A maior discusión entre telegrafistas en Galicia ocorreu entre Gumersindo Villegas Ortega, que logo sería director da revista Electrón e La Energía Eléctrica, e Emilio Novoa de la Vega, telegrafista desde 1869, con diferentes postos de relevancia e pai do Emilio Novoa González, considerado o primeiro enxeñeiro de telecomunicación de España e figura senlleira da historia tecnolóxica de España.
Emilio Novoa. Publicado en El Telégrafo Español. 15-28 de febreiro de 1923.
A rivalidade da prensa local lucense serviu de base para xerar unha confrontación entre eles. Emilio Novoa publica un artigo titulado "Algo sobre pararraios" o 17 de xullo de 1892 en El Regional, na que apostar por revisar as instalacións e aumentar o número de pararraios na cidade de Lugo. Meses antes ocorrera a catástrofe de Melias (no concello de Coles) onde un raio caeu na igrexa matando a dez persoas. Este comentario é identificado por Gumersindo como unha crítica directa, xa que debe estar relacionado coas instalación de pararraios existentes en Lugo (na cárcere, concello, catedral e na cada do arquitecto Cobreros), polo que contesta no xornal El Lucense tres días más tarde.
Emilio contesta o 22 indicando que aposta por dotar a maior parte de edificios de pararraios, non só aos altos e aproveita para criticar a calidade das instalacións da cárcere (non unida aos canalóns), do concello (que non é de puntas múltiples, como era costume na época) e da cárcere (que non conecta as coroas das figuras). Gumersindo replica cuestionando a importancia de contar con pararraios de puntas múltiples ou ter que conectar todas as partes metálicas.
Emilio replicao 28 de xullo de 1892, novamente usando as páxinas de El Regional, mencionando a reputados físicos ou a Academia das Ciencias de París. Gumersindo pasa á replica noutro xornal, La Idea Moderna, que non está conservado na hemeroteca, que titula "Pido a palabra". Parece, nunha contestación de El Regional, que Gumersindo non recoñece a súa autoría dos artigos de El Lucense (que non estaban asinados). Emilio responde nun artigo chamo "Para terminar":
Resposta de Emilio Novoa. El Regional de 31 de xullo de 1892
Cun extensa réplica de Gumersindo, que acaba por recoñecer a autoría orixinal en El Lucense, pero sen ceder no seu plantexamento:
Resposta de Gumersindo Villegas. El Lucense de 1 de agosto de 1892
O 6 de agosto publica Gumersindo un artigo chamado "Ratificación e Rectificación" en La Idea Moderna, que non está dispoñible na hemeroteca, pero que atopa unha última resposta por parte de Emilio na que se menciona incluso o catálogo de Ildefonso Sierra.
Pararraios de puntas múltiples do catálogo de Ildefonso Sierra de 1893.
Para saber máis:
- El regional diario de Lugo Num. 2954 (19/07/1892); Num. 2957 (22/07/1892); Num. 2962 (28/07/1892); Num. 2964 (30/07/1892); Num. 2965 (31/07/1892); Num. 2967 (02/08/1892); Num. 2970 (05/08/1892); Num. 2972 (07/08/1892); Num. 2977 (12/08/1892)
- El lucense diario católico de la tarde Num. 2324 (20/07/1892); Num. 2327 (23/07/1892); Num. 2333 (01/08/1892)
- El eco de Galicia periódico político Num. 1873 (11/08/1892)
Ningún comentario:
Publicar un comentario