Outra invención dun telegrafista foi por parte de Juan José Romero Rada, enxeñeiro industrial e telegrafista da estación de Ourense (que anos antes estivera en Trujillo, Albacete ou Guadalajara e do que se descoñece a orixe), abordando un tema novo na Revista de Telégrafos de xullo de 1877: "A distribución automática dos despachos telegráficos"
A chegada de despachos e a xestión dos mesmos ocupa bastante tempo nas estacións (os oficias do seu posto de traballo para recoller ou entregar despachos na mesa do xefe), que a xuizo de Juan José ben podería facer unha máquina.
Para elo expón un exemplo:
Imaxinemos que a sala dunha estación conta con doce aparatos nunha mesa, seis de cada lado da mesma. O xefe da sala, responsable de autorizar os despachos debe colocarse nun extremo da mesma. Juan José propón un sistema de fíos (un por cada aparato), a modo dun tendedeiro de roupa, con xiro continuo (mediante algún sistema de reloxería ou turbina).
Cando o xefe ten que enviar un despacho, pendúrao do fío inferior corresponde, que viaxa ata o posto de oficial. Ao chegar a ese punto unha pequena forca metálica descolga o papel, que posteriormente será retirada polo oficial. Tras o envío, este pendura o despacho telegráfico no fío superior, que regresa a mesa do xefe onde se descolga automáticamente nunha consola.
Juan José foi un telegrafista activo que participou nas mesas de avaliación de examenes de entrada ao corpo, así coma con invención noutros eidos, como unha proposta de gasómetro en Albacete.
A proposta de sistema de distribución non foi patentada nin consta que se implementara en centros.
Para saber máis:
* Revista de telégrafos do 1 de xullo de 1877
Ningún comentario:
Publicar un comentario