
Sae publicado na prensa as téoricas primeiras mulleres telefonistas de Galicia pertencentes ao corpo de telégrafos, que son destinadas á central de Ribadeo o 20 de agosto de 1918. Serían as auxiliares de terceira Dª Dolores Hernández Hilera e Dº María Antonia Murias López.
En xaneiro de 1919 publícase como a liña que que conecta con Lugo queda suspendida polos temporais. Non se ten novas ata abril de 1921 onde se fala da recuperación do servizo con carácter permanente, atendido por un xefe, tres oficiais e unha auxiliar telefónoca. Existía en teoría comunicación con Lugo, pero un representante da Compañía Peninsular, en maio de 1921, para analizar a posibilidade de conectar esta vila coa capital. De feito, aparece a inclusión na Real Orde de 26 de agosto de 1921 de creación de novas estacións da rede interurbana, xunto a Ortigueira, Ordes, Viveiro e Guillarei.
Para saber máis:
- La idea moderna diario democrático en Lugo. Num. 7390 (27/07/1915); Num. 7468 (26/10/1915); Num. 7863 (13/02/1917); Num. 7881 (06/03/1917); Num. 8061 (15/10/1917); Num. 8283 (02/07/1918); Num. 8321 (20/08/1918); Num. 8403 (07/12/1918)
- Verdad y justicia semanario imparcial defensor de los intereses generales del distrito Ano I Número 9 - 24 de xullo de 1915; Ano II Número 48 - 22 de abril de 1916
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXI Número 9051 - 15 de novembro de 1916 ; Año XXI Número 9083 - 27 de decembro de 1916; Año XXII Número 9144 - 13 de Marzo de 1917; Año XXII Número 9270 - 17 de agosto de 1917; Ano XXIII Número 10067 - 9 de decembro de 1918
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 267 (29/12/1916); Num. 42 (21/02/1917)
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XXVIII Número 7941 - 9 marzo 1916; Ano XXVIII Número 8189 - 9 novembro 1916
- El regional diario de Lugo Num. 10964 (19/09/1916); Num. 11022 (14/11/1916); Num. 11663 (12/03/1917); Num. 11639 (03/07/1917); Num. 11962 (01/07/1918); Num. 11974 (15/07/1918)
- Boletín Oficial de la Provincia de Lugo/ Número 241 - 17 de octubre de 1916; Número 185 - 14 de agosto de 1917
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2505 (19/10/1916); Num. 2630 (24/02/1917); Num. 3074 (18/05/1918)
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XL Número 12953 - 5 de abril de 1917
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 4477 (03/10/1916); Num. 4594 (15/02/1917); Num. 5166 (07/12/1918); Num. 5131 (07/01/1919)
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Año VII Número 2336 - 20 de febreiro de 1917; Ano VII Número 2354 - 13 de marzo de 1917; Ano VII Número 2445 - 3 de xullo de 1917; Ano VIII Número 2876 - 7 de decembro de 1918; Ano VIII Número 2884 - 17 de decembro de 1918
- Faro de Vigo. 15 de marzo de 1917
- El Progreso diario liberal Ano XI Número 3208 - 15 de maio de 1918; Ano XI Número 3288 - 20 de agosto de 1918; Ano XI Número 3379 8 de decembro de 1918; Ano XI Número 3379 8 de decembro de 1918; Año XII Número 3404 - 9 de xaneiro de 1919; Año XIV Número 4128 - 18 de maio de 1921
- El Progreso semanario independiente Ano XII Número 2134 - 14 de decembro de 1918
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XII Número 4727 - 12 de decembro de 1918
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. 5231 (10/05/1918); Num. 5390 (08/01/1919)
- El Orzán diario independiente Ano I Número 150 - 3 de xullo de 1918
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano X Número 2684 - 10 de xaneiro de 1919
- La Voz de Mondoñedo periódico semanal Año XVIII Número 971 - 18 de abril de 1921
Estupendo post!
ResponderEliminarSe menciona a Eduardo Novoa, suponemos que se refiere a E. Novoa De la Vega (1852-1923) y no a su hijo E. Novoa González (1885-1972).
Emilio Novoa: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/12/telefonia-urbana-en-ribadeo-1915-1917.html
ResponderEliminar