venres, 9 de decembro de 2022

A primeira centralita conectada á rede (SECN, Ferrol, 1916)

Realmente non se ten a certeza de se a Sociedad Española de Construcción Naval de Ferrol (agora Navantia) foi a primeira centralita telefónica conectada á rede, pero sí que foi a primeira empresa na que aparecía o seu directorio interno na guía telefónica, neste caso no Anuario Telefónico da Compañía Peninsular publicado en 1916.

O 1 de decembro de 1915 chegarían a Ferrol, por vía terrestre, procedentes de Estocolmo (Suecia), 25 caixas que conteñen material para o novo servizo telefónico que ía establecer a Sociedad Española de Construcción Naval.  Ericsson enviaría 2 centrais telefónicas e 80 teléfonos que se instalarían nas seguintes datas. 

Peirao da Sociedad Española de Construcción Naval. Páxina do Instituto de Historia y Cultura Naval.


Constituída en 1909 e operativa ata a Guerra Civil foi responsable da construcción dos buques da armada. A guerra contra os Estados Unidos de 1898 deixou en mala situación a frota española polo que o goberno apostou por unha empresa que contara con participación das empresas británicas John Brown e Vickers-Armstrong, contando con deseños e enxeñeiros destas compañías, o que motivou a presencia de moitos ingleses en Ferrol nestes anos.

Este enxeñeiros e técnicos ingleses deixaron vocablos na lingua galega como esmagar (de "to smash") ou filispín (de "full speed"). No directoria a maior parte dos titulares de liñas teñen orixe inglés:


Máis info: 

  • El Progreso  semanario independiente Ano IX Número 1801 - 4 de decembro de 1915

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...