luns, 24 de xuño de 2024

A incomunicación do faro de Lobeira (1912)

 O faro da Illa Lobeira conta en 1912 con dous torreiros e seis habitantes. Localizado a 3 quilómetros da liña de costa e 4 do faro de Cabo de Cee en Corcubión. O intenso temporal desde finais de xaneiro imposibilita que o barqueiro responsable de achegarlles víveres poida desembarcar na illa, que conta cun acceso difícil. Os torreiros (Constantino Lamas Trillo, 30 anos de Corcubión, e Miguel Gallego Sánchez, 25 anos de Murcia), non contan cunha barca para poder sair. 




Tras vintedous días incomunicados, desde o monte Pindo e o faro de Cee observan a persoas facendo sinais con panos brancos. Adicionalmente, colgan unha saba da parte alta do faro. Na illa non hai telégrafo eléctrico, nin radiotelegrafía Marconi, nin sequera un mastro para poder facer sinais con bandeiras, polo que se especula co que quere dicir os torreiros da illa coas súas sinais. 

O 2 de febreiro lanzan unha caixa de madeira ao mar, que puido ser recollida por mariñeiro na costa, cunha mensaxe pedindo axuda e víveres. Isto causa sensación na vila de Corcubión, terra natal dos torreiros, que tras confirmar o barqueiro a imposibilidade de levarlles comida en moito tempo, telegrafan pedindo axuda. O Enxeñeiro Xefe de Obras Públicas, D. Lopez Miño, desprázase desde Coruña a Corcubión.

Deben ter esgotadas as reservas de bolachas e galiñas coa que contaban días antes. Poren, contan cun alxibe para recoller a auga da chuvia, polo que iso non debería ser un problema. Pasados 34 días logran mediante cordas o envío de víveres, tras achegarse unha lancha con seis mariñeiros.

O suceso ten trascendencia na prensa xeral e chega ao Daily Mirror inglés, que manda a un xornalista para recoller este evento nunha reportaxe.


A fama internacional roubada

Mr. Muirhead e xornalista do Daily Mirror que envían a Vigo, para visitar os torreiros de Lobeira e publicar unha reportaxe no xornal. De Vigo viaxa a Corcubión e coller un bote ata a illa, para obter fotografías dos torreiros, que pasarían a ter fama internacional. 


Porém saíndo do porto no barco alugado Felisa, descubren un barco noruego, o Salerno, varado na illa Lobeira Chica. O rescate da tripulación deste buque ten carácter de heróico, captando todas as imaxes publicadas e testemuños, deixando no case anonimato aos torreiros. A participación no rescate serviulle a Mr. Muirhead para obter o recoñecimento do reis de Noruega.


Crónica publicada o 24 de febreiro de 1912 no Daily Mirror

Muirhead chegou a illa Lobeira Grande para a entrevista pero logo non sería quen de sair ata o día seguinte, froito do mal tempo. 





Crónica de Muirhead:

O venres pola mañá fixen a miña atención na xente desafortunada do Gran Faro de Lobeira.

Despois de varios intentos emocionantes, conseguín saltar dun pequeno barco a un penedo e conseguir un punto de pé. O Felisa non puido achegarse a medio quilómetro do faro.

Pero, unha vez na rocha, foi igual de difícil baixar de novo. E despois de entregarlle o stock de víveres ao faro e á súa familia e axudante -e o seu agradecemento foi case tan grande como o da tripulación dos náufragos- vinme obrigado a pasar alí todo o día, xa que era imposible volver. de novo na fráxil embarcación, o mar non tendo un ardor mariently en poucos minutos.

 Foi a noite antes de que me rescatasen. Despois procedín o máis rápido que puiden dende Corcubión ata Vigo, onde cheguei sobre as catro do sábado.

Os meus problemas pasaron máis no naufraxio do que eu tiña previsto, e así quedou sen un centavo.

Non puiden recaudar cartos na cidade nin enviar un cable á oficina para obter máis, non tendo o suficiente para pagar un cablegrama. Unha visita ao consulado británico resultou inútil, polo que só puiden conseguir o diñeiro necesario para enviar un telegrama de noticias ao Daily Mirror vendendo o billete de regreso do meu  vapor.

 







Para saber máis:

  • El regional : diario de Lugo: Num. 9421 (13/02/1912); Num. 9422 (14/02/1912); Num. 9423 (15/02/1912)
  • El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 3367 (13/02/1912)
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1455 - 1912 febreiro 13
  • El correo de Galicia : diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (14/02/1912)
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 35 (14/02/1912); Num. 37 (16/02/1912)
  • El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIX Número 8329 - 14 de febreiro de 1912;  Ano XXIX Número 8330 - 15 de febreiro de 1912;  Ano XXIX Número 8332 - 17 de febreiro de 1912
  • Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXVII Número 11127 - 14 de febreiro de 1912
  • Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general: Num. 961 (15/02/1912)
  • La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano III Número 610 - 15 de febreiro de 1912; Ano III Número 613 - 18 de febreiro de 1912
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1457 - 15 de febreiro de 1912
  • Daily Mirror. 24 e 28 de febreiro de 1912.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O receptor de Gonzalo Brañas

Gonzalo Brañas nado na Coruña (1866) foi un físico catedrático dos institutos de Oviedo (conseguida en 1903 cun aparellos receptores de radi...