Saltar ao contido principal

Teléfono nos faros. A catástrofe de Sálvora en 1921.

A catástrofe do Santa Isabel é considerado como o Titanic galego, xa que causou a morte a 213 pasaxeiros e tripulantes do buque o 2 de xaneiro de 1921, que desde Coruña dirixíase a Cádiz vía Vilagarcía de Arousa. Perto de Sálvora encaiaron e o barco afundiuse. A historia deixou a tres mulleres da Illa como heroínas ao acudir a axudar e ser capaces de rescatar perto de 30 vidas.  Case todos os homes estaban en festas de Aninova en poboacións da costa.

A historia pasa por o faro de Sálvora e o seu torreiro, que detectou o afundimento pero tivo que camiñar ata a vila por tres quilómetros para dar aviso e, polas condicións do mar, Ribeira non puido ter noticia ata a mañá seguinte.. A prensa empezou a cuestionar se os faros deberían ter medio eléctricos, ben telégrafos ou teléfonos ou radiotelegrafía, para poder notificar con carácter urxente este tipo de sucesos. 

Vivendas de Sálvora. Foto Ksado.

O faro de Fisterra conta cun sistema telegráfico y un sistema radio instalado pola empresa de Marconi en 1913; a Torre de Hércules ten un telégrafo, mentres que Faro Vilán, a pesares da súa importancia, non conta con sistema de comunicación algunha, obligando a facer moitos quilómetros ata Vimianzo para dar avisos. Por iso, presiónase para que progresivamente os faros das illas e zonas críticas vaian tendo mecanismos para a notificación de catástrofes. As únicas illas que contarían con servizo serían o Lazareta de San Simón e A Toxa.

Mapa de comunicacións na costa en 1911. Instituto Geográfico Nacional.


De ter telégrafo ou teléfono (con ou sen arames) o torreiro do faro de Sálvora podería notificar a situación a Ribeira, A Pobra o Vilagarcía. Eso podería ter reducido o número de mortes, especialmente de aqueles que tiñan chaleco salvavidas. Ademais, esto non se trataba dunha necesidade nova, durante a primeira guerra náufragos chegaban a costa de Vilán e o torreiro tiña que merchar seis quilometros ata Camariñas para dar conta do sucedido.

No acto de homenaxe as heroínas de Sálvora aproveitouse para anunciar a vontade de instalar o teléfono en Sálvora e Corrubedo, para evitar catástrofes, así com unha base para un cañonero, pero non consta que esto finalmente se levase a cabo.

Para saber máis:

  • La Integridad diario católico Num. 9286 (22/03/1921)
  • El Orzán  diario independiente Año IV Número 875 - 9 de xaneiro de 1921
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXVIII Número 11039 - 11 de xaneiro de 1921
  • El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1178 (16/01/1921)
  • Galicia  diario de Vigo Número 139 - 3 xaneiro 1923


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909.  Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908  Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña

O rol do teléfono na catástrofe de tren de Frieira (1915)

  A nova da catástrofe do descarrilamento do tren de Frieira en 1915 chegou rapidamente a Vigo, a través da rede de telefonía da Compañía Peninsular de Teléfonos. O accidente cubriu portadas da prensa en España polo pasamento dunha 19 persoas (a cifra exacta varía dependendo da fonte), moitas delas vencelladas a unha compañía de zarzuela que se desprazaban a actuar a Vigo. Tres vagóns víronse directamente afectados polo corremento de terras. Casualmente, un celador da compañía de teléfonos viaxaba no tren e puido comunicar o accidente desde o mesmo lugar da catástrofe.  Fotografía coloreada onde se observan os fíos telegráficos cortados. Mundo Gráfico. 13 de marzo de 1915 A rede telegráfica do Estado e a paralela da compañía telegráfica víronse afectadas polo derrube e quedaron inutilizadas, polo que non se puido utilizar o sistema de telegrafía do tren. Porén, a nova rede telefónica, que apenas levaba unha semanas en funcionamento, estaba operativa tras empalmar un par de cables.  Ces

O crime da central telefónica de Ourense

O 28 de Xullo de 1916, Braulio González González, 26 anos, natural de Valderas (León), recibe un telefonema, unha mensaxe anónima desde Vigo que di "Acude conferencia 12:30. Garda absoluta reserva. Abelardo". Ao día seguinte preséntase na oficina de teléfonos interurbanos da Compañía Peninsular de Teléfonos, situada na rúa Pereira de Ourense, hoxe na Praza de Bispo Cesáreo 17, servizo que fora inaugurado dous anos antes. O director, Eladio Sanz Bermejo, advírtelle de que por mor dunha avaría técnica nos fíos non pode facer esa chamada ata ás 20h.  Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916 A esa hora volve e se atopa unicamente con Eladio na oficina. Este pásao a un locutorio, onde volve fallar o teléfono, e logo á oficina do telegrafista. Aí aproveita para darlle un golpe na cabeza cun pico de canteiro para intentar matalo. Braulio queda tan so ferido e, entre gritos de "que me matan", logra escapar e pedir auxilio na rúa. Eladio, acurralado, decide pegarse