Bernardo Mateo Sagasta Echevarría (Pontevedra 1866, Madrid 1937) foi un político liberal i enxeñeiro agrónomo, director de Correos e Telégrafos no periodo 1910 - 1913 que serviron para introducir modificacións de calado neste servizos.
Foto publicada en Ilustración gallega revista de literatura, ciencias, artes y salones Ano III Número 35 - 20 de abril de 1913
Bernardo toma posesión como director de Correos e Telégrafos o 10 de febreiro de 1910. A primeiras decisiósn relavante que tomaría sería o aprazamento dos exames que se ían a realizar en maio dese ano debido a unha convocatoria electoral, así como a suspensión de emprego e soldo dun oficial involucrado nun delito de malversación de caudais públicos en Viella (Lleida).
Gaceta de Madrid de 11 de febreiro de 1910
Estas oposicións son das primeiras que ofrecen a posibilidade de que mulleres poidan optar ao posto de auxiliares de terceira clase. A Gaceta de Madrid publica o 24 de agosto a listaxe de aprobadas, que inclue algunhas destinadas a Galicia:
- Dolores García Vinuesa Arquedas (A Coruña)
- Filomena Menoyo Zuazquita (Vigo)
- Dolores Campoy Marichalar (A Coruña)
- Encarnación Calvente Fernández (Ferrol)
- Julia Castrillo Cueto (Santiago de Compostela)
Sería a primeira vez que mulleres do corpo teñen mobilidade (e, tras as mestras, o segundo corpo en permitir esta posibilidade), puidendo ser asignada prazas en toda España, o cal causaría tamén un certo número de renuncias.
O carácter crítico das comunicacións tras a conexión telefónica con Francia, ampara a conversión do corpo de celadores e capateces responsable do mantemento de liñas en gardas xurados, de tal xeito que poidan deter a individuos que ataquen as infraestructuras.
No eido de correo introduciu o servizo de xiro postal, que permitía o envío de diñeiro (de unha a cen pesetas), aínda vixente na actualidad, así como a "tarxeta de identidade", precursor do Documento Nacional de Identidade, que permitía identificarse en oficinas para recoller cartas no caso de persoas transeuntes (descoñecidas na oficina de destino).
Tamén ten responsabilidade sobre a aprobación de investimento nas extensións da rede telegráfica e na creación das redes de telefonía local. No caso de Galicia participou polo menos en:
- Levar o telégrafo a Pontecesures
- Fío telegráfico directo entre Pontevedra e Madrid
- Sede de Correos e Telégrafos en Pontevedra
- Preparar os plans de telefonía interurbana de Galicia (tras abandoar o posto sería invitado a inauguración da rede interurbana de Pontevedra)
- Levar o telégrafo o Balneario de Cuntis
- entre outros.
Bernardo dimitiría dese posto o 3 de xullo de 1913.
Gaceta de Madrid de 5 de xullo de 1913
Para saber máis:
- Gaceta de Madrid de 11 de febreiro de 1910, 24 de agosto de 1910, 13 de decembro de 1910, 5 de xullo de 1913
- El eco de Galicia : diario católico é independiente: Num. 1069 (25/02/1910)
- El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (02/03/1910); Num. s.n. (29/07/1911)
- La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XXII Número 6036 - 8 abril 1910; Ano XXII Número 6046 - 20 abril 1910
- La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano I Número 57 - 22 abril 1910
- El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXVII Número 7934 - 19 de outubro de 1910
- Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 252 (20/10/1911)
Ningún comentario:
Publicar un comentario